Lunes, 16 de enero de 2012


O entrenador Carlos dá explicacións aos senior durante o tempo morto dun partido nesta temporada.

C.B.CASELAS (70):
Pedro (11), Yanko (20), César (10), Rubén Rdguez (11) e Óscar (9). QUINTETO.
Pablo (3), Igor (2), Rober (2), Rubén Alonso (0), Joni e Iago.

Parciais:
11-20 / 13-10 / 15-13 / 21-27.
Incidencias:
Primeiro partido da segunda volta da 4ªdivisión disputado no colexio S.José de Vigo. Moito frío, xa que o pavillón tiña un lateral ao descuberto. Pouco público.


Suma e segue para o Caselas. Na Guía, os de Salceda estrenaron o ano cunha traballada victoria perante un rival dos postos altos e que opuxo certa resistencia cunha forte defensa, especialmente no terceiro cuarto, onde -unido aos nosos erros no lanzamento- os da Guía puxéronse a 4 puntos: 39-43.
Pero os nosos fixeron un gran esforzo e rapidamente marcaron as diferenzas de 10-12 puntos nas que se moveu en xeral o partido. No último cuarto, recital ofensivo do Caselas; conseguimos 27 puntos, con moitas visitas a liña de tiros libres.
Gran aportación e entrega dos xogadores do equipo que se desprazaron na súa totalidade, espléndidos! Sirva coma exemplo a anotación do quinteto titular, sin restar méritos aos demáis, que achegaron rebotes, asistencias, defensa e outros ao equipo.
Na vindeira xornada, derbi en Salceda con Ponteareas.

O ALEVÍN MASCULINO SEGUE OS PASOS DOS MAIORES
Outro equipo que parece imitar aos senior, é o Alevín Masculino de Serafín Dasilva. O sábado vencía a outro invicto, o Andersen, por 49-69 e líderan invictos o grupo B da Liga DVB. Aínda queda moito traballo por facer, pero o equipo conta con moitas opcións.
O Infantil Masculino de Carlos Kustrin tamén venceu no debi: Caselas 54 Porriño C 40.
O Alevín Feminino de Manolo González perdeu claramente en Salesianos por 64-13.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
S.J.La Guía 60 Caselas 70
Baiona 73 Salesianos Autoc.57
Rodaballo 75 S.Lorenzo Salvaterra 62
Airexa Nigrán 67 Sestelo Ponteareas 32
Descansou o Lunic.


Publicado por cbcaselas @ 23:09  | CRONICAS