Mi?rcoles, 30 de noviembre de 2011

Nestes vindeiros dous fins de semana de ponte da constitución -para algúns-, haberá algunha xornada de parón de liga para os nosos equipos. Estade atentos.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

Parón de liga -- -- --
Infantil
Masculino

COMPAÑÍA MARÍA -
CASELAS

Colex.Compañía María
(Vigo)

Sábado 3 12:00
saída 10:30
Infantil
Feminino

Parón de liga

--

-- --
Alevín
Masculino

LOS SAUCES -
CASELAS

Colexio Los Sauces
(no CUVI)
Sábado 3 11:00
saída 9:30
Alevín
Feminino

COMPAÑÍA MARÍA -
CASELAS

Colex.Compañía María
(Vigo)
Sábado 3

10:00
saída 8:45


Publicado por cbcaselas @ 22:39
Lunes, 28 de noviembre de 2011


As rapazas do Alevín Feminino do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda.

Nesta fin de semana descansaron os Senior e os Alevíns Masculinos, pero houbo tres partidos da nosa base.
Acadouse unha victoria e dúas derrotas, pero coas sensacións de competir e loitar ata o final neses tres encontros.
En Infantil Feminino o Caselas gañou en Nigrán ao Airexa por 30-45. As de Carlos poideron gañar de moito máis de non ser polo pouco acerto no tiro. O equipo está nos postos altos da clasificación.
En Infantil Masculino derrota no derbi en Salceda co C.B.Tui "B" por un xusto 52-57. Os nosos perdían a falla dun minuto por 52-53, errando os tiros decisivos.
En Alevín Feminino bó partido das rapazas de Manolo e Natalia en Coia. Perderon co Seis do Nadal "B" por 45-32, deixando mostras de melloría.

Resultados 4ªDivisión Senior:
Airexa Nigrán 48 S.Lorenzo Salvaterra 36
Sestelo Ponteareas 48 Salesianos 67
Lunic-S.J.La Guía
Rodaballo 84 Baiona 75
Descansou o C.B.Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 22:43
Mi?rcoles, 23 de noviembre de 2011

Vos recordamos a todos que está a venda a Lotería de Nadal do Club Baloncesto Caselas. Continuamos a xogar 5 euros sen recargo do número que coincide coa data da nosa fundación: 18990 (o clube fundouse o 18-9-90).   SORTE!!!


Publicado por cbcaselas @ 20:53
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

Descanso -- -- --
Infantil
Masculino

CASELAS -
TUI "B"

Pavillón de Salceda

Sábado 26 16:00
Infantil
Feminino

AIREXA NIGRÁN -
CASELAS

Pavillón do Colexio
de Panxón (Nigrán)

Sábado 26 12:00
saída 10:30
Alevín
Masculino

Descanso

-- -- --
Alevín
Feminino

SEIS NADAL "B" -
CASELAS

Colex. Seis do Nadal
Coia (Vigo)
Domingo 27

10:00
saída 9:00


Publicado por cbcaselas @ 20:46
Lunes, 21 de noviembre de 2011

C.B.CASELAS (69):
Pedro (18), Igor (14), Yanko (19), Rubén Alonso (0) e Óscar (7). QUINTETO.
Pablo (4), César (4), Rubén Rguez (3), Joni, Rober e Iago.

Parciais:
15-16 / 13-9 / 11-24 / 25-20.
Incidencias:
Pavillón de Pista Vermella, en Vigo, cancha onde había moitos anos que o Caselas non xogaba. Horario pouco habitual: domingo, 10 da mañá.


