Lunes, 23 de enero de 2012

C.B.CASELAS (95):
Pedro (13), Yanko (22), César (8), Rubén Rdguez (5) e Óscar (14). QUINTETO.
Pablo (8), Igor (12), Joni (0), Rober (5), Iago (6) e Rubén Alonso (2).

Parciais:
21-14 / 29-6 / 25-12 / 20-16.
Incidencias:
Derbi comarcal xogado no Pavillón de Deportes de Salceda. Catro decenas de animosos afecionados que agradeceron ao equipo local o espectáculo ofrecido.


Sen historia. As diferenzas entre os dous equipos quedaron plasmadas ao longo do encontro, cun Caselas lanzado que dominou por completo o xogo, especialmente no segundo periodo, cun parcial de 29-6 e 50-20 ao descanso. Na segunda metade o técnico local Carlos aproveitou para dar minutos a todos os xogadores -que demostraron a súa valía-, para rematar con practicamente todos os titulares habituais no banquiño. Así, cabe destacar o excelente traballo do canteirán Iago Suárez.
O partido foi entretido, limpo e deportivo, como se desprende das só 9 faltas sinaladas ao Caselas por 12 aos de Ponteareas.

CATEGORÍAS BASE
Alevín Masc: Caselas 62 Los Sauces 12.
Dominio total dos nenos de Serafín que seguen líderes.
Alevín Fem: Caselas 13 Baiona "A" 65.
As xovencísimas rapazas de Manolo, escasas de xogadoras, non tiveron opción perante un equipo superior en altura e física.
Infantil Masc: Caselas 50 S.José de Praga 92.
Partido vistoso dos de Carlos que remataron por anotar 50 puntos a un equipo superior e aspirante ao título.
Infantil Fem: Salesianos Vigo 60 Caselas 55
A eliminación de Laura e Noelia, foron claves para que no derradeiro cuarto as viguesas remontaran un partido que tiñamos a favor 35-48 no inicio do 4ºperiodo. As de Salceda demostraron garra e coraxe, pero non poideron culminar.

4ª DIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 95 Condado Ponteareas 48
Airexa Nigrán 55 Lunic 45
S.Lorenzo Salvaterra 54 Baiona 39
Salesianos Autoc.57 La Guía 83
Descansou o Rodaballo.


Publicado por cbcaselas @ 23:51  | CRONICAS