Lunes, 09 de enero de 2012

O C.B.Caselas senior masculino quedou subcampión do "XI Torneo Concello de Soutomaior" xogado en formato triangular e con partidos de 20 minutos.
Empezamos gañándolle ao líder da 3ªDivisión E, o Salesianos de Vigo, por 33-20 logo dun gran partido que dominamos de principio a fin.
A continuación, xogaron o anfitrión Arcade e Salesianos, con victoria de Arcade por 39-32
Deste xeito, Arcade e Caselas xogaban a gran final. Dominaron os nosos en case toda a primeira metade, pero os locais remontaron. A reacción final non serviu e se pagaron caras as canastas fáciles erradas, que nos poideron dar tranquilamente o torneo. Arcade impuxo a súa veteranía -ao igual que no partido con Salesianos- para vencer por 32-27.

Nos queda a sensación de que nos faltou "rematar a faena". Sen embargo, o equipo competiu moi ben perante dous grandes rivais de categoría superior, demostrando que de seguir así, podemos chegar moi moi lonxe.


Publicado por cbcaselas @ 11:17  | TORNEOS E ACTOS