Martes, 01 de mayo de 2012


O capitán Rubén Rodríguez nunha entrada a canasta o sábado.

C.B.CASELAS (61):
Pedro (9), Igor (4), Yanko (24), Rubén Rdguez (5) e Óscar (13). QUINTETO.
Pablo (0), Rober (0), Iago (0) e Rubén Alonso (6).

Parciais:
12-10 / 12-6 / 14-5 / 23-10.
Incidencias:
Moi boa entrada no Pavillón de Salceda. Arredor de 100 espectadores apoiando constantemente ao Caselas.

O C.B.Caselas deu un paso de xigante no camiño do ascenso ao vencer ao Compañía María de Santiago, que só opuso resistencia no primeiro cuarto. A partir de ahí, os de Salceda, apoiados polo numeroso público, marcaron as diferenzas existentes entre ambos.
Non foi un partido excesivemente brilante, pero os nosos -cun motivado Yanko (24 puntos)- foron mellorando a anotación a medida que transcurrían os periodos, pasando a anotar 23 puntos no periodo final no que se miraron os mellores minutos.
O vindeiro sábado recibimos en Salceda ao líder deste grupo 2 de ascenso, o Rodaballo, que nos gañou na ida de 10 puntos.
Precisamente o Rodaballo, no outro partido deste grupo, gañou ao Infortecny de Santiago por 61-52.

CATEGORÍAS BASE

O Infantil Feminino debutou con victoria na primeira xornada autonómica polos postos 21 a 28 ao vencer ao Academia Celta de Vigo por 69-50 (23-25 a descanso). As rapazas xogaron unha excelente segunda metade. Destacar a recuperación, logo dunha latosa lesión, de Laura, máxima anotadora con 20 puntos.
No outro partido deste grupo, Extrugasa Río Ulla de Pontecesures venceu a Blanco Amor "B" de Ourense por 52-22.
O Infantil Masculino recibía aos lalinenses do Basket Deza na primeira xornada autonómica polos postos 49 a 56. Logo dunha mala primeira metade (16-32), a reacción final non foi suficiente e perderon por 38-59.


Publicado por cbcaselas @ 0:46  | CRONICAS