Domingo, 02 de octubre de 2011

O entrenador do primeiro equipo do C.B.Caselas, Carlos Kustrin, deu a coñecer a lista de xogadores para competir na recén creada 4ª División Masculina.
Sete xogadores continúan da campaña anterior, ao que hai que sumar catro fichaxes. Curiosamente, destes catro, tres xa xogaron no Caselas en anos anteriores.

NOVIDADES:
Óscar Docampo (ala pívot - 1,91). A pesar de levar dous anos sen competir, xogou anteriormente no desaparecido C.B.Olívico, da Liga Zonal.
Rubén Alonso (ala - 1,84). Regresa ao noso equipo despois de xogar a temporada pasada no Puerto de Vigo da Liga Zonal.
Iago Suárez (escolta - 1,72). Canteirán formado nas EDM.Salceda dende benxamín. Regresa ao equipo senior tras dous anos fóra por motivos académicos.
César Dacosta (ala - 1,82). Procede do C.B.Baiona da Liga Autonómica, no que levaba varios anos. Anteriormente tamén xogou no Caselas.

CONTINÚAN:
Bases:  Pedro Larrañaga e Rubén Rodríguez.
Alas:  Igor Sío e Jonathan Fernández.
Ala Pivots:  Yanko González.
Pivots:  Pablo Cabaleiro, Roberto Alvarez.

Son baixas, Carlos e Ricardo (ambos ficharon polo C.B.Redondela, novo equipo da 4ª División), Javi e Jacobo.


Publicado por cbcaselas @ 1:23