Lunes, 07 de mayo de 2012

C.B.CASELAS (65):
Pedro (12), Igor (10), Yanko (21), Rubén Alonso (6) e Óscar (8). QUINTETO.
Pablo (1), César (7), Joni, Rober e Iago.

Parciais:
22-12 / 18-11 / 14-11 / 11-12.
Incidencias:
Algo menos de 100 animosos espectadores no Pavillón de Salceda

Continúa lanzado o C.B.Caselas cara o seu obxectivo. O sábado non só gañou con certa facilidade ao líder de grupo, o Rodaballo, senón que ademáis recuperou o basketaverage particular cos vigueses, que nos gañaron no partido de ida por 10 puntos. Os de Salceda xogaron un partido intelixente e escapáronse rápido no marcador, "adornándose" con xogadas que levaron os aplausos da bancada.
A falla de dúas xornadas para o remate, ao Caselas bastalle unha victoria para ascender. O vindeiro sábado recibimos en Salceda ao Infortecny de Santiago, onde tentaremos rematar a xornada cunha auténtica festa.
No outro partido do grupo entre os dous santiagueses, Compañía de María venceu a Infortecny por 63-40. 

CATEGORÍAS BASE

A nosa base está metida de cheo nas fases finales. Importantes victorias dos equipos Infantiles -espectacular a das rapazas en Ourense-, e derrota dos Alevíns no partido de ida de semifinais de liga.
Infantil Feminino: Blanco Amor "B" 45 Caselas 101. Gran victoria e gran xogo das rapazas na capital das Burgas, apoidas por un gran número de público de Salceda. No primeiro cuarto xa gañaban 4-31. Debut da alevín Noelia Núñez. No outro partido deste grupo, o Río Ulla de Pontecesures venceu ao Academia Celta por 48-41.
C.B.Caselas EDM (101): Blanca (28), Iria (8), Noelia Vaqueiro (28), Laura (19), Carla (16). QUINTETO. Marta (2), Fabiola (0), Noelia Núñez (0) e Paloma (0).
Infantil Masculino: Defensores do Morrazo 40 Caselas 61. Saíron concentrados os rapaces de Carlos en Moaña, que gañaron os catro cuartos do partido ata eses 21 puntos de diferenza.
C.B.Caselas EDM (61): Alex (7), Carlos (12), Bruno (12), Jose (11), Miguel (15). QUINTETO. David (0), Rubén (2) e Adrián Angulo (2).
O Alevín Masculino xogaba tamén en Moaña co Defensores do Morrazo a ida das semifinais de liga, colleitando a primeira derrota de toda a tempada: 55-39. Cun pavillón da Xunqueira con moitísimo público de ambos lados, os nosos non xogaron ben e cometeron moitísimas imprecisións. Toca remontar 16 puntos en Salceda. Difícil pero os pequenos darano todo.


Publicado por cbcaselas @ 23:32  | CRONICAS