Lunes, 23 de abril de 2012


A expedición do Caselas en terras compostelanas.

C.B.CASELAS (71):
Pedro (32), Igor (8), Yanko (15), Rubén Alonso (0) e Óscar (8). QUINTETO.
Pablo (0), Joni (0), Rober (1), Rubén Rdguez (7) e Iago.

Parciais:
14-20 / 11-12 / 18-21 / 17-18.
Incidencias:
Segunda xornada da fase de ascenso a 3ªdivisión disputada no Pavillón do Colexio Pío XII en Santiago de Compostela. Bó ambiente con varios afecionados desprazados dende Salceda.


O Caselas plantexou un partido moi serio de principio a fin perante o campión santiagués que demostrou o porqué da súa posición na táboa, con homes altos e con experiencia. Os xogadores de Carlos Kustrin -coa sensacional dirección do base Pedro, con 32 puntos- dominaron o xogo e o marcador. Aguantaron perfectamente os intentos de reducir a ventaxa dos locais, con rendas ao noso favor que apenas baixaban dos 10 puntos. Con esa tónica, chegouse ao remate cun xusto 60-71 e a alegría de toda a expedición.
Agora veñen tres partidos seguidos en Salceda. O vindeiro sábado recibimos en Salceda ao 2ºclasificado de Santiago, o Compañía de María.
No outro partido deste grupo, o Rodaballo de Vigo venceu en Santiago ao Compañía de María por 49-54.

PLENO DAS CATEGORÍAS BASE

Rematou a primeira fase do grupo "B" Liga DVB o Alevín Masculino vencendo ao Divino Salvador "B" por 29-47. Os rapaces de Serafín rematan primeiros con 12 victorias nos 12 partidos e xogarán as semifinais de liga o 5-6 (ida) e o 12-13 de maio (volta) perante o Morrazo de Moaña.
O Alevín Feminino de Manolo e Natalia rematou a liga cun doble partido na loita polos postos 15º-16º con Las Acacias. As xovencísimas rapazas de Salceda venceron claramente nos dous enfrontamentos, culminando unha temporada na que foron a máis. En Vigo gañaron 2-53 e en Salceda 71-19.
Partido de Vigo: EDM/CB.Caselas (53): Laura R.(12), Susi (4), Cristina (6), Nicole (4), Laura D.(2), Katia (10), Noelia (11) e Lara (4).
Partido de Salceda: EDM/CB.Caselas (71): Laura R.(13), Susi (0), Cristina (8), Nicole (10), Laura D.(4), Katia (16), Noelia (18) e Lara (2).


Publicado por cbcaselas @ 23:54  | CRONICAS