Lunes, 27 de febrero de 2012

C.B.CASELAS (57):
Pedro (13), Pablo (3), Igor (9), Rubén Rdguez (8) e Óscar (15). QUINTETO.
Yanko (9), César (0), Rubén Alonso (0), Joni, Rober e Iago.

Parciais:
14-12 / 14-14 / 10-13 / 19-8.
Incidencias:
Preto de medio centenar de espectadores no Pavillón Municipal de Salceda. O público estivo sensacional, animando sen parar ao Caselas cando máis se necesitaba. O Caselas se proclama así campión de liga.


A pesar do curto que poida parecer o marcador, Caselas e Rodaballo demostraron a súa posición na taboa clasificatoria da 4ªdivisión galega ofrecendo un gran partido, no que as fortes defensas e a igualdade no electrónico, foron ás tónicas máis salientables.
A igualdade quedaba palpable no 14-12 do primeiro cuarto, o 28-26 ao descanso e máis emoción co 38-39 ao remate do terceiro cuarto. Os dous equipos, cos planteis ao completo, se empregaron a fondo e o Caselas conseguía abrir a defensa zonal do Rodaballo con lanzamentos lonxanos e triplas (7 en total para os nosos).
No cuarto final, o Caselas, apoiado por unha excelente afición e un excelente traballo defensivo de todo o equipo, puxo a puntilla con Oscar como principal protagonista (11 dos 19 puntos deste periodo foron seus). O resultado final de 57-47 certifica o título de liga a falla de 3 xornadas (descanso na seguinte, visita a Baiona e co Airexa Nigrán como local para rematar).

CATEGORÍAS BASE
Xogaron os dous equipos femininos: o Infantil e o Alevín.
As infantiles venceron a outro aspirante como Los Sauces por 45-30 (22-13 ao descanso), nun encontro dominado polas de Carlos.
C.B.Caselas (45): Blanca (7), Noelia (10), Marta (5), Laura (11) e Carla (5). QUINTETO. Iria (7), Fabiola (0) e Paloma (0).
As alevíns foron derrotadas polo líder Compañía de María de Vigo por 30-70. Mal primeiro tempo, pero reacción no segundo, onde perdemos por parcial de 21-35, o que nos deixa no fondo un bó sabor.

4ªDIVISIÓN GRUPO E
Caselas 57 Rodaballo 47
Lunic-Baiona APRAZADO
Ponteareas 63 La Guía 96
Airexa Nigrán 63 Salesianos Aut.61


Publicado por cbcaselas @ 23:34  | CRONICAS