Martes, 27 de septiembre de 2011

Nova campaña, novas ideas, novos retos, novos compañeiros e nova directiva, que, coa ilusión que sempre nos caracterizou, traballa arreo para ter todo a punto.
Durante o verán e logo de varias reunións, conformouse a nova directiva do CLUB BALONCESTO CASELAS, con 4 caras novas e 4 persoas (presidente, secretario, tesoureiro e vocal) que continúan do mandato anterior:

Presidente:  MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ.
Secretario:  MANUEL DOMÍNGUEZ SANJUÁN.
Tesoureiro:  LUIS GONZÁLEZ LEMOS.
Vocal:  NATALIA LÓPEZ GARCÍA.
Vocal:  EMMA MARTÍNEZ TABOADA -novidade-
Vocal:  Mª JESÚS DAVILA MARTÍNEZ -novidade-
Vocal:  ANA BELÉN DOMÍNGUEZ MARTÍNEZ -novidade-
Vocal:  TAREK SAAD SAAD -novidade-

Nestes días, o traballo da Directiva céntrase en acadar os apoios económicos necesarios para as competicións dos equipos do clube e escolas deportivas. Pedimos a implicación dos comercios e empresas para que invirtan con nós.
Por outro lado, os entrenadores traballan para configurar os distintos planteis. Xa se están programando algúns amigables. O 15-16 de outubro comeza a liga para o noso Senior Masculino e Infantil Masculino e Feminino. En canto ao resto de equipos -os minis- comezarán máis adiante. Segue aberto o prazo de inscripción de xogadores/as en categorías base polo que se sabedes de algún neno/a pode vir a probar e anotarse na oficina municipal de deportes do pavilllón.
Nos vindeiros días daremos a coñecer o cadro de entrenadores e planteis de xogadores dos equipos. Tamén os patrocinadores e copatrocinadores. Todo será actualizado no menú principal desta web. Estade atentos.
AUPA CASELAS !!!


Publicado por cbcaselas @ 22:47
Lunes, 19 de septiembre de 2011

Máis de 40 rapaces e rapazas disfrutaron unha tarde-noite de baloncesto no expléndido marco da Praza do Concello de Salceda. O noso clube continúa así coa idea de levar o básquet á rúa.
O acto contou coa organización do C.B.Caselas -gracias aos preto de 20 voluntarios- e a colaboración do Concello de Salceda, Protección Civil e Almacéns Alonso e Hijos de Soutelo, que transportou ás pesadas canastas dende o pavillón.

 


Publicado por cbcaselas @ 23:18  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 18 de septiembre de 2011

Domingo 18 setembro ás 20:00 horas en LA SEXTA, gran final do Eurobasket 2011:

ESPAÑA -- FRANCIA

Todos aqueles que desexen, quedaremos para velo en pantalla grande na Cafetería El Parque, de Salceda (situada nun lateral do Parque Aragonta).
TODOS COA SELECCIÓN !!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 0:07
S?bado, 10 de septiembre de 2011
Lunes, 05 de septiembre de 2011