Mi?rcoles, 26 de octubre de 2011
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
SALESIANOS AUT. VIGO
Pavillón de Salceda Sábado 29 18:00
Infantil
Masculino
Descanso ---- ---- ---
Infantil
Feminino
Descanso ---- ---- ---

Publicado por cbcaselas @ 17:55

Actualizamos a web con dúas novas seccións que podedes consultar no MENÚ PRINCIPAL: "DESCONTOS" (onde se colgarán os descontos que os locais comerciais ofrecen a xogadores, familiares e socios), e "VÍDEOS".


Publicado por cbcaselas @ 17:51

Descontos para xogadores/as todas as categorías do CLUB BALONCESTO CASELAS:
CENTRO DE FISIOTERAPIA JUAN M.RODRÍGUEZ
Avda. de Galicia 55 -Salceda de Caselas.       Teléfono: 986.349357
- Atención aos nosos xogadores/as por 5€ (categorías base) e 10€ (senior) presentando un parte do clube.
ÉGARO FISIOTERAPIA
Victoriano Pérez Vidal, 46 -Salceda de Caselas.      Teléfono: 633.152823

- Atención aos nosos xogadores/as por 10€ presentando un parte do clube.

 

 

 

 

 

 

Descontos para xogadores senior do CLUB BALONCESTO CASELAS:
XIMNASIO OZONO
Avda. de Galicia 44 -Salceda de Caselas.       Teléfono: 679.925240
- Asistencia dos nosos xogadores senior todos os días que desexen por 10€ mes.

Publicado por cbcaselas @ 17:45
Lunes, 24 de octubre de 2011

C.B.CASELAS (72):
Pedro (12), Igor (17), Rober (3), Rubén Alonso (4) e Óscar (15). QUINTETO.
Joni (11), Iago (0), César (5) e Rubén Rguez (5).

Parciais:
9-21 / 7-21 / 10-17 / 13-13.
Incidencias:
Aceptable entrada de público no Pavillón de Ponteareas para presenciar o primeiro derbi da temporada. Varios afecionados de Salceda.
Non xogaron Pablo, recuperándose da lesión no nocello, e Yanko, por enfermidade. Nos minutos finais lesionouse nun dedo da man Óscar. Desexámoslle moi pronta recuperación.


Partido dominado de principio a fin polos nosos, que fixeron moi pronto os deberes cun parcial de 9-21 e 16-42 ao descanso.
Os de Ponteareas, cun equipo moi novo e totalmente renovado, non foron capaces de atacar a nosa defensa, que roubaba balóns propiciando moitos contrataques.
Destacar a aportación -entre outros- de dous xogadores que pasaron media temporada pasada "en blanco" polas súas latosas lesións: Igor e Joni, que se luciu perante o seu ex-equipo.
Cara ao final do encontro, Carlos Kustrin puxo un quinteto pouco habitual, participando tódolos xogadores da victoria que nos aupa ao liderato.
O vindeiro fin de semana recibimos en Salceda ao Salesianos Autocelta de Vigo. Vos esperamos a todos no pavillón!!!!!!

CATEGORÍAS BASE
Infantil Feminino: CASELAS 38 SALESIANOS 52
Infantil Masculino: CASELAS 28 SALESIANOS 81

4ªDIVISIÓN SENIOR GRUPO E
Condado 39 Caselas 72
Lunic 52 Airexa Nigrán 54
Baiona-S.Lorenzo Salvaterra --
S.J.La Guía 40 Salesianos Autocelta 37
Descansou o Rodaballo.


Publicado por cbcaselas @ 23:56  | CRONICAS
Mi?rcoles, 19 de octubre de 2011
CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CONDADO PONTEAR. -
CASELAS
Pavillón de Ponteareas Sábado 22 16:00
Infantil
Masculino
CASELAS -
SALESIANOS VIGO
Pavillón de Salceda Sábado 22 10:00
Infantil
Feminino
CASELAS -
SALESIANOS VIGO
Pavillón de Salceda Sábado 22 12:00

Publicado por cbcaselas @ 21:17
Lunes, 17 de octubre de 2011

C.B.CASELAS (62):
Pedro (18), Pablo (0), Igor (9), Rubén Alonso (3) e Óscar (11). QUINTETO.
Yanko (17), Rober (2), César (2), Rubén Rguez (0), Joni e Iago.

Parciais:
13-8 / 19-17 / 17-12 / 13-14.
Incidencias:
Sobre seis decenas de afecionados se achegaron ao Pavillón de Salceda a ver o debut do Caselas na 4ªDivisión.
O noso canteirán Pablo Cabaleiro tivo que retirarse no segundo cuarto cun esguince no nocello e non poido reincorporarse ao xogo. Desexámoslle moi pronta recuperación.


