Lunes, 21 de noviembre de 2011

C.B.CASELAS (69):
Pedro (18), Igor (14), Yanko (19), Rubén Alonso (0) e Óscar (7). QUINTETO.
Pablo (4), César (4), Rubén Rguez (3), Joni, Rober e Iago.

Parciais:
15-16 / 13-9 / 11-24 / 25-20.
Incidencias:
Pavillón de Pista Vermella, en Vigo, cancha onde había moitos anos que o Caselas non xogaba. Horario pouco habitual: domingo, 10 da mañá.


PARTIDAZO! Sentoulle ben o madrugón aos nosos. As 9:30 xa estaban os 11 xogadores quentando sobre a pista, conscientes do que nos xogabamos nesta xornada perante un equipo histórico e curtido en mil batallas coma o Rodaballo. E o partido non defraudou a nadie.
Poucos puntos na primeira metade. Nos costaba atacar a zona local, non estabamos moi atinados no tiro, pero o equipo tiña actitude e gañas. e enseguida contrarestou os 10 puntos alcanzados polos vigueses. Ao descanso 28-25.
Na segunda metade chegou o mellor. Os de Salceda empatan a 32 no minuto 25. Dous minutos máis tarde, co Caselas lanzado e o encontro igualado, tal vez a xogada que marcou o noso despegue, o sinalar os árbitros unha falta antideportiva a un xogador local logo dun lance en ataque co noso aleiro Igor. Precisamente foi Igor o que se botou o equipo ás costas con 7 puntos case consecutivos que nos"disparan" a un 39-50 a principios do derradeiro cuarto.
A partir de aquí os dous equipos xogaron un gran baloncesto, con intercambio de canastas e a xusta victoria final do Caselas a pesar de dúas triplas finais do Rodaballo.
Con este triunfo, nos quedamos líderes en solitario. Detrás nosa, tres equipos con só unha derrota: Rodaballo, Baiona e La Guía. Na vindeira xornada, descansamos.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Rodaballo 64 Caselas 69
Baiona 71 Lunic 60
S.José La Guía 76 Sestelo Ponteareas 41
Salesianos 45 Airexa Nigrán 62
Descansou S.Lorenzo Salvaterra.

CATEGORÍAS BASE


Imaxe do Caselas-Escultor Acuña de Alevín Masculino xogado este sábado en Parderrubias.

Comezou a liga con cara e cruz para o Alevín Masculino e Feminino. Os rapaces de Serafín gañaron en Parderrubias (Salceda) ao Escultor Acuña de Vigo por 54-3.
As rapazas de Manolo e Natalia caeron en Salceda perante un Celta moi superior físicamente por 6-57.
Os dous equipos Infantiles descansaron.


Publicado por cbcaselas @ 23:32  | CRONICAS