Martes, 20 de diciembre de 2011

C.B.CASELAS (52):
Pedro (6), Igor (9), Yanko (21), César (7) e Óscar (5). QUINTETO.
Pablo (2), Joni (0), Rober (0) e Rubén Rdguez (2).

Parciais:
10-24 / 9-13 / 5-11 / 15-4.
Incidencias:
Derradeira xornada da primeira volta disputada no Pavillón do Colexio de Panxón. Varios afecionados de Salceda. Baixas de Iago e Rubén Alonso. Con esta victoria, o Caselas queda campión de inverno desta 4ªDivisión grupo E con oito victorias noutros tantos partidos.


O Caselas sentenciu pronto un encontro a priori difícil perante o terceiro clasificado. Os de Carlos Kustrin dominaron os tres primeiros cuartos, aínda que o encontro baixou de calidade a medida que transcurría. No descanso o 19-37 non deixaba dúbidas da nosa superioridade. No cuarto final, saímos un pouco descentrados e pouco metidos no xogo, propiciando o acercamento dos de Nigrán ata eses 13 puntos finais de diferenza.
A competición párase ata o 14 de xaneiro, visitando a outro candidato ao ascenso como o S.José La Guía. Ademáis o 7 de xaneiro, o Caselas foi invitado ao "Torneo Concello de Soutomaior", onde xogará co anfitrión Arcade e o Salesianos de Vigo. 

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Airexa Nigrán 39 Caselas 52
S.Lorenzo Salvaterra 56 Lunic 49
Rodaballo 77 Salesianos Aut.55
Baiona 71 La Guía 56
Descansou Ponteareas.

AS INFANTILES TAMÉN LÍDERES
Os éxitos do clube non só rematan no Senior. As rapazas do Infantil tamén se colocan líderes ao remate da primeira volta da liga logo de vencer en Vigo ao Enseñanza por 20-66. Cun balance de 5 victorias e 1 derrota, as infantiles de Carlos empatan co segundo -Los Sauces- o que superan o gañarlle no enfrontamento entre ambos. Noraboa!!
Outro equipo que tamén remata o ano sen coñecer a derrota, é o Alevín Masculino de Serafín. O sábado desfixéronse do Colexio Mariano por 53-16.
No resto da xornada para a base, dúas derrotas. O Alevín Feminino perdía en Salceda co Maristas Celta por un claro 11-61. O Infantil Masculino caía en Vigo co líder Maristas "A" por 103-47.


Publicado por cbcaselas @ 20:22  | CRONICAS