PARTIDAZO! Sentoulle ben o madrugón aos nosos. As 9:30 xa estaban os 11 xogadores quentando sobre a pista, conscientes do que nos xogabamos nesta xornada perante un equipo histórico e curtido en mil batallas coma o Rodaballo. E o partido non defraudou a nadie.
Poucos puntos na primeira metade. Nos costaba atacar a zona local, non estabamos moi atinados no tiro, pero o equipo tiña actitude e gañas. e enseguida contrarestou os 10 puntos alcanzados polos vigueses. Ao descanso 28-25.
Na segunda metade chegou o mellor. Os de Salceda empatan a 32 no minuto 25. Dous minutos máis tarde, co Caselas lanzado e o encontro igualado, tal vez a xogada que marcou o noso despegue, o sinalar os árbitros unha falta antideportiva a un xogador local logo dun lance en ataque co noso aleiro Igor. Precisamente foi Igor o que se botou o equipo ás costas con 7 puntos case consecutivos que nos"disparan" a un 39-50 a principios do derradeiro cuarto.
A partir de aquí os dous equipos xogaron un gran baloncesto, con intercambio de canastas e a xusta victoria final do Caselas a pesar de dúas triplas finais do Rodaballo.
Con este triunfo, nos quedamos líderes en solitario. Detrás nosa, tres equipos con só unha derrota: Rodaballo, Baiona e La Guía. Na vindeira xornada, descansamos.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Rodaballo 64 Caselas 69
Baiona 71 Lunic 60
S.José La Guía 76 Sestelo Ponteareas 41
Salesianos 45 Airexa Nigrán 62
Descansou S.Lorenzo Salvaterra.

CATEGORÍAS BASE


Imaxe do Caselas-Escultor Acuña de Alevín Masculino xogado este sábado en Parderrubias.

Comezou a liga con cara e cruz para o Alevín Masculino e Feminino. Os rapaces de Serafín gañaron en Parderrubias (Salceda) ao Escultor Acuña de Vigo por 54-3.
As rapazas de Manolo e Natalia caeron en Salceda perante un Celta moi superior físicamente por 6-57.
Os dous equipos Infantiles descansaron.


Publicado por cbcaselas @ 23:32  | CRONICAS
Mi?rcoles, 16 de noviembre de 2011

Comeza a liga para os máis pequenos do clube, os Alevíns. Debutan en casa, as nenas co Celta de Vigo e os nenos -en Parderrubias- co Escultor Acuña de Vigo. Este partido debería xogarse en Vigo pero foi cambiado de orde. Os calendarios completos están na web na sección "COMPETICIÓN".
Madrugón para os senior o domingo no duelo de invictos da 4ªdivisión. 

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

RODABALLO -
CASELAS
Pavillón Pista Vermella
(detrás das Travesas- Vigo)
Domingo 20 10:00
Infantil
Masculino

COMPAÑÍA DE MARÍA -
CASELAS

Aprazado a petición do
Compañía María.

-- --
Infantil
Feminino

Descanso

-- -- --
Alevín
Masculino

CASELAS -
COLEX.ESCULTOR ACUÑA

Pavillón IES.de Parderrubias Sábado 19 16:00
Alevín
Feminino

CASELAS -
LA ACADEMIA CELTA

Pavillón de Salceda Sábado 19

12:00


Publicado por cbcaselas @ 21:38
Lunes, 14 de noviembre de 2011



Desfile, música, baile, compañeirismo, bó ambiente e BALONCESTO, foron os ingredientes para vivir a festa de presentación en sociedade do C.B.Caselas e as E.D.M.Salceda. Rodeados de preto de 300 persoas que case encheron a grada lateral, o noso gran colaborador Suso foi presentando a todos os "traballadores" deste deporte no concello. Mención especial para dous ausentes: o entrenador do Alevín Masculino Serafín, que non poido estar polo falecemento o sábado da súa sogra; e o noso xogador Benxamín Elian, ingresado no hospital tras un accidente de tráfico. Moita sorte a ambos.
Logo os gritos, fotos, baile e o derbi gañado polo Caselas (tedes información máis abaixo).
Asistiron a totalidade da directiva do C.B.Caselas e Escolas Deportivas Municipais, personalidades municipais encabezadas polo alcalde Marcos Besada, os patrocinadores e demáis colaboradores do baloncesto salcedense.
Dende o clube agradecemos a implicación e apoio de toda a nosa masa social.


Momento do desfile cos alevíns en primeiro plano.

Todos firmamos unha camiseta en sinal de apoio ao xogador benxamín Elian, ingresado tras un accidente de tráfico.

Os presentes foron desfilando pola cancha.

1, 2, 3.....CA-SE-LAS!!!!!!!!!!!!!!!!

Outro momento do desfile coa directiva e personalidades e o equipo senior ao fondo.

O grupo de baile Dinamik Dance amenizou a festa.


Publicado por cbcaselas @ 23:18  | TORNEOS E ACTOS

C.B.CASELAS (63):
Pedro (13), Igor (6), Yanko (25), Rubén Alonso (2) e Óscar (8). QUINTETO.
Pablo (1), Joni (2), Rober (0), Iago (0), César (0) e Rubén Rguez (6).

