Mi?rcoles, 28 de marzo de 2012

O C.B.Caselas xa ten rivais e calendario para a Fase de Ascenso a 3ªDivisión. O noso equipo quedou encuadrado no Grupo 2 xunto ao Rodaballo de Vigo (2ºclasificado na liga) e aos equipos de Santiago de Compostela Infortecny (campeón na súa liga) e Compañía de María (2ºclasificado).
A Federación Galega sorteou os 3 grupos de ascenso de 4 equipos cada un, que xogarán unha liguiña de todos contra todos. Os dous primeiros de cada grupo ascenderán. Esta fase comezará o 14 abril e rematará o 19 de maio.

GRUPO ASCENSO 1 GRUPO ASCENSO 2 GRUPO ASCENSO 3
B.Coruña
Santa Cristina -Coruña
Maristas Coruña
C.B.Padrón
C.B.Caselas
Rodaballo -Vigo
Infortecny -Santiago
Compañía María -Santiago
Ademar -Vigo
Ourense Capital Termal
Viña do Campo -Ribadavia
Airexa Nigrán
CALENDARIO GRUPO 2
1-- 14 ou 15 abril Rodaballo - Caselas
2-- 21 ou 22 abril Infortecny - Caselas
3-- 28 ou 29 abril Caselas - Compañía María
4-- 5 ou 6 maio Caselas - Rodaballo
5-- 12 ou 13 maio Caselas - Infortecny
6-- 19 ou 20 maio Compañía María - Caselas

 


Publicado por cbcaselas @ 23:53
Lunes, 26 de marzo de 2012

C.B.CASELAS (79):
Pedro (16), Igor (10), Rober (3), César (19) e Óscar (13). QUINTETO.
Pablo (5), Yanko (13), Iago (0) e Rubén Rdguez (0).

Parciais:
15-16 / 23-7 / 27-12 / 14-14.
Incidencias:
Derradeira xornada da 1ªfase de liga da 4ªDivisión Autonómica E disputada no Pavillón de Salceda, con pouco público.

16 victorias en 16 partidos e único equipo invicto dos cinco grupos galegos (42 equipos en total). Este é o balance dun equipo que brillou, composto por 11 excelentes persoas/xogadores e un entrenador que con unión, esforzo, constancia e traballo deixan ao baloncesto salcedense nun lugar moi alto. Agora terán que culminar co ascenso nunha fase que comezará o 14 de abril, e na que tamén están clasificados o Rodaballo de Vigo (2º) e o propio Nigrán (3º).
No partido do sábado, os de Nigrán, con só 5 xogadores, aguantaron o primeiro cuarto a un Caselas lanzado que decidiu poñer fin ao partido no segundo cuarto co 38-23 ao descanso. No terceiro periodo as diferenzas aumentaron debido en parte ao cansancio visitante e a excelente actitude dos nosos, deixando o último periodo para o disfrute dos menos habituais participando así todos da victoria. Sinalar as baixas de Joni por lesión e Rubén Alonso por motivos laborais.
Agora casi tres semanas de descanso que servirán para recuperar forzas de cara a cita do ascenso. NORABOA !!!

CATEGORÍAS BASE

Tamén remataron a 1ªfase de liga os dous equipos femininos das Escolas Deportivas Municipais.
Por un lado o Infantil Feminino acadou un excelente terceiro posto no Grupo E logo de vencer en Salceda ao Enseñanza por 80-21 (46-17 ao descanso). Destacar a lesión de Laura Abalde cun esguince de nocello. Desexámoslle moi pronta recuperación. Despois de semana santa xogarán polos postos 21º a 28º de Galicia.
O Alevín Feminino perdeu no derbi en Salceda co Porriño "B" por 48-70 (17-28 ao descanso) destacando o moitísimo público nas bancadas e a melloría pouco a pouco das nosas. Xogarán polos postos 13º a 16º zonais.
No outro partido, o Infantil Masculino perdía cun superior Maristas "A" de Vigo por 40-84 (11-33 ao descanso).


