Jueves, 26 de abril de 2012

Sábado de baloncesto no pavillón de Salceda. Comezarán as Infantiles, seguirán pola tarde os Infantiles, e remataremos as 6 da tarde co gran partido da 3ªxornada da Fase de Ascenso senior entre o Caselas e o Cía.María de Santiago.
O TEU APOIO DENDE A BANCADA SERÁ FUNDAMENTAL!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
COMPAÑÍA MARÍA STGO.

Pavillón de Salceda Sábado 28 18:00
Infantil
Masculino

CASELAS -
BASKETDEZA LALÍN

Pavillón de Salceda

Sábado 28 16:00
Infantil
Feminino

CASELAS -
LA ACADEMIA CELTA

Pavillón de Salceda

Sábado 28 12:00
Alevín
Masculino

Descanso

--- --- ---
Alevín
Feminino

Fin de Liga

---

---

---


Publicado por cbcaselas @ 0:10
Martes, 24 de abril de 2012


O Infantil Masculino, Infantil Feminino e Alevín Masculino, inician a 2ªfase de liga. No caso dos/as infantiles, a Federación Galega estrena esta tempada un novo formato, onde os equipos se enfrontan con outros fóra do noso ámbito xeográfico. Haberá autobús para as viaxes de Ourense, Lalín e Pontecesures. O Alevín Masculino xoga as semifinais de liga a ida e volta. Sorte a todos!!!

DATA INFANTIL MASCULINO
(Postos 49º a 56º de Galicia)
INFANTIL FEMININO
(Postos 21º a 28º de Galicia)
ALEVÍN MASCULINO
(Semifinais de liga)
28-29
abril
Caselas-
BasketDeza Lalín
Caselas-
Academia Celta
(Descanso)
5-6
maio
Defensores Morrazo Moaña-
Caselas
Blanco Amor B Ourense-
Caselas
Defensor.Morrazo Moaña-
Caselas (IDA)
12-13
maio
(Descanso) Caselas-
Río Ulla Pontecesures
Caselas-
Defensor.Morrazo Moaña (VOLTA)
17 maio BasketDeza Lalín-
Caselas
Academia Celta-
Caselas
(Descanso)
19-20
maio
Caselas-
Defensores Morrazo Moaña
Caselas-
Blanco Amor B Ourense
FINAL OU 3º-4º POSTO (IDA)
26-27
maio
(Descanso) Río Ulla Pontecesures-
Caselas
FINAL OU 3º-4º POSTO (VOLTA)

 


Publicado por cbcaselas @ 21:09
Lunes, 23 de abril de 2012


A expedición do Caselas en terras compostelanas.

C.B.CASELAS (71):
Pedro (32), Igor (8), Yanko (15), Rubén Alonso (0) e Óscar (8). QUINTETO.
Pablo (0), Joni (0), Rober (1), Rubén Rdguez (7) e Iago.

Parciais:
14-20 / 11-12 / 18-21 / 17-18.
Incidencias:
Segunda xornada da fase de ascenso a 3ªdivisión disputada no Pavillón do Colexio Pío XII en Santiago de Compostela. Bó ambiente con varios afecionados desprazados dende Salceda.


O Caselas plantexou un partido moi serio de principio a fin perante o campión santiagués que demostrou o porqué da súa posición na táboa, con homes altos e con experiencia. Os xogadores de Carlos Kustrin -coa sensacional dirección do base Pedro, con 32 puntos- dominaron o xogo e o marcador. Aguantaron perfectamente os intentos de reducir a ventaxa dos locais, con rendas ao noso favor que apenas baixaban dos 10 puntos. Con esa tónica, chegouse ao remate cun xusto 60-71 e a alegría de toda a expedición.
Agora veñen tres partidos seguidos en Salceda. O vindeiro sábado recibimos en Salceda ao 2ºclasificado de Santiago, o Compañía de María.
No outro partido deste grupo, o Rodaballo de Vigo venceu en Santiago ao Compañía de María por 49-54.

