Lunes, 06 de febrero de 2012

C.B.CASELAS (67):
Pedro (18), Igor (12), Rober (0), Rubén Rdguez (5) e Óscar (18). QUINTETO.
Pablo (10), Joni (2), Iago (2) e Rubén Alonso (0).

Parciais:
18-12 / 26-7 / 12-16 / 11-19.
Incidencias:
A máis flouxa entrada da temporada no Pavillón de Deportes de Salceda nun horario pouco habitual para nós, 4 da tarde, e coincidindo con outros partidos do noso clube.


O líder da 4ªdivisión superou as importantes baixas de César e Yanko para sumar a duodécima victoria consecutiva. O partido foi un calco do sucedido a semana pasada en Salesianos: inicio arrollador dos nosos que xa resolvían ao descanso cun claro 44-19, e rotacións do banquillo na segunda metade, participando así todos os xogadores da victoria. Cometéronse moi poucas faltas persoais nos dous equipos -12 o Caselas por 10 o Lunic, con un eliminado por cada equipo-. Isto provocou que os nosos só visitaran o tiro libre en dúas ocasións, algo moi pouco habitual. 
Na vindeira xornada, derbi comarcal en Salvaterra. Animamos a todos os afecionados a acompañarnos.

CATEGORÍAS BASE
O infantil masculino xogaba en Salceda co Seis do Nadal "B". O equipo vigués só presentou 4 xogadores ao partido, polo que non se poido xogar. A federación dá así por gañado o partido ao Caselas.
O alevín feminino caía amplamente derrotado perante o potente La Academia R.C.Celta por 66-16. Logo do partido xogado no Pavillón de Navia, as rapazas e varios familiares disfrutaron do encontro de Liga Feminina Española entre o Celta e o Gran Canaria. Agradecer a directiva celeste as invitacións que nos deron.
O infantil feminino (partido aprazado) e o alevín masculino (descanso), non xogaron.

RESULTADOS 4ªDIVISIÓN GR.E
Caselas 67 Lunic 54
Ponteareas 38 Rodaballo 60
Nigrán 50 Baiona 41
S.Lorenzo Salvaterra 46 Salesianos Autoc.60
Descansou S.J.La Guía.


Publicado por cbcaselas @ 23:55  | CRONICAS