Martes, 22 de mayo de 2012

COMPAÑÍA MARÍA SANTIAGO 46 C.B.CASELAS 60

C.B.CASELAS (60):

Pedro (13), Igor (6), Yanko (21), Rubén Alonso (0) e Óscar (4). QUINTETO.
Pablo (0), Joni (0), Rober (0), Iago (0), César (9) e Rubén Rdguez (7).

Parciais:
11-13 / 10-17 / 9-24 / 16-6.
Incidencias:
Derradeira xornada da temporada para o C.B.Caselas na tarde de domingo no colexio Compañía Mª de Santiago, con flouxa entrada e varios afecionados de Salceda.

HISTÓRICO! Rematou o Caselas a súa viaxe na fase de ascenso con outra grande victoria na capital de Galicia que nos proclama -ademáis de campeóns de liga- campeóns da fase de ascenso a 3ªdivisión.
Os nosos fixeron o necesario para levarse os 2 puntos perante un equipo local con moitas gañas que só inquietou no primeiro cuarto (11-13 de parcial). A partir de ahí os de Salceda, con toda a "artillería" na cancha, foron distanciándose ata máis alá dos 20 puntos, chegando ao cuarto final co encontro resolto. Foi entón cando os santiagueses aproveitaron para maquillar o marcador a base de triplas, aproveitando as rotacións de banquillo do noso entrenador Carlos, que fixo participar aos 11 xogadores da plantilla.
Alegría por todo o alto na expedición. O C.B.Caselas remata un ano histórico cun total de 21 victorias en 22 partidos.
No outro partido da xornada, o Rodaballo queda segundo desta fase ao gañar a domicilio ao Infortecny por 59-65, logrando o ascenso xunto con nós. Na imaxe de onte, Yanko lanzando a canasta.

RECIBIMENTO AO EQUIPO EN SALCEDA
A chegada do equipo en autobús a Salceda -sobre as 11 da noite- numerosos afecionados recibiron con bandeiras a expedición formando unha caravana de coches que recorreron as rúas do pobo dende a entrada ata a chegada do pavillón (na imaxe de abaixo), onde se brindou con champán. A festa continuou despois con outra masiva caravana ata a Praza do Concello.

CATEGORÍAS BASE

En xeral boa xornada para a base do clube, a excepción do Alevín Masculino, que no partido de ida da Final de Liga, atopouse cun rival moi superior fisicamente, o Divino Salvador "A", que nos gañou por 71-34. O partido de volta será o vindeiro sábado en Salceda, e, aínda que case imposible, alí estaremos cos rapaces de Serafín.
No resto de categorías:
INFANTIL MASCULINO: Basket Deza Lalín 43 Caselas 36  //  Caselas 66 Defensores do Morrazo 28.
INFANTIL FEMININO: Academia Celta 41 Caselas 49  //   Caselas 73 Blanco Amor "B" Ourense 47.
Na imaxe, o xogador infantil Bruno entra a canasta no partido no pavillón de Lalín.


Publicado por cbcaselas @ 0:12  | CRONICAS