PLENO DAS CATEGORÍAS BASE

Rematou a primeira fase do grupo "B" Liga DVB o Alevín Masculino vencendo ao Divino Salvador "B" por 29-47. Os rapaces de Serafín rematan primeiros con 12 victorias nos 12 partidos e xogarán as semifinais de liga o 5-6 (ida) e o 12-13 de maio (volta) perante o Morrazo de Moaña.
O Alevín Feminino de Manolo e Natalia rematou a liga cun doble partido na loita polos postos 15º-16º con Las Acacias. As xovencísimas rapazas de Salceda venceron claramente nos dous enfrontamentos, culminando unha temporada na que foron a máis. En Vigo gañaron 2-53 e en Salceda 71-19.
Partido de Vigo: EDM/CB.Caselas (53): Laura R.(12), Susi (4), Cristina (6), Nicole (4), Laura D.(2), Katia (10), Noelia (11) e Lara (4).
Partido de Salceda: EDM/CB.Caselas (71): Laura R.(13), Susi (0), Cristina (8), Nicole (10), Laura D.(4), Katia (16), Noelia (18) e Lara (2).


Publicado por cbcaselas @ 23:54  | CRONICAS
Martes, 17 de abril de 2012

O C.B.Caselas senior masculino xoga o 2º partido da Fase de Ascenso a 3ªdivisión en Santiago perante o campión do grupo santiagués, o Infortecny. Será este domingo 22 ás 12:00 no Pavillón do Colexio Pío XII.
A directiva porá un autobús para xogadores e afecionados que nos queiran acompañar. Sairá do Pavillón de Salceda as 9:30 para voltar de Santiago ao remate do encontro. Podedes anotarvos en SANFER EXPERT de Salceda por 6 euros ata agotar as prazas.
ANIMA AO CASELAS, O TEU APOIO, FUNDAMENTAL !!!

AXENDA DE PARTIDOS 20 E 22 ABRIL:
O Infantil Masc e Fem comeza a 2ªfase liga o 28-29 abril. O sorteo será este luns.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

INFORTECNY -
CASELAS

Pavillón Colex.Pío XII
(Santiago de Comp.)
Domingo 22 12:00
saída bus 9:30
Infantil
Masculino

Descanso

---

--- ---
Infantil
Feminino

Descanso

---

--- ---
Alevín
Masculino

DIVINO SALVAD."B"-
CASELAS

Pavillón Munic.Panxón
(Nigrán)
Domingo 22 10:00
saída 8:45
Alevín
Feminino

ACACIAS -
CASELAS

CASELAS -
ACACIAS

Colexio Las Acacias
(Vigo)

Pavillón de Salceda

Venres 20


Domingo 22

19:30
saída 18:30 


10:00

 


Publicado por cbcaselas @ 21:06

C.B.CASELAS (72):
Pedro (15), Pablo (3), Igor (16), Rubén Rdguez (17) e Óscar (17). QUINTETO.
Joni (2), Rober (2) e Iago (0).

Parciais:
17-14 / 22-17 / 23-27 / 20-14.
Incidencias:
Primeira xornada da fase de ascenso a 3ªdivisión. Partido disputado no Pavillón de Balaídos á mesma hora que o derbi Celta-Depor.

A pesar da derrota, gran partido dos senior do C.B.Caselas que souberon sobrepoñerse ás importantes baixas de César, Yanko e Rubén Alonso para plantar cara e ter opcións ata o final. Enfronte un equipo experto de calidade coma o Rodaballo, co seu equipo ao completo. Os vigueses sempre levaron o mando no electrónico, pero o Caselas sempre respondeu facendo un gran desgaste. Así, os nosos puxéronse a só 4 puntos no periodo final. Nos derredeiros minutos o enorme esforzo pasou factura coas eliminacións por faltas de Pablo e Rubén e as catro faltas de Pedro e Oscar.
Na vindeira xornada imos a Santiago para enfrontarnos ao campión daquela liga, o Infortecny. Precisamente este equipo non xogou o outro partido deste grupo cos seus veciños do Compañía de María, e quedou posposto para a vindeira semana.