Publicado por cbcaselas @ 23:46  | CRONICAS
Domingo, 25 de marzo de 2012

Coa súa plácida victoria na derradeira xornada perante o Airexa Nigrán por 79-49, o C.B.Caselas senior masculino se proclamou campión invicto da 4ªDivisión "E", cunha serie de 16 victorias en 16 partidos.
Nos vindeiros días teredes máis información do partido, así coma do sorteo da Fase de Ascenso que se celebrará este martes 27 as 19:30.
NORABOA A ESTE MAGNÍFICO GRUPO !!!


Publicado por cbcaselas @ 17:40
Jueves, 22 de marzo de 2012

Por iniciativa da Directiva, dende hoxe xoves 22 de marzo abrimos no Pavillón de Salceda unha lista de recollida simbólica de firmas para todas as persoas que queiran acudir ao noso pavillón a animar ao equipo Senior Masculino na Fase de Ascenso á 3ªDivisión Galega, que será por liguilla dende o 14-15 de abril ata o 19-20 de maio. ANÍMATE, PASA A VOZ E APORTA A TÚA FIRMA !!!


Publicado por cbcaselas @ 14:36
Mi?rcoles, 21 de marzo de 2012

Chega a derredeira xornada de liga da primeira fase para o Senior Masculino, Infantil e Alevín Feminino, con tres importantes partidos no pavillón de Salceda. Os tres equipos terán logo un parón ata despois de semana santa, onde iniciarán a segunda fase de liga. Informaremos.
O Infantil Feminino adianta o partido para este xoves 22. O Infantil Masculino xogará en Parderrubias ao estar o noso pavillón ocupado o sábado pola mañá.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
AIREXA NIGRÁN

Pavillón de Salceda Sábado 24 18:00
Infantil
Masculino

CASELAS -
MARISTAS VIGO"A"

Pavillón de Parderrubias

Sábado 24 10:00
Infantil
Feminino

CASELAS -
ENSEÑANZA

Pavillón de Salceda

Xoves 22 19:00
Alevín
Masculino

Descanso

--- --- ---
Alevín
Feminino

CASELAS -
PORRIÑO "B"

Pavillón de Salceda Sábado 24

16:00


Publicado por cbcaselas @ 16:50
Domingo, 18 de marzo de 2012

O Alevín Masculino a pesar de non xogar un bó partido, logrou a victoria perante o Colexio Andersen por 46-43 nun final de infarto.
O Alevín Feminino visitou ao Baiona "A", un duro equipo que non deu opción as nosas xovencísimas xogadoras; derrota por 70-14.
O Infantil Masculino deprazouse a Vigo á cancha do Colexio Mariano, pero non poido xogar pola choiva ao tratarse dunha cancha ao aire libre.
O Senior Masculino e Infantil Feminino descansaron á espera da derradeira xornada da primeira fase da liga.


Publicado por cbcaselas @ 0:21
Mi?rcoles, 14 de marzo de 2012

En Senior Masculino e Infantil Feminino queda unha xornada para o final da primeira fase da liga. Esta xornada será de descanso para os dous equipos.
O resto de equipos afronta os seus compromisos coa ilusión de sempre. Sorte a todos!!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

Descanso

--- --- ---
Infantil
Masculino

COLEXIO MARIANO-
CASELAS

Colexio Mariano
(Vigo)

Sábado 17 10:00
saída 8:55
Infantil
Feminino

Descanso

---

--- ---
Alevín
Masculino

CASELAS -
ANDERSEN

Pavillón de Salceda Sábado 17 10:00
Alevín
Feminino

BAIONA "A" -
CASELAS

Colexio Covaterreña
(Baiona)
Sábado 17

16:00
saída 14:30


Publicado por cbcaselas @ 20:48
Lunes, 12 de marzo de 2012

C.B.CASELAS (60):
Pedro (8), Pablo (6), Igor (10), Rubén Alonso (4) e Óscar (5). QUINTETO.
Joni (2), Yanko (13), César (5), Rubén Rdguez (7), Rober e Iago.

