Martes, 27 de diciembre de 2011

A Concellería de Deportes de Salceda de Caselas organiza a "I SAN SILVESTRE" este venres 30 de nadal as 21 horas con saída na Praza do Concello e cun circuíto urbano de preto de 2 quilómetros.
A inscrición é gratuíta e haberá un agasallo para as 150 primeiras inscricións. Ademáis ao remate, bocata, auga e chocolate para [email protected]. Para participar é necesario anotarse na Casa da Cultura, Concellería de Deportes ou nos correos [email protected] ou [email protected]
O C.B.Caselas participará con moitos deportitas que xa anunciaron a súa presenza.


Publicado por cbcaselas @ 14:11  | TORNEOS E ACTOS
Viernes, 23 de diciembre de 2011

QUE O ANO NOVO VEÑA CHEIÑO DE ÉXITOS
Para os que formamos esta humilde familia....

BÓ NADAL !!

PARAN AS LIGAS, CONTINÚAN OS ENTRENOS
As ligas onde participan os nosos equipos paran ata o fin de semana do 14-15 de xaneiro.
Os entrenos continúan con normalidade os días de costume. Os xoves 29 de nadal e 5 de xaneiro non hai entrenos.

PARTIDO DE PAIS E NAIS
O luns 26 de nadal ás 19:45 horas no Pavillón de Salceda, organizaremos o tradicional partido para vós, pais e nais dos xogadores. Só fai falla ilusión e gañas de pasar un bó rato. Animádevos !!!

MERENDA DE NADAL
Outro ano máis, a Directiva do C.B.Caselas organizará unha merenda de nadal para todos os xogadores/as. Pretendemos que sexa un acto de convivencia e unión dos nosos deportistas.
Será o xoves 29 de nadal no Centro Social A Devesa nestes horarios (ese día non hai entrenos):
-- Todas as categorías base:  ás 18:30h.
-- Senior Masculino:  ás 21:00h.

RECOÑECEMENTO AO SENIOR MASCULINO E INFANTIL FEMININO
É de recoñecer a gran campaña que están a facer estes dous equipos entrenados por Carlos, que se proclamaron campeóns da primeira volta das súas ligas (campións de inverno), deixando o baloncesto deste pequeno pobo nun lugar destacado. Aínda queda moito camiño por percorrer, pero o feito, ahí está. Adiante !!!


Publicado por cbcaselas @ 22:06
Martes, 20 de diciembre de 2011

C.B.CASELAS (52):
Pedro (6), Igor (9), Yanko (21), César (7) e Óscar (5). QUINTETO.
Pablo (2), Joni (0), Rober (0) e Rubén Rdguez (2).

Parciais:
10-24 / 9-13 / 5-11 / 15-4.
Incidencias:
Derradeira xornada da primeira volta disputada no Pavillón do Colexio de Panxón. Varios afecionados de Salceda. Baixas de Iago e Rubén Alonso. Con esta victoria, o Caselas queda campión de inverno desta 4ªDivisión grupo E con oito victorias noutros tantos partidos.


O Caselas sentenciu pronto un encontro a priori difícil perante o terceiro clasificado. Os de Carlos Kustrin dominaron os tres primeiros cuartos, aínda que o encontro baixou de calidade a medida que transcurría. No descanso o 19-37 non deixaba dúbidas da nosa superioridade. No cuarto final, saímos un pouco descentrados e pouco metidos no xogo, propiciando o acercamento dos de Nigrán ata eses 13 puntos finais de diferenza.
A competición párase ata o 14 de xaneiro, visitando a outro candidato ao ascenso como o S.José La Guía. Ademáis o 7 de xaneiro, o Caselas foi invitado ao "Torneo Concello de Soutomaior", onde xogará co anfitrión Arcade e o Salesianos de Vigo. 

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Airexa Nigrán 39 Caselas 52
S.Lorenzo Salvaterra 56 Lunic 49
Rodaballo 77 Salesianos Aut.55
Baiona 71 La Guía 56
Descansou Ponteareas.

AS INFANTILES TAMÉN LÍDERES
Os éxitos do clube non só rematan no Senior. As rapazas do Infantil tamén se colocan líderes ao remate da primeira volta da liga logo de vencer en Vigo ao Enseñanza por 20-66. Cun balance de 5 victorias e 1 derrota, as infantiles de Carlos empatan co segundo -Los Sauces- o que superan o gañarlle no enfrontamento entre ambos. Noraboa!!
Outro equipo que tamén remata o ano sen coñecer a derrota, é o Alevín Masculino de Serafín. O sábado desfixéronse do Colexio Mariano por 53-16.
No resto da xornada para a base, dúas derrotas. O Alevín Feminino perdía en Salceda co Maristas Celta por un claro 11-61. O Infantil Masculino caía en Vigo co líder Maristas "A" por 103-47.


