Mi?rcoles, 29 de febrero de 2012
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

-Descanso-

--- --- ---
Infantil
Masculino

CASELAS -
COMPAÑÍA MARÍA

- APRAZADO-
a petición Cía Mª

--- ---
Infantil
Feminino

CASELAS -
AIREXA NIGRÁN

Pavillón de Parderrubias

Sábado 3 10:00
Alevín
Masculino

ESCULTOR ACUÑA
CASELAS

Colexio Escultor Acuña
(Vigo)
Sábado 3 16:00
saída 14:40
Alevín
Feminino

MARISTAS CELTA -
CASELAS

Colexio Maristas
(Vigo)
Sábado 3

10:00
saída 8:50


Publicado por cbcaselas @ 21:46
Lunes, 27 de febrero de 2012

C.B.CASELAS (57):
Pedro (13), Pablo (3), Igor (9), Rubén Rdguez (8) e Óscar (15). QUINTETO.
Yanko (9), César (0), Rubén Alonso (0), Joni, Rober e Iago.

Parciais:
14-12 / 14-14 / 10-13 / 19-8.
Incidencias:
Preto de medio centenar de espectadores no Pavillón Municipal de Salceda. O público estivo sensacional, animando sen parar ao Caselas cando máis se necesitaba. O Caselas se proclama así campión de liga.


A pesar do curto que poida parecer o marcador, Caselas e Rodaballo demostraron a súa posición na taboa clasificatoria da 4ªdivisión galega ofrecendo un gran partido, no que as fortes defensas e a igualdade no electrónico, foron ás tónicas máis salientables.
A igualdade quedaba palpable no 14-12 do primeiro cuarto, o 28-26 ao descanso e máis emoción co 38-39 ao remate do terceiro cuarto. Os dous equipos, cos planteis ao completo, se empregaron a fondo e o Caselas conseguía abrir a defensa zonal do Rodaballo con lanzamentos lonxanos e triplas (7 en total para os nosos).
No cuarto final, o Caselas, apoiado por unha excelente afición e un excelente traballo defensivo de todo o equipo, puxo a puntilla con Oscar como principal protagonista (11 dos 19 puntos deste periodo foron seus). O resultado final de 57-47 certifica o título de liga a falla de 3 xornadas (descanso na seguinte, visita a Baiona e co Airexa Nigrán como local para rematar).

CATEGORÍAS BASE
Xogaron os dous equipos femininos: o Infantil e o Alevín.
As infantiles venceron a outro aspirante como Los Sauces por 45-30 (22-13 ao descanso), nun encontro dominado polas de Carlos.
C.B.Caselas (45): Blanca (7), Noelia (10), Marta (5), Laura (11) e Carla (5). QUINTETO. Iria (7), Fabiola (0) e Paloma (0).
As alevíns foron derrotadas polo líder Compañía de María de Vigo por 30-70. Mal primeiro tempo, pero reacción no segundo, onde perdemos por parcial de 21-35, o que nos deixa no fondo un bó sabor.

4ªDIVISIÓN GRUPO E
Caselas 57 Rodaballo 47
Lunic-Baiona APRAZADO
Ponteareas 63 La Guía 96
Airexa Nigrán 63 Salesianos Aut.61


Publicado por cbcaselas @ 23:34  | CRONICAS
Mi?rcoles, 22 de febrero de 2012

Volta a liga despois do Entroido. Tres partidos para os nosos equipos, que serían catro, xa que o Alevín Masculino foi aplazado a petición do Escultor Acuña. Comezamos mañá xoves cun interesante Infantil Feminino onde as de Salceda xogan as poucas opcións de acadar o campionato. Xa o sábado, Alevín Feminino e partidazo Senior ás 6 da tarde: Caselas-Rodaballo, 1ºvs2º, tal vez os dous mellores equipos da liga.  Disfrutade!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS-
RODABALLO VIGO

Pavillón de Salceda Sábado 25 18:00
Infantil
Masculino

Descanso

---

--- ---
Infantil
Feminino

CASELAS -
LOS SAUCES

Pavillón de Salceda

Xoves 23 18:30
Alevín
Masculino

CASELAS -
ESCULTOR ACUÑA

-APRAZADO- --- ---
Alevín
Feminino

CASELAS -
COMPAÑÍA MARÍA

Pavillón de Salceda Sábado 25

16:00


Publicado por cbcaselas @ 19:34
S?bado, 18 de febrero de 2012

Club Baloncesto Caselas
- CAMPAÑA  DE  SOCIOS  2012 -

faite socio !

5 euros ano SOCIO NUMERARIO
15 euros ano SOCIO COLABORADOR

DESCONTOS IMPORTANTES EN "OPTIMIL" E "DEPORTES GONZÁLEZ" (ver "descontos" no Menú Principal)
Coa aportación de todos podemos seguir traballando polo baloncesto


Publicado por cbcaselas @ 13:35
Martes, 14 de febrero de 2012

C.B.CASELAS (68):
Pedro (17), Pablo (7), Igor (10), Rubén Rdguez (3) e Óscar (6). QUINTETO.
Joni (2), Rober (4), Iago (0), César (16) e Rubén Alonso (3).

Parciais:
7-10 / 5-16 / 17-16 / 14-26.
Incidencias:
Derbi comarcal xogado no Pavillón do Colexio de Leirado (Salvaterra), cunha cancha en mal estado. Moi pouco público, con maioría de afecionados de Salceda que animaron incansablemente.


