Viernes, 23 de diciembre de 2011

QUE O ANO NOVO VEÑA CHEIÑO DE ÉXITOS
Para os que formamos esta humilde familia....

BÓ NADAL !!

PARAN AS LIGAS, CONTINÚAN OS ENTRENOS
As ligas onde participan os nosos equipos paran ata o fin de semana do 14-15 de xaneiro.
Os entrenos continúan con normalidade os días de costume. Os xoves 29 de nadal e 5 de xaneiro non hai entrenos.

PARTIDO DE PAIS E NAIS
O luns 26 de nadal ás 19:45 horas no Pavillón de Salceda, organizaremos o tradicional partido para vós, pais e nais dos xogadores. Só fai falla ilusión e gañas de pasar un bó rato. Animádevos !!!

MERENDA DE NADAL
Outro ano máis, a Directiva do C.B.Caselas organizará unha merenda de nadal para todos os xogadores/as. Pretendemos que sexa un acto de convivencia e unión dos nosos deportistas.
Será o xoves 29 de nadal no Centro Social A Devesa nestes horarios (ese día non hai entrenos):
-- Todas as categorías base:  ás 18:30h.
-- Senior Masculino:  ás 21:00h.

RECOÑECEMENTO AO SENIOR MASCULINO E INFANTIL FEMININO
É de recoñecer a gran campaña que están a facer estes dous equipos entrenados por Carlos, que se proclamaron campeóns da primeira volta das súas ligas (campións de inverno), deixando o baloncesto deste pequeno pobo nun lugar destacado. Aínda queda moito camiño por percorrer, pero o feito, ahí está. Adiante !!!


Publicado por cbcaselas @ 22:06