Domingo, 10 de octubre de 2010

Dúas altas e tres baixas presenta o Caselas 2010-2011 nunha plantilla caracterizada pola mezcla de xente moi nova con outra veterana.
O equipo dirixido por segundo ano por Carlos Kustrin presenta estas altas:
>> Igor Sío. Ala, 20 anos, 1,82. Retorna ao Caselas logo dunha temporada sen xogar. Formado no Porriño.
>> Jonathan Fernández. Ala, 28 anos, 1,81. Procede do Central Eléctrica Sestelo Ponteareas.
Quedaría unha praza libre para un posible pivot de garantías, que dende o clube se está a buscar.
Causan baixa David Alvarez e Rubén Alonso, que ficharon polo C.B.Puerto de Vigo da nosa categoría, e o canteirán Juan Fontán, que se apartará temporalmente do equipo pola súa latosa lesión de pubalxia. Juan seguirá ligado ao seu clube de sempre ocupando o posto de entrenador axudante do Alevín Mixto xunto con Manolo. Desexámoslle unha pronta recuperación.
Dende a directiva quérese agradecer á grande cantidade de xogadores ofrecidos e dispostos a xogar aquí -preto de 20 durante a pretemporada-. Isto nos anima se cabe a seguir traballando nesta difícil laboura de manter o noso proxecto.

C.B.CASELAS 2010-2011
4 Javier Alonso 20 ala pivot 1,94
5 Pedro Larrañaga 31 base 1,67
6 Pablo Cabaleiro 16 ala pivot 1,85
7 Igor Sío 20 ala 1,82
8 Jonathan Fernández 28 ala 1,81
9 Yanko González 32 ala pivot 1,92
10 Roberto Alvarez 20 pivot 1,85
11 Carlos Núñez 20 base 1,80
12 Ricardo Vieitez 18 pivot 1,88
13 Rubén Rodríguez 32 base 1,73
15 Jacobo Curto 17 ala 1,80
Entrenador: Carlos Kustrin.

Publicado por cbcaselas @ 12:04