Mi?rcoles, 28 de marzo de 2012

O C.B.Caselas xa ten rivais e calendario para a Fase de Ascenso a 3ªDivisión. O noso equipo quedou encuadrado no Grupo 2 xunto ao Rodaballo de Vigo (2ºclasificado na liga) e aos equipos de Santiago de Compostela Infortecny (campeón na súa liga) e Compañía de María (2ºclasificado).
A Federación Galega sorteou os 3 grupos de ascenso de 4 equipos cada un, que xogarán unha liguiña de todos contra todos. Os dous primeiros de cada grupo ascenderán. Esta fase comezará o 14 abril e rematará o 19 de maio.

GRUPO ASCENSO 1 GRUPO ASCENSO 2 GRUPO ASCENSO 3
B.Coruña
Santa Cristina -Coruña
Maristas Coruña
C.B.Padrón
C.B.Caselas
Rodaballo -Vigo
Infortecny -Santiago
Compañía María -Santiago
Ademar -Vigo
Ourense Capital Termal
Viña do Campo -Ribadavia
Airexa Nigrán
CALENDARIO GRUPO 2
1-- 14 ou 15 abril Rodaballo - Caselas
2-- 21 ou 22 abril Infortecny - Caselas
3-- 28 ou 29 abril Caselas - Compañía María
4-- 5 ou 6 maio Caselas - Rodaballo
5-- 12 ou 13 maio Caselas - Infortecny
6-- 19 ou 20 maio Compañía María - Caselas

 


Publicado por cbcaselas @ 23:53