Parciais:
26-7 / 14-3 / 10-15 / 13-8.
Incidencias:
Partido celebrado a continuación do acto de presentación do C.B.Caselas 11-12, o que fixo que se creara unha excelente entrada e ambiente, con preto de 200 espectadores nunha tarde chuviosa de domingo. Varias personalidades municipais na bancada. O noso pivot Rober tivo que retirarse cara o final cun golpe nun ollo. Primeiro enfrontamento oficial da historia entre os equipos de Salceda e Salvaterra, xa que éstes compiten na liga dende a temporada pasada.


O derbi comarcal tivo dúas metades totalmente opostas. Nos primeiros vinte minutos, o Caselas -con máis ambición e empuxe-, dominou por completo, cunha gran defensa que deixou sen ideas aos do Condado. Así, como nos teñen acostumados, os nosos íbanse 26-7 no primeiro cuarto, deixando aos visitantes en 3 puntos no segundo cuarto: 14-3 para chegar ao descanso co partido case sentenciado: 40-10.
Nos segundos vinte minutos o San Lorenzo apretou cunha defensa zonal. Os de Carlos Kustrin estiveron pouco acertados no tiro e as individualidades dos xogadores non funcionaron moi ben. O partido transcurriu con moitas imprecisións e un intercambio de canastas nas que nos vimos favorecidos.
A pesares de todo, o Caselas foi superior e así o soubo recoñecer o gran público que os despediu cunha ovación.
Na vindeira xornada, xogamos o liderato en Vigo co outro equipo invicto da liga, o Rodaballo, que ten un partido menos por descanso.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 63 S.Lorenzo Salvaterra 33
Airexa Nigrán 31 La Guía 49
Sestelo Ponteareas 54 Baiona 59
Lunic 51 Rodaballo 63
Descansou o Salesianos.

NOVA ALEGRÍA DOS EQUIPOS INFANTILES
O sábado pola mañá xogaron en Salceda os dous equipos de infantiles, que voltaron a dar unha nova alegría a nosa parroquia.
O Feminino derrotou ao líder invicto Seis do Nadal "B" por 55-46 logo dunha grande remontada (perdían 20-28 ao descanso).
O Masculino venceu ao Baiona por 53-41, levando sempre o mando no marcador.


Publicado por cbcaselas @ 22:44  | CRONICAS
Mi?rcoles, 09 de noviembre de 2011

Este domingo 13 de novembro as 5 da tarde, celebramos a festa de presentación do baloncesto de Salceda. As 7 o derbi Caselas-Salvaterra. Estades todos invitados. Pasádevos a voz!!!!


CATEGORÍAS BASE:

Infantil Feminino:  CASELAS - SEIS DO NADAL COIA "B"
Sábado 12 / 10:00 horas / Pavillón de Salceda.

Infantil Masculino:  CASELAS - BAIONA
Sábado 12 / 12:00 horas / Pavillón de Salceda.

GRAN SORTEO DUN XAMÓN E OUTROS REGALOS:

O domingo, no descanso do partido Senior teremos un sorteo de regalos de axuda ao clube, con un xamón (doado por Bodeguilla Z-9), dous MP3 (Blu-Sens) e dúas roscas (Panadería Pedramoura).
As rifas pódense adquirir durante a xornada por un euro.


Publicado por cbcaselas @ 20:08  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 07 de noviembre de 2011


O noso xogador Igor entra forzado a canasta perante as torres locais.

C.B.CASELAS (69):
Pedro (27), Igor (2), Yanko (19), Rubén Alonso (1) e Óscar (14). QUINTETO.
Pablo (2), Joni (0), Rober (1), Iago (0), César (3) e Rubén Rguez (0).

Parciais:
16-23 / 9-13 / 8-10 / 9-23.
Incidencias:
Pouco público no Pavillón vigués do Berbés.