Parciais:
18-19 / 11-9 / 10-12 / 19-20.
Incidencias:
Moito público no pavillón do colexio Covaterreña de Baiona nunha tarde veraniega. Moitos afecionados de Salceda acompañando e animando ao noso equipo.

Igualadísimo e intensísimo encontro con dous equipos que supliron o pouco acerto a canasta con loita, entrega e coraxe. Ao Caselas atragantouselle no segundo e terceiro cuarto a defensa zonal local, pero resolvía con penetracións e tiros libres, xa que o lanzamento exterior non entraba nuns aros moi duros. As alternativas eran constantes no electrónico e a igualdade máxima: 18-19, 29-28 ao descanso, 39-40 no terceiro cuarto e empate a tres minutos do final. Xa cos dous equipos cargados de faltas e varios homes importantes eliminados como Yanko e César, o Caselas tirou de veteranía e experiencia, destacando os dous importantísimos rebotes do xoven Pablo e unha canasta lonxe de Rubén Rodríguez, que certificaron unha victoria celebrada pola afeción e a ovación do público presente polo desgaste ofrecido polos dous equipos.
No vindeiro fin de semana haberá descanso, antes de afrontar a derradeira xornada o 24-25 de marzo co Airexa Nigrán en Salceda.

CATEGORÍAS BASE
Os rapaces/as da nosa base enfilan os derradeiros partidos da primeira fase da liga. Gañaron o Alevín Masculino e o Infantil Feminino, e perderon o Alevín Feminino e o Infantil Masculino.
- Infantil Feminino: Apóstol 50 Caselas 77. Xogaron e anotaron: Blanca (19), Iria (4), Noelia (22), Laura (20) e Carla (8). QUINTETO. Marta (2), Fabiola (2) e Paloma.
- Infantil Masculino: Tui "B" 61 Caselas 34. Xogaron e anotaron: Alex (4), Carlos (7), Bruno (9), Miguel (13) e Adrián (1). QUINTETO. Jose (0), David (0) e Rubén (0).
- Alevín Masculino: Colex.Mariano 22 Caselas 59.
- Alevín Feminino: Caselas 26 Salesianos Vigo 78.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Baiona 58 Caselas 60
Rodaballo 71 La Guía 59
Lunic 45 Salesianos Aut.62
Ponteareas 83 Salvaterra 51


Publicado por cbcaselas @ 23:55  | CRONICAS
Mi?rcoles, 07 de marzo de 2012
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

BAIONA -
CASELAS

Colexio Covaterreña
(Baiona)
Domingo11 19:00
Infantil
Masculino

TUI "B" -
CASELAS

Pavillón de Tui (vello)

Domingo11 17:00
saída 16:00
Infantil
Feminino

APÓSTOL STGO.-
CASELAS

Colexio Apóstol Stgo.
(Vigo)

Domingo11 10:00
saída 9:00
Alevín
Masculino

COLEX.MARIANO -
CASELAS

Colexio Mariano
(Vigo)
Sábado 10 12:00
saída 10:30
Alevín
Feminino

CASELAS -
SALESIANOS VIGO

Pavillón de Salceda Sábado 10

12:00


Publicado por cbcaselas @ 22:07
Lunes, 05 de marzo de 2012

Nesta xornada houbo tres partidos para os nosos (descansou o Senior e Infantil Masculino). O balance foi de 2 victorias, 1 derrota.
--Infantil Feminino: CASELAS 63 AIREXA NIGRÁN 36.
Caselas (63): Blanca (10), Iria (5), Noelia (13), Laura (20) e Carla (11). QUINTETO. Marta (4) e Paloma.
--Alevín Feminino: MARISTAS CELTA 65 CASELAS 22.
Caselas (22): Laura Rguez (1), Cristina (5), Nicole, Katia (8) e Noelia (8). QUINTETO. Laura Delgado.
--Alevín Masculino: ESCULTOR ACUÑA 7 CASELAS 57.


