Martes, 15 de mayo de 2012


12 de maio de 2012 histórico para o baloncesto salcedense. Os Senior logran o ascenso a 3ª a falla dunha xornada e os Alevíns cólanse na final de liga logo de remontar heroicamente 16 puntos. Previamente as Infantiles abrían a tarde vencendo ao Río Ulla nun partido de infarto.

SENIOR MASC: CASELAS 63 INFORTECNY SANTIAGO 48

C.B.CASELAS (63):
Pedro (12), Igor (6), Yanko (16), Rubén Alonso (0) e Óscar (10). QUINTETO.
Pablo (0), Rober (2), César (17), Rubén Rdguez (0), Joni e Iago.

Parciais:
15-9 / 9-8 / 18-13 / 21-18.
Incidencias:
Gran entrada de público no Pavillón de Deportes de Salceda nunha tarde de moita calor. Máis de 150 siareiros que cos seus cánticos, bandeiras e bocinas arrouparon aos nosos en todo momento. Varias autoridades locais na bancada, así coma a totalidade da directiva do C.B.Caselas. Ao remate do partido, baño multitudinario de champán e manteo ao entrenador Carlos.

Obxectivo cumplido. No que supuxo o derradeiro partido desta tempada no noso pavillón, o C.B.Caselas, noutro gran partido, regalou a súa afeción un novo triunfo perante o campeón santiagués que vale un merecidísimo ascenso.
Os nosos xogadores tiveron que emplearse a fondo perante un digno rival, con xente moi grande e que nunca nos deixou xogar con comodidade. Dominamos practicamente sempre o marcador e fomos capaces de distanciarnos cando o Infortecny nos apretou no terceiro cuarto. No cuarto final, os nosos "gustáronse" empurrados polo público que cantaba o alirón.
No outro partido deste grupo de ascenso, o Rodaballo de Vigo logrou tamén o ascenso ao derrotar ao Compañía de María de Santiago por 55-51.
AUTOBÚS PARA IR A SANTIAGO O DOMINGO 20 MAIO:
Este domingo 20 de maio, o C.B.Caselas despide a temporada co Compañía de María en Santiago de Compostela. O Caselas quedaría campeón do grupo de ascenso coa victoria. O partido é as 7 da tarde. O autobús saldrá do noso pavillón as 4:15 da tarde para regresar ao remate do encontro. Os interesados en ir poden anotarse en Sanfer Expert de Salceda (tfno.986347241) e abonar 7 euros.
OS ALEVÍNS APELAN Á ÉPICA PARA CHEGAR Á FINAL:
Logo de perder no partido de ida de semifinais en Moaña por 16 puntos, 55-39, os rapaces de Serafín Dasilva conseguiron a remontada ao gañar por 51-33 ao Defensores do Morrazo nun pavillón de Salceda con preto de 100 afecionados. Os nosos estiveron máis acertados no lanzamento, logrando rendas sobre os 15 puntos na segunda metade. Os minutos finais foron non aptos para cardiacos. Con ventaxas de 16 puntos arriba-abaixo, o salcedense Cristian logrou unha tripla nos derradeiros segundos que puxo ao Caselas na final. Entón rondou a sidra (sen alcohol!) a ledicia na parroquia local.
AS INFANTILES SUFREN PERANTE O RÍO ULLA:
As rapazas de Carlos Kustrin tiveron o partido contralado ata o cuarto final perante o Extrugasa Río Ulla de Pontecesures. A partir de ahí varios erros e precipitacións case nos costan a victoria. Un rebote de Iria a dous segundos do remate nos deu unha importantísima victoria por 38-37.

 





Publicado por cbcaselas @ 1:34  | CRONICAS