Lunes, 26 de marzo de 2012

C.B.CASELAS (79):
Pedro (16), Igor (10), Rober (3), César (19) e Óscar (13). QUINTETO.
Pablo (5), Yanko (13), Iago (0) e Rubén Rdguez (0).

Parciais:
15-16 / 23-7 / 27-12 / 14-14.
Incidencias:
Derradeira xornada da 1ªfase de liga da 4ªDivisión Autonómica E disputada no Pavillón de Salceda, con pouco público.

16 victorias en 16 partidos e único equipo invicto dos cinco grupos galegos (42 equipos en total). Este é o balance dun equipo que brillou, composto por 11 excelentes persoas/xogadores e un entrenador que con unión, esforzo, constancia e traballo deixan ao baloncesto salcedense nun lugar moi alto. Agora terán que culminar co ascenso nunha fase que comezará o 14 de abril, e na que tamén están clasificados o Rodaballo de Vigo (2º) e o propio Nigrán (3º).
No partido do sábado, os de Nigrán, con só 5 xogadores, aguantaron o primeiro cuarto a un Caselas lanzado que decidiu poñer fin ao partido no segundo cuarto co 38-23 ao descanso. No terceiro periodo as diferenzas aumentaron debido en parte ao cansancio visitante e a excelente actitude dos nosos, deixando o último periodo para o disfrute dos menos habituais participando así todos da victoria. Sinalar as baixas de Joni por lesión e Rubén Alonso por motivos laborais.
Agora casi tres semanas de descanso que servirán para recuperar forzas de cara a cita do ascenso. NORABOA !!!

CATEGORÍAS BASE

Tamén remataron a 1ªfase de liga os dous equipos femininos das Escolas Deportivas Municipais.
Por un lado o Infantil Feminino acadou un excelente terceiro posto no Grupo E logo de vencer en Salceda ao Enseñanza por 80-21 (46-17 ao descanso). Destacar a lesión de Laura Abalde cun esguince de nocello. Desexámoslle moi pronta recuperación. Despois de semana santa xogarán polos postos 21º a 28º de Galicia.
O Alevín Feminino perdeu no derbi en Salceda co Porriño "B" por 48-70 (17-28 ao descanso) destacando o moitísimo público nas bancadas e a melloría pouco a pouco das nosas. Xogarán polos postos 13º a 16º zonais.
No outro partido, o Infantil Masculino perdía cun superior Maristas "A" de Vigo por 40-84 (11-33 ao descanso).


Publicado por cbcaselas @ 23:46  | CRONICAS