Lunes, 14 de noviembre de 2011

C.B.CASELAS (63):
Pedro (13), Igor (6), Yanko (25), Rubén Alonso (2) e Óscar (8). QUINTETO.
Pablo (1), Joni (2), Rober (0), Iago (0), César (0) e Rubén Rguez (6).

Parciais:
26-7 / 14-3 / 10-15 / 13-8.
Incidencias:
Partido celebrado a continuación do acto de presentación do C.B.Caselas 11-12, o que fixo que se creara unha excelente entrada e ambiente, con preto de 200 espectadores nunha tarde chuviosa de domingo. Varias personalidades municipais na bancada. O noso pivot Rober tivo que retirarse cara o final cun golpe nun ollo. Primeiro enfrontamento oficial da historia entre os equipos de Salceda e Salvaterra, xa que éstes compiten na liga dende a temporada pasada.


O derbi comarcal tivo dúas metades totalmente opostas. Nos primeiros vinte minutos, o Caselas -con máis ambición e empuxe-, dominou por completo, cunha gran defensa que deixou sen ideas aos do Condado. Así, como nos teñen acostumados, os nosos íbanse 26-7 no primeiro cuarto, deixando aos visitantes en 3 puntos no segundo cuarto: 14-3 para chegar ao descanso co partido case sentenciado: 40-10.
Nos segundos vinte minutos o San Lorenzo apretou cunha defensa zonal. Os de Carlos Kustrin estiveron pouco acertados no tiro e as individualidades dos xogadores non funcionaron moi ben. O partido transcurriu con moitas imprecisións e un intercambio de canastas nas que nos vimos favorecidos.
A pesares de todo, o Caselas foi superior e así o soubo recoñecer o gran público que os despediu cunha ovación.
Na vindeira xornada, xogamos o liderato en Vigo co outro equipo invicto da liga, o Rodaballo, que ten un partido menos por descanso.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 63 S.Lorenzo Salvaterra 33
Airexa Nigrán 31 La Guía 49
Sestelo Ponteareas 54 Baiona 59
Lunic 51 Rodaballo 63
Descansou o Salesianos.

NOVA ALEGRÍA DOS EQUIPOS INFANTILES
O sábado pola mañá xogaron en Salceda os dous equipos de infantiles, que voltaron a dar unha nova alegría a nosa parroquia.
O Feminino derrotou ao líder invicto Seis do Nadal "B" por 55-46 logo dunha grande remontada (perdían 20-28 ao descanso).
O Masculino venceu ao Baiona por 53-41, levando sempre o mando no marcador.


Publicado por cbcaselas @ 22:44  | CRONICAS