Martes, 13 de diciembre de 2011

C.B.CASELAS (68):
Pedro (16), Igor (10), Yanko (19), Rubén Rdguez (10) e Óscar (10). QUINTETO.
Pablo e César (3).

Parciais:
15-18 / 17-10 / 11-10 / 25-10.
Incidencias:
Tarde de domingo no Pavillón de Salceda. Pouco público, sobre 40 persoas. 


Case sen querer, e pouco a pouco tras un comezo frouxo, o Caselas rematou por vencer con claridade a un rival peleón que nos aguantou ata o terceiro cuarto: 43-38.
O encontro foi intenso, precipitado en ocasións, pero cos nosos levando o dominio. O derradeiro cuarto foi un recital salcedense, pletóricos no tiro (catro triplas: dúas de Rubén e dúas de Pedro) e cun xogo fluído e do agrado do espectador.
Na vindeira xornada rematamos a primeira volta da liga e o ano desprazándonos a difícil cancha de Nigrán.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 68 Baiona 48
La Guía 55 Rodaballo 57
Salesianos Aut.49 Lunic 53
S.Lorenzo Salvaterra 42 Sestelo Ponteareas 20
Descansou Airexa Nigrán.

CATEGORÍAS BASE
Gran victoria das rapazas infantiles que seguen demostrando a súa melloría: Caselas 55 Apóstol Santiago 17.
Os rapaces do Infantil loitaron ata o final, logrando poñerse con 2 puntos de ventaxa a dous minutos do final, pero caeron derrotados: Caselas 64 Colexio Mariano 68.


Publicado por cbcaselas @ 22:45  | CRONICAS