Martes, 31 de enero de 2012

C.B.CASELAS (71):
Pedro (15), Yanko (19), César (9), Rubén Rdguez (5) e Óscar (7). QUINTETO.
Pablo (6), Igor (4), Joni (0), Rober (0) e Iago (6).

Parciais:
10-19 / 8-28 / 8-12 / 25-12.
Incidencias:
Tarde noite de domingo no Pavillón do Colexio Salesianos de Vigo.


O resultado de 18-47 ao descanso fala por sí só dun encontro que o Caselas resolveu pola vía rápida. A partir de ahí Carlos fixo participar a todos os xogadores da victoria.
Como anécdota, decir que o Caselas, xunto co Viña do Campo Ribadavia, son os únicos invictos dos cinco grupos da 4ªDivisión Galega.

CATEGORÍAS BASE
Victorias do Alevín Masculino e Feminino.
Os rapaces continúan a racha logo de derrotar a domicilio ao Salesianos "B" por 23-73, co debut no equipo do benxamín Miguel Sánchez, que participou en tres periodos.
As rapazas, no mellor partido da temporada, gañaron o derbi en Porriño. Resultado: Porriño "B" 36 Caselas 51 (8-25 ao descanso). Xogaron e anotaron: Laura Rguez (4), Cristina (16), Nicole (2), Laura Delgado (4), Katia (10) e Noelia (15).
O Infantil Masculino caía en Salesianos por un claro 110-28.


Publicado por cbcaselas @ 0:04  | CRONICAS
Mi?rcoles, 25 de enero de 2012
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

SALESIANOS AUTOC.-
CASELAS

Colexio Salesianos
(Vigo)
Domingo 29 19:00
Infantil
Masculino

SALESIANOS -
CASELAS

Colexio Salesianos
(Vigo)

Sábado 28 18:00
saída 16:45
Infantil
Feminino

Descanso

---

--- ---
Alevín
Masculino

SALESIANOS "B" -
CASELAS

Colexio Salesianos
(Vigo)
Domingo 29 10:00
saída 9:00
Alevín
Feminino

PORRIÑO "B" -
CASELAS

Pavillón de Porriño Sábado 28

10:00
saída 9:00


Publicado por cbcaselas @ 22:39
Lunes, 23 de enero de 2012

C.B.CASELAS (95):
Pedro (13), Yanko (22), César (8), Rubén Rdguez (5) e Óscar (14). QUINTETO.
Pablo (8), Igor (12), Joni (0), Rober (5), Iago (6) e Rubén Alonso (2).

Parciais:
21-14 / 29-6 / 25-12 / 20-16.
Incidencias:
Derbi comarcal xogado no Pavillón de Deportes de Salceda. Catro decenas de animosos afecionados que agradeceron ao equipo local o espectáculo ofrecido.


Sen historia. As diferenzas entre os dous equipos quedaron plasmadas ao longo do encontro, cun Caselas lanzado que dominou por completo o xogo, especialmente no segundo periodo, cun parcial de 29-6 e 50-20 ao descanso. Na segunda metade o técnico local Carlos aproveitou para dar minutos a todos os xogadores -que demostraron a súa valía-, para rematar con practicamente todos os titulares habituais no banquiño. Así, cabe destacar o excelente traballo do canteirán Iago Suárez.
O partido foi entretido, limpo e deportivo, como se desprende das só 9 faltas sinaladas ao Caselas por 12 aos de Ponteareas.

CATEGORÍAS BASE
Alevín Masc: Caselas 62 Los Sauces 12.
Dominio total dos nenos de Serafín que seguen líderes.
Alevín Fem: Caselas 13 Baiona "A" 65.
As xovencísimas rapazas de Manolo, escasas de xogadoras, non tiveron opción perante un equipo superior en altura e física.
Infantil Masc: Caselas 50 S.José de Praga 92.
Partido vistoso dos de Carlos que remataron por anotar 50 puntos a un equipo superior e aspirante ao título.
Infantil Fem: Salesianos Vigo 60 Caselas 55
A eliminación de Laura e Noelia, foron claves para que no derradeiro cuarto as viguesas remontaran un partido que tiñamos a favor 35-48 no inicio do 4ºperiodo. As de Salceda demostraron garra e coraxe, pero non poideron culminar.

4ª DIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 95 Condado Ponteareas 48
Airexa Nigrán 55 Lunic 45
S.Lorenzo Salvaterra 54 Baiona 39
Salesianos Autoc.57 La Guía 83
Descansou o Rodaballo.


Publicado por cbcaselas @ 23:51  | CRONICAS
Mi?rcoles, 18 de enero de 2012
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
CONDADO PONTEAR.

Pavillón de Salceda Sábado 21 18:00
Infantil
Masculino

CASELAS -
S.JOSÉ DE PRAGA

Pavillón de Salceda

Sábado 21 10:00
Infantil
Feminino

SALESIANOS -
CASELAS

Colexio Salesianos
(Vigo)

Sábado 21 16:00
saída 14:45
Alevín
Masculino

CASELAS -
LOS SAUCES

Pavillón de Salceda Sábado 21 12:00
Alevín
Feminino

CASELAS -
BAIONA "A"

Pavillón de Salceda Sábado 21

16:00


Publicado por cbcaselas @ 20:54
Lunes, 16 de enero de 2012


O entrenador Carlos dá explicacións aos senior durante o tempo morto dun partido nesta temporada.