Publicado por cbcaselas @ 23:22
Domingo, 04 de marzo de 2012

Varias xogadoras alevíns do clube entrevistan aos xogadores senior Rubén Rodríguez e Pablo Cabaleiro. Na foto, Rubén a ezquerda, e Pablo a dereita, cos calendarios do clube e co seu compañeiro Iago.

AS SÚAS FICHAS
Rubén Rodríguez
Naceu o 25/03/78.
Base - 1,73m.
5ª temporada no Caselas.
Canteira do Porriño.
Pablo Cabaleiro
Naceu o 11/12/93.
Ala-Pívot - 1,85m.
9ª temporada no Caselas.
Canteira do Caselas.


- Cantos anos levas en baloncesto?
Rubén:
Comecei a xogar ao baloncesto en infantiles polo que xa levo uns 21 ou 22 anos. Daste conta de que son moitos cando ves que tes compañeiros de equipo que teñen menos idade que o tempo que levas xogando.
Pablo:
Non estou moi seguro, pero creo que xa levo 9 anos.

- Por qué razón comezaches a practicar este deporte?
Rubén:
De pequeno, o deporte ao que entrenaba era o fútbol, pero tive que deixalo por todos os catarros e gripes que collía. E ao ter que cambiar a outro deporte elexín o baloncesto porque o meu irmán xa o practicaba.
Pablo: Empecei a practicar baloncesto porque se me daba ben e me gustaba, aínda que non tanto como agora, que o vivo máis.

- Rubén, cantos anos estiveches como entrenador?
Como entrenador levo uns 16 ou 17 anos, aínda que por desgraza nos últimos anos o traballo me impide entrenar a ningún equipo.

- Pablo, qué prefires ser xogador ou entrenador?
Neste momento prefiro ser xogador. Xa sei o que é entrenar e ser entrenado, así que teño ben clara a miña decisión.

- Qué outro deporte te gustaría practicar?
Rubén:
Para xogar un día cos amigos me valdría calquera deporte, aínda que se tivese que nomear un, me decantaría polo fútbol sala. En cambio para entrenar todas as semanas e xogar unha competición non elexiría ningún outro deporte que non sexa o baloncesto.
Pablo: Dende pequeno levo practicando moitos deportes como o fútbol sala, fútbol, balonmán, baloncesto, natación, badminton,....., pero hai un deporte que non poiden practicar polo costoso que é e aínda me gustaría e que é a competición automobilística.

- Cantos puntos metes aproximadamente en cada partido?
Rubén:
A miña media de anotación este ano debe estar sobre os 4 ou 5 puntos por partido.
Pablo: Meter non meto moitos a verdade, pero intento meter, por partido uns 6 ou 8 puntos.

- En qué posición xogas?
Rubén:
Xogo de base ou de escolta.
Pablo: Xogo na posición de ala-pívot, que ven sendo un 3 ou 4.

- Qué se te dá mellor, tiros libres, canastas de dous ou triplas?
Rubén:
Non creo que poida dicir que haxa un tipo de lanzamento que se me dé mellor que os outros, pero si que é certo que nas últimas temporadas estou tirando máis triplas das que tiraba antes.
Pablo: Se me dan mellor as canastas de 2 puntos, aínda que son moi variable e podo non meter ningunha destas e sí de un punto e de tres.

- Para rematar, se te deran a oportunidade de ir a outro equipo, te irías ou quedarías no C.B.Caselas?
Rubén:
Para ser sinceiro co clube, teño que dicir que se me chegase unha boa oferta económica, a estudiaría. Na realidade, mentras se manteña o fantástico grupo que forma o equipo, non me iría a outro clube.
Pablo: Se fose a oportunidade da miña vida para xogar nun equipo de Liga EBA, sí me iría, pero como creo que esa oferta nunca vai chegar, supoño que a miña carreira deportiva acabareina no C.B.Caselas.

Moitas grazas a ambos e noraboa polo recente título de campións de liga.


Publicado por cbcaselas @ 21:27