Martes, 01 de noviembre de 2011

C.B.CASELAS (67):
Pedro (13), Igor (6), Rober (1), Rubén Alonso (2) e Óscar (6). QUINTETO.
Pablo (6), Joni (0), Yanko (15), Iago (2), César (11) e Rubén Rguez (5).

Parciais:
16-16 / 24-9 / 17-7 / 10-13.
Incidencias:
Pouco pero animoso público no Pavillón de Salceda. Sobre catro decenas de afecionados.


O partido presentábase difícil co 0-7 a favor dos visitantes nos primeiros minutos. O Salesianos, onde xoga o noso ex-compañeiro David Alvarez, é un equipo alto e rocoso, con calidade e banquillo. Pero non foron capaces de parar o vendaval do Caselas no segundo periodo (24-9 de parcial) comandados por Yanko, e no terceiro periodo (17-7), para romper por completo un encontro duro, con moitas faltas personais e xogado con gran deportividade.
Gran aportación de todo un equipo, dos seus 11 xogadores e dun entrenador que como ben dice "aún queda mucho camino por recorrer".
Na vindeira xornada iremos a Vigo para enfrontarnos ao C.B.Lunic.

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Caselas 67 Salesianos Autocelta 45
S.Lorenzo Salvaterra 48 S.José La Guía 51
Airexa Nigrán 51 Rodaballo 63
Ponteareas 39 Lunic 50

PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB BALONCESTO CASELAS
Adiantamos que o vindeiro domingo 13 de novembro a partir das 5 da tarde, terá lugar no Pavillón de Deportes de Salceda a presentación dos equipos do C.B.Caselas e E.D.M. de Baloncesto de Salceda. As 7 da tarde o derbi senior Caselas-S.Lorenzo Salvaterra. Teredes cumplida información.


Publicado por cbcaselas @ 0:00  | CRONICAS