CATEGORÍAS BASE

O Infantil Masculino rematou a primeira fase da liga de 2ªDivisión cun doble enfrontamento con finais de infarto. O domingo xogaban co Porriño "C", e logo de ir por detrás todo o partido, os de Carlos firmaron un gran último cuarto (parcial 12-22) para vencer a domicilio por 62-64. Como anécdota, o canastón de Jose Castro dende medio campo sobre a bocina do descanso.  C.B.Caselas (64): Alex (4), Carlos (4), Bruno (19), Jose (21) e Miguel (6). QUINTETO. David (6), Adrián Alonso (4) e Adrián Angulo (0).
O luns en Vigo, a sorte non caeu do noso lado, e logo doutra gran remontada, non se poido culminar. Resultado final: Colexio Mariano 63 Caselas 59.
O Alevín Masculino de Serafín segue no liderato ao vencer en Salceda ao Salesianos Vigo "B" por 62-23, e xa van 11 victorias en 11 partidos. Falta unha xornada para o fin da primeira fase.
O Alevín Feminino de Manolo e Natalia xogaban as semifinais dos postos 13 a 16 co Baiona "B". O sábado, nun partido de ida moi bonito, derrota das salcedenses 54-55. O domingo en Baiona non se xogou ben, con moitas imprecisións no tiro para ceder por 43-26.


Publicado por cbcaselas @ 0:24  | CRONICAS
Mi?rcoles, 11 de abril de 2012

Comeza a esperada fase de ascenso senior. Primeira xornada en Vigo co Rodaballo.
O Infantil Masculino xoga o último partido da primeira fase de liga en Porriño.
O Alevín Feminino comeza os postos 13 a 16 co seu doble partido de semifinais con Baiona "B".
Sorte aos nosos equipos!!!!

ÚLTIMA HORA:
Infantil Masculino: C.Mariano-Caselas : Luns 16 as 20:00h no Colexio Mariano (saída ás 18:45).

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

RODABALLO -
CASELAS

Pavillón de Balaídos
(Vigo)
Domingo 15 12:00
Infantil
Masculino

PORRIÑO "C"-
CASELAS

Pavillón de Porriño

Domingo 15 16:30
saída 15:40
Infantil
Feminino

Descanso

---

--- ---
Alevín
Masculino

CASELAS -
SALESIANOS "B"

Pavillón de Salceda Sábado 14 12:00
Alevín
Feminino

CASELAS -
BAIONA "B"

BAIONA "B"-
CASELAS 

Pavillón de Salceda


Colexio Covaterreña
(Baiona)

Sábado 14


Domingo 15

10:00


12:00
saída 10:45


Publicado por cbcaselas @ 20:00
Martes, 10 de abril de 2012

Os pequenos do clube (na imaxe de arriba) tiveron a ocasión de enfrontarse a diversos equipos de Galicia, León e Portugal compartindo así unha grande experiencia con nenos e nenas aos que non nos enfrontamos na liga. Logo dun día intenso con talleres, xogos, concursos e, por suposto partidos, os nosos acadaron un total de 4 victorias e 4 derrotas.
O Alevín Masculino venceu ao Dorna da Illa e a Valle Inclán de Coruña, e perdeu con Agustinos León e Lousada de Portugal.
O Alevín Feminino venceu ao Grove e a Dorna da Illa. Perderon con Marín e Arteixo.
Tamén destacar a nosa xogadora Cristina Pérez, que chegou a final do concurso de "two ball" (tiro por parellas). As normas establecían que as parellas fosen neno-nena e de distintos clubes. Cristina fixo parella cun neno de Ribeira, acadando o subcampionato (imaxe de abaixo).





Publicado por cbcaselas @ 23:49  | TORNEOS E ACTOS