Martes, 10 de abril de 2012

Os pequenos do clube (na imaxe de arriba) tiveron a ocasión de enfrontarse a diversos equipos de Galicia, León e Portugal compartindo así unha grande experiencia con nenos e nenas aos que non nos enfrontamos na liga. Logo dun día intenso con talleres, xogos, concursos e, por suposto partidos, os nosos acadaron un total de 4 victorias e 4 derrotas.
O Alevín Masculino venceu ao Dorna da Illa e a Valle Inclán de Coruña, e perdeu con Agustinos León e Lousada de Portugal.
O Alevín Feminino venceu ao Grove e a Dorna da Illa. Perderon con Marín e Arteixo.
Tamén destacar a nosa xogadora Cristina Pérez, que chegou a final do concurso de "two ball" (tiro por parellas). As normas establecían que as parellas fosen neno-nena e de distintos clubes. Cristina fixo parella cun neno de Ribeira, acadando o subcampionato (imaxe de abaixo).





Publicado por cbcaselas @ 23:49  | TORNEOS E ACTOS