Domingo, 04 de marzo de 2012

Varias xogadoras alevíns do clube entrevistan aos xogadores senior Rubén Rodríguez e Pablo Cabaleiro. Na foto, Rubén a ezquerda, e Pablo a dereita, cos calendarios do clube e co seu compañeiro Iago.

AS SÚAS FICHAS
Rubén Rodríguez
Naceu o 25/03/78.
Base - 1,73m.
5ª temporada no Caselas.
Canteira do Porriño.
Pablo Cabaleiro
Naceu o 11/12/93.
Ala-Pívot - 1,85m.
9ª temporada no Caselas.
Canteira do Caselas.


- Cantos anos levas en baloncesto?
Rubén:
Comecei a xogar ao baloncesto en infantiles polo que xa levo uns 21 ou 22 anos. Daste conta de que son moitos cando ves que tes compañeiros de equipo que teñen menos idade que o tempo que levas xogando.
Pablo:
Non estou moi seguro, pero creo que xa levo 9 anos.

- Por qué razón comezaches a practicar este deporte?
Rubén:
De pequeno, o deporte ao que entrenaba era o fútbol, pero tive que deixalo por todos os catarros e gripes que collía. E ao ter que cambiar a outro deporte elexín o baloncesto porque o meu irmán xa o practicaba.
Pablo: Empecei a practicar baloncesto porque se me daba ben e me gustaba, aínda que non tanto como agora, que o vivo máis.

- Rubén, cantos anos estiveches como entrenador?
Como entrenador levo uns 16 ou 17 anos, aínda que por desgraza nos últimos anos o traballo me impide entrenar a ningún equipo.

- Pablo, qué prefires ser xogador ou entrenador?
Neste momento prefiro ser xogador. Xa sei o que é entrenar e ser entrenado, así que teño ben clara a miña decisión.

- Qué outro deporte te gustaría practicar?
Rubén:
Para xogar un día cos amigos me valdría calquera deporte, aínda que se tivese que nomear un, me decantaría polo fútbol sala. En cambio para entrenar todas as semanas e xogar unha competición non elexiría ningún outro deporte que non sexa o baloncesto.
Pablo: Dende pequeno levo practicando moitos deportes como o fútbol sala, fútbol, balonmán, baloncesto, natación, badminton,....., pero hai un deporte que non poiden practicar polo costoso que é e aínda me gustaría e que é a competición automobilística.

- Cantos puntos metes aproximadamente en cada partido?
Rubén:
A miña media de anotación este ano debe estar sobre os 4 ou 5 puntos por partido.
Pablo: Meter non meto moitos a verdade, pero intento meter, por partido uns 6 ou 8 puntos.

- En qué posición xogas?
Rubén:
Xogo de base ou de escolta.
Pablo: Xogo na posición de ala-pívot, que ven sendo un 3 ou 4.

- Qué se te dá mellor, tiros libres, canastas de dous ou triplas?
Rubén:
Non creo que poida dicir que haxa un tipo de lanzamento que se me dé mellor que os outros, pero si que é certo que nas últimas temporadas estou tirando máis triplas das que tiraba antes.
Pablo: Se me dan mellor as canastas de 2 puntos, aínda que son moi variable e podo non meter ningunha destas e sí de un punto e de tres.

- Para rematar, se te deran a oportunidade de ir a outro equipo, te irías ou quedarías no C.B.Caselas?
Rubén:
Para ser sinceiro co clube, teño que dicir que se me chegase unha boa oferta económica, a estudiaría. Na realidade, mentras se manteña o fantástico grupo que forma o equipo, non me iría a outro clube.
Pablo: Se fose a oportunidade da miña vida para xogar nun equipo de Liga EBA, sí me iría, pero como creo que esa oferta nunca vai chegar, supoño que a miña carreira deportiva acabareina no C.B.Caselas.

Moitas grazas a ambos e noraboa polo recente título de campións de liga.


Publicado por cbcaselas @ 21:27