Enfrontáronse dous equipos que case de seguro estarán nos postos altos da táboa polo demostrado o sábado na cancha. O partido, a pesar de ser dominado polo Caselas (32-25 ao descanso), non se decidiu ata o final. Os nosos levaron o mando no marcador dende a metade do primeiro cuarto, pero con ventaxas que apenas pasaban os 10 puntos, cun La Guía con homes fortes e con oficio.
Exceptuando os típicos erros de inicio de temporada, o Caselas demostrou ser un equipo máis completo e competitivo, coas rotacións necesarias que faltaban en parte da temporada pasada, e con xogadas bonitas que deixaron convencidos a uns afecionados locais que marcharon satisfeitos.
Na vindeira xornada, derbi en Ponteareas perante o Condado.

CATEGORÍAS BASE
Tamén debutaron na 2ªDivisión Infantil os rapaces de Carlos, que perderon en La Guía co S.José de Praga por 65-31. Aguantaron os nosos ata o descanso (26-15), pero desinfláronse cara o final cun parcial de 22-9. As rapazas infantiles descansaron e debutarán para a semana.

4ªDIVISIÓN SENIOR
Caselas 62 La Guía 51
Salesianos 66 Baiona 65
S.Lorenzo Salvaterra 45 Rodaballo 75
Airexa Nigrán - Condado Ponteareas
Descansou o Lunic.


Publicado por cbcaselas @ 23:26  | CRONICAS
Mi?rcoles, 12 de octubre de 2011

Este sábado 15 de outubro comeza a liga 2011-2012 para o Senior e Infantil Masculino. O Infantil Feminino descansa nesta primeira xornada.
En Salceda temos o partido do Senior. Alí vos esperamos a todos.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
S.JOSÉ DE LA GUÍA
Pavillón de Salceda Sábado 15 18:00
Infantil
Masculino
S.JOSÉ DE PRAGA -
CASELAS
Colexio S.J.de La Guía
(Vigo)
Sábado 15 12:00
saída 10:45
Infantil
Feminino
(Descanso) -- -- --

 


Publicado por cbcaselas @ 22:06
Lunes, 10 de octubre de 2011

 

Nos tempos difíciles que corren, a nova Directiva do C.B.Caselas acadou o apoio necesario dos principais patrocinadores e copatrocinadores da temporada pasada, que apostaron un ano máis polo noso proxecto de loitar polo deporte -neste caso baloncesto- deste concello.

PATROCINADORES:
HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L.,
na Praza do Concello de Salceda de Caselas e tamén con sucursal en Salvaterra, continuará como PATROCINADOR DO EQUIPO SENIOR DO CASELAS. Os seus xerentes, os irmáns Carlos e Paulo Núñez sempre estiveron implicados no deporte.
CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS, dende a súa Concellería de Deportes, será o outro principal PATROCINADOR DE TÓDALAS CATEGORÍAS, así como das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto, que leva deportivamente o noso clube. O Concello estivo implicado connosco dende a nosa fundación.

COPATROCINADORES:
JOYERÍA OTERO,
na Avda. de Galicia, 6, de Salceda de Caselas, tamén repite como COPATROCINADOR DO EQUIPO INFANTIL FEMININO. Agradecer a Delio Otero a súa gran disposición sempre connosco.
OPTIMIL, a tenda óptica situada na Rúa Rafael Tilve, 1, de Salceda de Caselas, tamén repite como copatrocinador, pero esta vez COPATROCINADOR DO EQUIPO ALEVÍN FEMININO. Ademáis ofrecerá grandes descontos a xogadores, familiares e socios do C.B.Caselas, que anunciaremos nunha nova sección. Agradecer a Paula Amorín a súa gran implicación co baloncesto.

Por outro lado, o CENTRO DE FISIOTERAPIA JUAN M.RODRÍGUEZ, seguirá colaborando na recuperación dos nosos xogadores/as, cun parte que facilitamos no clube e 5 euros por sesión. Gracias a Juan por estes anos de atención.

Os patrocinadores estarán nesta web no MENÚ PRINCIPAL >>>> PATROCINADORES.


Publicado por cbcaselas @ 22:44

Ademáis dos senior, tamén saltan a cancha este fin de semana do 15-16 de outubro os equipos das Escolas Deportivas Municipais de Salceda e Club Baloncesto Caselas Infantil Masculino e Feminino, ambos entrenados por Carlos Kustrin.

O Infantil Masculino participa na 2ª División Grupo E, cos seguintes 10 equipos que xogarán unha liga a doble volta:
Caselas, Tui "B", Porriño "C", Maristas Vigo "A", Colexio Mariano, San José de Praga, Salesianos Vigo, Compañía María Vigo, Seis do Nadal "B", e Baiona.
Na primeira xornada xogan en Vigo co San José de Praga, na segunda xornada nos visita en Salceda o Salesianos.

