Martes, 17 de abril de 2012

C.B.CASELAS (72):
Pedro (15), Pablo (3), Igor (16), Rubén Rdguez (17) e Óscar (17). QUINTETO.
Joni (2), Rober (2) e Iago (0).

Parciais:
17-14 / 22-17 / 23-27 / 20-14.
Incidencias:
Primeira xornada da fase de ascenso a 3ªdivisión. Partido disputado no Pavillón de Balaídos á mesma hora que o derbi Celta-Depor.

A pesar da derrota, gran partido dos senior do C.B.Caselas que souberon sobrepoñerse ás importantes baixas de César, Yanko e Rubén Alonso para plantar cara e ter opcións ata o final. Enfronte un equipo experto de calidade coma o Rodaballo, co seu equipo ao completo. Os vigueses sempre levaron o mando no electrónico, pero o Caselas sempre respondeu facendo un gran desgaste. Así, os nosos puxéronse a só 4 puntos no periodo final. Nos derredeiros minutos o enorme esforzo pasou factura coas eliminacións por faltas de Pablo e Rubén e as catro faltas de Pedro e Oscar.
Na vindeira xornada imos a Santiago para enfrontarnos ao campión daquela liga, o Infortecny. Precisamente este equipo non xogou o outro partido deste grupo cos seus veciños do Compañía de María, e quedou posposto para a vindeira semana.

CATEGORÍAS BASE

O Infantil Masculino rematou a primeira fase da liga de 2ªDivisión cun doble enfrontamento con finais de infarto. O domingo xogaban co Porriño "C", e logo de ir por detrás todo o partido, os de Carlos firmaron un gran último cuarto (parcial 12-22) para vencer a domicilio por 62-64. Como anécdota, o canastón de Jose Castro dende medio campo sobre a bocina do descanso.  C.B.Caselas (64): Alex (4), Carlos (4), Bruno (19), Jose (21) e Miguel (6). QUINTETO. David (6), Adrián Alonso (4) e Adrián Angulo (0).
O luns en Vigo, a sorte non caeu do noso lado, e logo doutra gran remontada, non se poido culminar. Resultado final: Colexio Mariano 63 Caselas 59.
O Alevín Masculino de Serafín segue no liderato ao vencer en Salceda ao Salesianos Vigo "B" por 62-23, e xa van 11 victorias en 11 partidos. Falta unha xornada para o fin da primeira fase.
O Alevín Feminino de Manolo e Natalia xogaban as semifinais dos postos 13 a 16 co Baiona "B". O sábado, nun partido de ida moi bonito, derrota das salcedenses 54-55. O domingo en Baiona non se xogou ben, con moitas imprecisións no tiro para ceder por 43-26.


Publicado por cbcaselas @ 0:24  | CRONICAS