Martes, 14 de febrero de 2012

C.B.CASELAS (68):
Pedro (17), Pablo (7), Igor (10), Rubén Rdguez (3) e Óscar (6). QUINTETO.
Joni (2), Rober (4), Iago (0), César (16) e Rubén Alonso (3).

Parciais:
7-10 / 5-16 / 17-16 / 14-26.
Incidencias:
Derbi comarcal xogado no Pavillón do Colexio de Leirado (Salvaterra), cunha cancha en mal estado. Moi pouco público, con maioría de afecionados de Salceda que animaron incansablemente.


O Caselas levouse con autoridade un partido que dominou dende o principio aumentando progresivamente as diferenzas ata o final. Comezaron os dous equipos fríos, con pouca puntería no tiro e con máis corazón que cabeza. Os aros duros repelían constantemente ata os máis fáciles lanzamentos. Con todo, os guarismos no marcador eran evidentes ao descanso: 12-26 para o Caselas.
Na segunda metade os nosos foron a máis. Apretaron en defensa, un ataque máis fluído e a confianza no lanzamento dos nosos xogadores, que unha vez máis destacaron pola gran aportación de todo o bloque de Carlos Kustrin.
No vindeiro fin de semana de entroido, haberá parón en todas ás ligas dos equipos do C.B.Caselas.
Outros resultados deste Grupo E son: La Guía 50 Nigrán 73 / Baiona 56 Ponteareas 48 / Descansou o Salesianos Autocelta.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc:  Baiona 77 Caselas 64
Infantil Fem:  Seis do Nadal "B" 58 Caselas 38
Alevín Masc:  Caselas 68 Divino Salvador "B" 46
Alevín Fem:  Caselas 38 Seis do Nadal "B" 51. Neste partido xogaron polas nosas: Laura R.(13), Cristina (10), Nicole (0), Laura D.(2) e Katia (7).QUINTETO. Susi (0) e Noelia (6).


Publicado por cbcaselas @ 0:19  | CRONICAS