Nos atopabamos en Vigo cun equipo moi alto, con un par de xogadores de preto de dous metros e varios con boas individualidades.
O Caselas sen embargo foi o gran dominador do partido, levando o mando no marcador e no parquet da man dun excelente base como é Pedro, que acabou por romper aos locais con tres triplas finais prodixiosas.
O Lunic nos plantou cara no terceiro cuarto, cunha defensa zonal que nos costou atacar e nos deixou en 10 puntos.
Pero o mellor estaba por chegar. No periodo final os de Salceda foron un auténtico vendaval, participando todos os xogadores do espectáculo ata chegar a eses 27 puntos de diferenza.
Na vindeira xornada, gran derbi en Salceda co San Lorenzo de Salvaterra. Será o domingo 13 as 19 horas. Antes, as 17 horas, o acto oficial de presentación de todos os equipos do C.B.Caselas e E.D.M.Salceda.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Lunic 42 Caselas 69
Rodaballo 63 Ponteareas 41
Baiona 65 Airexa Nigrán 60
Salesianos Autoc.52 S.Lorenzo Salvaterra 49
Descansou o S.J.La Guía.

EXCELENTE XORNADA NAS CATEGORÍAS BASE
Magníficas victorias a domicilio dos equipos Infantil Masculino e Feminino.
Os rapaces venceron ao Seis do Nadal "B" de Coia por 34-96.
C.B.CASELAS/E.D.M.SALCEDA (96):  Alex (13), Carlos (18), Bruno (26), Jose (9) e Miguel (14). QUINTETO. David (4), Adrián Alonso (10), Adrián Angulo, Rubén e Javier (2).
Pola súa parte, as rapazas gañaron a Los Sauces por 49-84.
C.B.CASELAS/E.D.M.SALCEDA (84):  Blanca (31), Iria (2), Noelia (24), Laura (16) e Carla (9). QUINTETO. Marta e Fabiola (2).


Publicado por cbcaselas @ 23:13  | CRONICAS
S?bado, 05 de noviembre de 2011


CHOCOLATES ANTOXO, situada en Arantei (Salvaterra de Miño), pertencente ao GRUPO DO NOSO, únese a lista de copatrocinadores do C.B.Caselas.
A marca patrocinará ao noso equipo ALEVÍN MASCULINO.
Dende a directiva, agradecémoslle a súa colaboración e aportación ao deporte da canasta en Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 21:33
Mi?rcoles, 02 de noviembre de 2011
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

LUNIC -
CASELAS
Pavillón do Berbés
(Vigo)
Sábado 5 16:00
Infantil
Masculino

SEIS DO NADAL B -
CASELAS

Colexio Seis do Nadal
(Coia-Vigo)

Domingo 6 12:00
saída 10:30
Infantil
Feminino

LOS SAUCES -
CASELAS

Colexio Los Sauces
(CUVI-Vigo)
Sábado 5 12:00
saída 10:45

Publicado por cbcaselas @ 22:02
Martes, 01 de noviembre de 2011

C.B.CASELAS (67):
Pedro (13), Igor (6), Rober (1), Rubén Alonso (2) e Óscar (6). QUINTETO.
Pablo (6), Joni (0), Yanko (15), Iago (2), César (11) e Rubén Rguez (5).

Parciais:
16-16 / 24-9 / 17-7 / 10-13.
Incidencias:
Pouco pero animoso público no Pavillón de Salceda. Sobre catro decenas de afecionados.


O partido presentábase difícil co 0-7 a favor dos visitantes nos primeiros minutos. O Salesianos, onde xoga o noso ex-compañeiro David Alvarez, é un equipo alto e rocoso, con calidade e banquillo. Pero non foron capaces de parar o vendaval do Caselas no segundo periodo (24-9 de parcial) comandados por Yanko, e no terceiro periodo (17-7), para romper por completo un encontro duro, con moitas faltas personais e xogado con gran deportividade.
Gran aportación de todo un equipo, dos seus 11 xogadores e dun entrenador que como ben dice "aún queda mucho camino por recorrer".
Na vindeira xornada iremos a Vigo para enfrontarnos ao C.B.Lunic.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 67 Salesianos Autocelta 45
S.Lorenzo Salvaterra 48 S.José La Guía 51
Airexa Nigrán 51 Rodaballo 63
Ponteareas 39 Lunic 50

PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB BALONCESTO CASELAS
Adiantamos que o vindeiro domingo 13 de novembro a partir das 5 da tarde, terá lugar no Pavillón de Deportes de Salceda a presentación dos equipos do C.B.Caselas e E.D.M. de Baloncesto de Salceda. As 7 da tarde o derbi senior Caselas-S.Lorenzo Salvaterra. Teredes cumplida información.


Publicado por cbcaselas @ 0:00  | CRONICAS