Lunes, 12 de marzo de 2012

C.B.CASELAS (60):
Pedro (8), Pablo (6), Igor (10), Rubén Alonso (4) e Óscar (5). QUINTETO.
Joni (2), Yanko (13), César (5), Rubén Rdguez (7), Rober e Iago.

Parciais:
18-19 / 11-9 / 10-12 / 19-20.
Incidencias:
Moito público no pavillón do colexio Covaterreña de Baiona nunha tarde veraniega. Moitos afecionados de Salceda acompañando e animando ao noso equipo.

Igualadísimo e intensísimo encontro con dous equipos que supliron o pouco acerto a canasta con loita, entrega e coraxe. Ao Caselas atragantouselle no segundo e terceiro cuarto a defensa zonal local, pero resolvía con penetracións e tiros libres, xa que o lanzamento exterior non entraba nuns aros moi duros. As alternativas eran constantes no electrónico e a igualdade máxima: 18-19, 29-28 ao descanso, 39-40 no terceiro cuarto e empate a tres minutos do final. Xa cos dous equipos cargados de faltas e varios homes importantes eliminados como Yanko e César, o Caselas tirou de veteranía e experiencia, destacando os dous importantísimos rebotes do xoven Pablo e unha canasta lonxe de Rubén Rodríguez, que certificaron unha victoria celebrada pola afeción e a ovación do público presente polo desgaste ofrecido polos dous equipos.
No vindeiro fin de semana haberá descanso, antes de afrontar a derradeira xornada o 24-25 de marzo co Airexa Nigrán en Salceda.

CATEGORÍAS BASE
Os rapaces/as da nosa base enfilan os derradeiros partidos da primeira fase da liga. Gañaron o Alevín Masculino e o Infantil Feminino, e perderon o Alevín Feminino e o Infantil Masculino.
- Infantil Feminino: Apóstol 50 Caselas 77. Xogaron e anotaron: Blanca (19), Iria (4), Noelia (22), Laura (20) e Carla (8). QUINTETO. Marta (2), Fabiola (2) e Paloma.
- Infantil Masculino: Tui "B" 61 Caselas 34. Xogaron e anotaron: Alex (4), Carlos (7), Bruno (9), Miguel (13) e Adrián (1). QUINTETO. Jose (0), David (0) e Rubén (0).
- Alevín Masculino: Colex.Mariano 22 Caselas 59.
- Alevín Feminino: Caselas 26 Salesianos Vigo 78.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Baiona 58 Caselas 60
Rodaballo 71 La Guía 59
Lunic 45 Salesianos Aut.62
Ponteareas 83 Salvaterra 51


Publicado por cbcaselas @ 23:55  | CRONICAS