O Caselas levouse con autoridade un partido que dominou dende o principio aumentando progresivamente as diferenzas ata o final. Comezaron os dous equipos fríos, con pouca puntería no tiro e con máis corazón que cabeza. Os aros duros repelían constantemente ata os máis fáciles lanzamentos. Con todo, os guarismos no marcador eran evidentes ao descanso: 12-26 para o Caselas.
Na segunda metade os nosos foron a máis. Apretaron en defensa, un ataque máis fluído e a confianza no lanzamento dos nosos xogadores, que unha vez máis destacaron pola gran aportación de todo o bloque de Carlos Kustrin.
No vindeiro fin de semana de entroido, haberá parón en todas ás ligas dos equipos do C.B.Caselas.
Outros resultados deste Grupo E son: La Guía 50 Nigrán 73 / Baiona 56 Ponteareas 48 / Descansou o Salesianos Autocelta.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc:  Baiona 77 Caselas 64
Infantil Fem:  Seis do Nadal "B" 58 Caselas 38
Alevín Masc:  Caselas 68 Divino Salvador "B" 46
Alevín Fem:  Caselas 38 Seis do Nadal "B" 51. Neste partido xogaron polas nosas: Laura R.(13), Cristina (10), Nicole (0), Laura D.(2) e Katia (7).QUINTETO. Susi (0) e Noelia (6).


Publicado por cbcaselas @ 0:19  | CRONICAS
Mi?rcoles, 08 de febrero de 2012

Destacamos o derbi da 4ªDivisión Senior Masculino entre o S.Lorenzo de Salvaterra e o C.B.Caselas. Esperemos disfrutar dun bó partido e que sexan moitos os seguidores que nos acompañen a Leirado o sábado ás 8 da tarde.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

S.LORENZO SALVATERRA-
CASELAS

Pavillón do Colexio
de Leirado  
Sábado 11 20:00
Infantil
Masculino

BAIONA -
CASELAS

Colexio de
Covaterreña (Baiona)

Sábado 11 16:00
saída 14:40
Infantil
Feminino

SEIS DO NADAL "B" -
CASELAS

Colexio Seis do Nadal
(Coia-Vigo)

Sábado 11 18:00
saída 16:40
Alevín
Masculino

CASELAS -
DIVINO SALVADOR "B"

Pavillón de Salceda Sábado 11 12:00
Alevín
Feminino

CASELAS -
SEIS DO NADAL "B"

Pavillón de Salceda Sábado 11

10:00


Publicado por cbcaselas @ 23:00
Lunes, 06 de febrero de 2012

C.B.CASELAS (67):
Pedro (18), Igor (12), Rober (0), Rubén Rdguez (5) e Óscar (18). QUINTETO.
Pablo (10), Joni (2), Iago (2) e Rubén Alonso (0).

Parciais:
18-12 / 26-7 / 12-16 / 11-19.
Incidencias:
A máis flouxa entrada da temporada no Pavillón de Deportes de Salceda nun horario pouco habitual para nós, 4 da tarde, e coincidindo con outros partidos do noso clube.


O líder da 4ªdivisión superou as importantes baixas de César e Yanko para sumar a duodécima victoria consecutiva. O partido foi un calco do sucedido a semana pasada en Salesianos: inicio arrollador dos nosos que xa resolvían ao descanso cun claro 44-19, e rotacións do banquillo na segunda metade, participando así todos os xogadores da victoria. Cometéronse moi poucas faltas persoais nos dous equipos -12 o Caselas por 10 o Lunic, con un eliminado por cada equipo-. Isto provocou que os nosos só visitaran o tiro libre en dúas ocasións, algo moi pouco habitual. 
Na vindeira xornada, derbi comarcal en Salvaterra. Animamos a todos os afecionados a acompañarnos.

CATEGORÍAS BASE
O infantil masculino xogaba en Salceda co Seis do Nadal "B". O equipo vigués só presentou 4 xogadores ao partido, polo que non se poido xogar. A federación dá así por gañado o partido ao Caselas.
O alevín feminino caía amplamente derrotado perante o potente La Academia R.C.Celta por 66-16. Logo do partido xogado no Pavillón de Navia, as rapazas e varios familiares disfrutaron do encontro de Liga Feminina Española entre o Celta e o Gran Canaria. Agradecer a directiva celeste as invitacións que nos deron.
O infantil feminino (partido aprazado) e o alevín masculino (descanso), non xogaron.

RESULTADOS 4ªDIVISIÓN GR.E
Caselas 67 Lunic 54
Ponteareas 38 Rodaballo 60
Nigrán 50 Baiona 41
S.Lorenzo Salvaterra 46 Salesianos Autoc.60
Descansou S.J.La Guía.


Publicado por cbcaselas @ 23:55  | CRONICAS
Mi?rcoles, 01 de febrero de 2012

O partido Senior en Salceda adiántase para as 4 da tarde, e non as 6 como o facemos habitualmente.
O partido Infantil Feminino aplázase á petición de Los Sauces. Nos vindeiros días informaremos da nova data de xogo.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
LUNIC (VIGO)

Pavillón de Salceda Sábado 4 16:00
Infantil
Masculino

CASELAS -
SEIS NADAL COIA "B"

Pavillón de Salceda

Sábado 4 12:00
Infantil
Feminino

CASELAS -
LOS SAUCES

-APLAZADO-

--- ---
Alevín
Masculino

Descanso

--- --- ---
Alevín
Feminino

ACADEMIA R.C.CELTA-
CASELAS

Pavillón de Navia
(Vigo)
Sábado 4

16:00
saída 14:45


Publicado por cbcaselas @ 20:51