Publicado por cbcaselas @ 20:22  | CRONICAS
Jueves, 15 de diciembre de 2011
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

AIREXA NIGRÁN -
CASELAS

Pavillón do Colexio de
Panxón
Domingo 18 19:00
Infantil
Masculino

MARISTAS "A" -
CASELAS

Colexio Maristas (Vigo)

Sábado 17 16:00
saída 14:45
Infantil
Feminino

ENSEÑANZA -
CASELAS

Colexio Compañía Mª
(Vigo)

Sábado 17 16:00
saída 14:45
Alevín
Masculino

CASELAS -
COLEX.MARIANO

Pavillón de Salceda Sábado 17 12:00
Alevín
Feminino

CASELAS -
MARISTAS CELTA

Pavillón de Salceda Sábado 17

10:00


Publicado por cbcaselas @ 11:01
Martes, 13 de diciembre de 2011

C.B.CASELAS (68):
Pedro (16), Igor (10), Yanko (19), Rubén Rdguez (10) e Óscar (10). QUINTETO.
Pablo e César (3).

Parciais:
15-18 / 17-10 / 11-10 / 25-10.
Incidencias:
Tarde de domingo no Pavillón de Salceda. Pouco público, sobre 40 persoas. 


Case sen querer, e pouco a pouco tras un comezo frouxo, o Caselas rematou por vencer con claridade a un rival peleón que nos aguantou ata o terceiro cuarto: 43-38.
O encontro foi intenso, precipitado en ocasións, pero cos nosos levando o dominio. O derradeiro cuarto foi un recital salcedense, pletóricos no tiro (catro triplas: dúas de Rubén e dúas de Pedro) e cun xogo fluído e do agrado do espectador.
Na vindeira xornada rematamos a primeira volta da liga e o ano desprazándonos a difícil cancha de Nigrán.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 68 Baiona 48
La Guía 55 Rodaballo 57
Salesianos Aut.49 Lunic 53
S.Lorenzo Salvaterra 42 Sestelo Ponteareas 20
Descansou Airexa Nigrán.

CATEGORÍAS BASE
Gran victoria das rapazas infantiles que seguen demostrando a súa melloría: Caselas 55 Apóstol Santiago 17.
Os rapaces do Infantil loitaron ata o final, logrando poñerse con 2 puntos de ventaxa a dous minutos do final, pero caeron derrotados: Caselas 64 Colexio Mariano 68.


Publicado por cbcaselas @ 22:45  | CRONICAS
Jueves, 08 de diciembre de 2011
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
BAIONA

Pavillón de Salceda Domingo 11 17:00
Infantil
Masculino

CASELAS -
COLEX.MARIANO

Pavillón de Salceda

Sábado 10 10:00
Infantil
Feminino

CASELAS -
APÓSTOL STGO.

Pavillón de Parderrubias

Domingo 11 12:00
Alevín
Masculino

Descanso

-- -- --
Alevín
Feminino

Descanso

-- --

--


Publicado por cbcaselas @ 13:15
Martes, 06 de diciembre de 2011

Co fin de que sigades estando informados, actualizamos a web:
-- Na sección "EQUIPOS", tendes as fotos dos equipos 2011-2012 co nome dos seus compoñentes.
-- Na sección "VÍDEOS", tendes o vídeo do acto de presentación, ofrecido polo noso colaborador Xan Penabella.


Publicado por cbcaselas @ 0:55

Infantil Masculino: COMPAÑÍA DE MARÍA 47 CASELAS 60
EDM.Salceda/CB.Caselas (60):
Alex (6), Carlos (10), Bruno (25), Miguel (8) e Adrián Alonso (6). QUINTETO. David (2), Rubén (3) e Adrián Angulo (0).
Bó partido dos rapaces de Carlos Kustrin en Vigo, que dominaron sempre no marcador con amplas ventaxas perante un Compañía moi novo e loitador, que recortou as diferanzas no cuarto final grazas ao acerto no tiro exterior.

Minibasket: Cara e cruz para o Alevín Masculino e Feminino. Os rapaces de Serafín, líderes de grupo, venceron en Los Sauces por un claro 11-63. As rapazas de Manolo e Natalia perderon en Vigo co Compañía de María por 56-6.


Publicado por cbcaselas @ 0:50
S?bado, 03 de diciembre de 2011