Lunes, 07 de noviembre de 2011


O noso xogador Igor entra forzado a canasta perante as torres locais.

C.B.CASELAS (69):
Pedro (27), Igor (2), Yanko (19), Rubén Alonso (1) e Óscar (14). QUINTETO.
Pablo (2), Joni (0), Rober (1), Iago (0), César (3) e Rubén Rguez (0).

Parciais:
16-23 / 9-13 / 8-10 / 9-23.
Incidencias:
Pouco público no Pavillón vigués do Berbés.


Nos atopabamos en Vigo cun equipo moi alto, con un par de xogadores de preto de dous metros e varios con boas individualidades.
O Caselas sen embargo foi o gran dominador do partido, levando o mando no marcador e no parquet da man dun excelente base como é Pedro, que acabou por romper aos locais con tres triplas finais prodixiosas.
O Lunic nos plantou cara no terceiro cuarto, cunha defensa zonal que nos costou atacar e nos deixou en 10 puntos.
Pero o mellor estaba por chegar. No periodo final os de Salceda foron un auténtico vendaval, participando todos os xogadores do espectáculo ata chegar a eses 27 puntos de diferenza.
Na vindeira xornada, gran derbi en Salceda co San Lorenzo de Salvaterra. Será o domingo 13 as 19 horas. Antes, as 17 horas, o acto oficial de presentación de todos os equipos do C.B.Caselas e E.D.M.Salceda.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Lunic 42 Caselas 69
Rodaballo 63 Ponteareas 41
Baiona 65 Airexa Nigrán 60
Salesianos Autoc.52 S.Lorenzo Salvaterra 49
Descansou o S.J.La Guía.

EXCELENTE XORNADA NAS CATEGORÍAS BASE
Magníficas victorias a domicilio dos equipos Infantil Masculino e Feminino.
Os rapaces venceron ao Seis do Nadal "B" de Coia por 34-96.
C.B.CASELAS/E.D.M.SALCEDA (96):  Alex (13), Carlos (18), Bruno (26), Jose (9) e Miguel (14). QUINTETO. David (4), Adrián Alonso (10), Adrián Angulo, Rubén e Javier (2).
Pola súa parte, as rapazas gañaron a Los Sauces por 49-84.
C.B.CASELAS/E.D.M.SALCEDA (84):  Blanca (31), Iria (2), Noelia (24), Laura (16) e Carla (9). QUINTETO. Marta e Fabiola (2).


Publicado por cbcaselas @ 23:13  | CRONICAS