C.B.CASELAS (70):
Pedro (11), Yanko (20), César (10), Rubén Rdguez (11) e Óscar (9). QUINTETO.
Pablo (3), Igor (2), Rober (2), Rubén Alonso (0), Joni e Iago.

Parciais:
11-20 / 13-10 / 15-13 / 21-27.
Incidencias:
Primeiro partido da segunda volta da 4ªdivisión disputado no colexio S.José de Vigo. Moito frío, xa que o pavillón tiña un lateral ao descuberto. Pouco público.


Suma e segue para o Caselas. Na Guía, os de Salceda estrenaron o ano cunha traballada victoria perante un rival dos postos altos e que opuxo certa resistencia cunha forte defensa, especialmente no terceiro cuarto, onde -unido aos nosos erros no lanzamento- os da Guía puxéronse a 4 puntos: 39-43.
Pero os nosos fixeron un gran esforzo e rapidamente marcaron as diferenzas de 10-12 puntos nas que se moveu en xeral o partido. No último cuarto, recital ofensivo do Caselas; conseguimos 27 puntos, con moitas visitas a liña de tiros libres.
Gran aportación e entrega dos xogadores do equipo que se desprazaron na súa totalidade, espléndidos! Sirva coma exemplo a anotación do quinteto titular, sin restar méritos aos demáis, que achegaron rebotes, asistencias, defensa e outros ao equipo.
Na vindeira xornada, derbi en Salceda con Ponteareas.

O ALEVÍN MASCULINO SEGUE OS PASOS DOS MAIORES
Outro equipo que parece imitar aos senior, é o Alevín Masculino de Serafín Dasilva. O sábado vencía a outro invicto, o Andersen, por 49-69 e líderan invictos o grupo B da Liga DVB. Aínda queda moito traballo por facer, pero o equipo conta con moitas opcións.
O Infantil Masculino de Carlos Kustrin tamén venceu no debi: Caselas 54 Porriño C 40.
O Alevín Feminino de Manolo González perdeu claramente en Salesianos por 64-13.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
S.J.La Guía 60 Caselas 70
Baiona 73 Salesianos Autoc.57
Rodaballo 75 S.Lorenzo Salvaterra 62
Airexa Nigrán 67 Sestelo Ponteareas 32
Descansou o Lunic.


Publicado por cbcaselas @ 23:09  | CRONICAS
Mi?rcoles, 11 de enero de 2012
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

S.JOSÉ LA GUÍA -
CASELAS

Colexio S.José La Guía
(Vigo)
Sábado 14 18:00
Infantil
Masculino

CASELAS -
PORRIÑO "C"

Pavillón de Salceda

Sábado 14 10:00
Infantil
Feminino

Descansa

---

--- ---
Alevín
Masculino

ANDERSEN -
CASELAS

Colexio Andersen
(Valladares -Vigo)
Sábado 14 12:15
saída 10:45
Alevín
Feminino

SALESIANOS -
CASELAS

Colexio Salesianos
(Vigo)
Domingo 15

10:00
saída 9:00


Publicado por cbcaselas @ 20:19
Lunes, 09 de enero de 2012

O C.B.Caselas senior masculino quedou subcampión do "XI Torneo Concello de Soutomaior" xogado en formato triangular e con partidos de 20 minutos.
Empezamos gañándolle ao líder da 3ªDivisión E, o Salesianos de Vigo, por 33-20 logo dun gran partido que dominamos de principio a fin.
A continuación, xogaron o anfitrión Arcade e Salesianos, con victoria de Arcade por 39-32
Deste xeito, Arcade e Caselas xogaban a gran final. Dominaron os nosos en case toda a primeira metade, pero os locais remontaron. A reacción final non serviu e se pagaron caras as canastas fáciles erradas, que nos poideron dar tranquilamente o torneo. Arcade impuxo a súa veteranía -ao igual que no partido con Salesianos- para vencer por 32-27.

Nos queda a sensación de que nos faltou "rematar a faena". Sen embargo, o equipo competiu moi ben perante dous grandes rivais de categoría superior, demostrando que de seguir así, podemos chegar moi moi lonxe.


Publicado por cbcaselas @ 11:17  | TORNEOS E ACTOS
Jueves, 05 de enero de 2012


Cartel oficial do torneo.

O C.B.Caselas senior masculino foi invitado a este torneo organizado polo C.B.Arcade e patrocinado polo Concello de Soutomaior.
O noso equipo, participante na 4ª División Autonómica, medirase a dous potentes equipos da 3ª División Autonómica como son o Salesianos de Vigo (líder do Grupo F) e o anfitrión C.B.Arcade (5º do Grupo E).
Orde dos partidos:
-- 16:30h------ CASELAS-SALESIANOS
a continuación- ARCADE-PERDEDOR DO 1ºPARTIDO
a continuación- ARCADE-GAÑADOR DO 1ºPARTIDO
Principais reglas:
- Partidos de vinte minutos cada un, con dous tempos de dez minutos separados por un descanso de dous.
- O xogador con tres faltas, será eliminado do partido.
- Vale o empate no marcador de cada partido. En caso de empate na clasificación final, decidirá o Regulamento da FGB.


Publicado por cbcaselas @ 0:47  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 01 de enero de 2012

Comentarios aparte -podedes facelos no foro- aquí vos quedan as imaxes da merenda de Nadal 2011 do C.B.Caselas, que nos fixo pasar a todos unha tarde-noite moi agradable.


Publicado por cbcaselas @ 14:02  | TORNEOS E ACTOS