Lunes, 14 de noviembre de 2011



Desfile, música, baile, compañeirismo, bó ambiente e BALONCESTO, foron os ingredientes para vivir a festa de presentación en sociedade do C.B.Caselas e as E.D.M.Salceda. Rodeados de preto de 300 persoas que case encheron a grada lateral, o noso gran colaborador Suso foi presentando a todos os "traballadores" deste deporte no concello. Mención especial para dous ausentes: o entrenador do Alevín Masculino Serafín, que non poido estar polo falecemento o sábado da súa sogra; e o noso xogador Benxamín Elian, ingresado no hospital tras un accidente de tráfico. Moita sorte a ambos.
Logo os gritos, fotos, baile e o derbi gañado polo Caselas (tedes información máis abaixo).
Asistiron a totalidade da directiva do C.B.Caselas e Escolas Deportivas Municipais, personalidades municipais encabezadas polo alcalde Marcos Besada, os patrocinadores e demáis colaboradores do baloncesto salcedense.
Dende o clube agradecemos a implicación e apoio de toda a nosa masa social.


Momento do desfile cos alevíns en primeiro plano.

Todos firmamos unha camiseta en sinal de apoio ao xogador benxamín Elian, ingresado tras un accidente de tráfico.

Os presentes foron desfilando pola cancha.

1, 2, 3.....CA-SE-LAS!!!!!!!!!!!!!!!!

Outro momento do desfile coa directiva e personalidades e o equipo senior ao fondo.

O grupo de baile Dinamik Dance amenizou a festa.


Publicado por cbcaselas @ 23:18  | TORNEOS E ACTOS