O Infantil Feminino participa igualmente na 2ª División Grupo E, cos seguintes 7 equipos que xogarán unha liga a doble volta:
Caselas, Airexa Nigrán, Salesianos Vigo, Enseñanza de Vigo, Los Sauces, Apóstol de Vigo, e Seis do Nadal "B".
As nosas rapazas descansan na primeira xornada, e reciben a vindeira en Salceda -ao igual que os rapaces- ao Salesianos.

Nos vindeiros días daráselle aos xogadores/as o calendario cos teléfonos e os turnos de desprazamentos.
O calendario completo e clasificacións podedes consultalas semanalmente nesta web no MENÚ PRINCIPAL >>>> COMPETICIÓN >>>> COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS 2011-2012.


Publicado por cbcaselas @ 22:01
Martes, 04 de octubre de 2011

Na sede da Federación Galega de Baloncesto en Santiago procedeuse ao reparto de grupos da 4ª División, onde estará o Caselas.
Creáronse cinco grupos por toda Galicia: A, B, C, D, E.

O noso equipo quedou no Grupo E, cos seguintes equipos:
Caselas, Baiona, S.José La Guía, Salesianos Autocelta de Vigo, S.Lorenzo de Salvaterra, Airexa Nigrán, Condado de Ponteareas, Lunic de Vigo, e Rodaballo de Vigo.

Varios equipos da nosa zona quedaron encuadrados no Grupo D, cos seguintes equipos:
Estudiantes de Pontevedra, Escola Naval de Marín, A Lama, Salesianos B de Vigo, Redondela, Ademar de Vigo, Puerto de Vigo, e Os Seixos de Vigo.

O C.B.CASELAS debutará na primeira xornada en Salceda perante o S.José La Guía de Vigo. Será o sábado 15 outubro. Na segunda xornada, derbi comarcal en Ponteareas co Condado. Na terceira xornada recibimos ao Salesianos Autocelta.

O calendario completo da liga podes consultalo nesta web no Menú Principal>>>>COMPETICIÓN>>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS 2011-2012.
Ahí iranse colgando nas vindeiras datas os calendarios de todos os nosos equipos.


Publicado por cbcaselas @ 23:36
Domingo, 02 de octubre de 2011

O entrenador do primeiro equipo do C.B.Caselas, Carlos Kustrin, deu a coñecer a lista de xogadores para competir na recén creada 4ª División Masculina.
Sete xogadores continúan da campaña anterior, ao que hai que sumar catro fichaxes. Curiosamente, destes catro, tres xa xogaron no Caselas en anos anteriores.

NOVIDADES:
Óscar Docampo (ala pívot - 1,91). A pesar de levar dous anos sen competir, xogou anteriormente no desaparecido C.B.Olívico, da Liga Zonal.
Rubén Alonso (ala - 1,84). Regresa ao noso equipo despois de xogar a temporada pasada no Puerto de Vigo da Liga Zonal.
Iago Suárez (escolta - 1,72). Canteirán formado nas EDM.Salceda dende benxamín. Regresa ao equipo senior tras dous anos fóra por motivos académicos.
César Dacosta (ala - 1,82). Procede do C.B.Baiona da Liga Autonómica, no que levaba varios anos. Anteriormente tamén xogou no Caselas.

CONTINÚAN:
Bases:  Pedro Larrañaga e Rubén Rodríguez.
Alas:  Igor Sío e Jonathan Fernández.
Ala Pivots:  Yanko González.
Pivots:  Pablo Cabaleiro, Roberto Alvarez.

Son baixas, Carlos e Ricardo (ambos ficharon polo C.B.Redondela, novo equipo da 4ª División), Javi e Jacobo.


Publicado por cbcaselas @ 1:23


Na fotografía, de ezquerda a dereita, Serafín Dasilva, Manolo González, Natalia López e Carlos Kustrin.

Serafín Dasilva é a única novidade no cadro de entrenadores do C.B.Caselas e as Escolas Municipais de Baloncesto para esta campaña 11-12.
Este veterano entrenador, con moitos anos de experiencia en equipos base como Compañía de María de Vigo ou Airexa Nigrán -de onde procede-, únese ao noso proxecto para dirixir ao ALEVÍN MASCULINO. Moita sorte!

O resto dos entrenadores continúan da temporada anterior. Así Manolo González levará ao ALEVÍN FEMININO, Natalia López ao BENXAMÍN MIXTO (aínda pendentes se participarán na liga ao ser moi poucos rapaces), e Carlos Kustrin terá ao seu cargo os equipos SENIOR MASCULINO, INFANTIL MASCULINO E INFANTIL FEMININO.

Agradecer aos entrenadores a confianza depositada no noso clube.


Publicado por cbcaselas @ 0:40