Martes, 22 de junio de 2010
Os equipos Alev?n Masculino e Alev?n Feminino do clube, xunt?ronse onte luns 21 para xogar un partidillo de fin de temporada, que resultou ser entretido e bonito.
O encontro foi flouxo nun principio, pero os dous equipos foron aumentando o ritmo e a intensidade, para rematar cun 42-41 para as f?minas con canasta no ?ltimo segundo de Carla.
Ning?n equipo consegu?a distanciarse con clara ventaxa, pero no derradeiro periodo as rapazas distanciarse sobre 8 puntos. Pero os rapaces, cun xogo moi vistoso, danlle a volta ao marcador para chegar aos segundos finais con ventaxa 41-40. Ent?n Iria x?gase un tiro de 4 metros que non entra, co posterior rebote de Carla que anota sobre a bocina.
Destacar as ausencias das lesionadas Andrea (coa co?ecida lesi?n na perna) e de Flor (enferma de baricela). Tam?n sinalar os golpes sufridos por Blanca e Noelia. A todas elas desex?moslles unha pronta recuperaci?n.

Publicado por cbcaselas @ 23:23
Domingo, 20 de junio de 2010
?
En li?as xerais a temporada foi moi boa. A?maior?a dos equipos estiveron na zona alta loitando polo t?tulo. O n?mero de xogadores vai en aumento. Destacar tam?n a boa implicaci?n dos pais e nais no proxecto.
?
SENIOR MASCULINO:
Zonal Divisi?n B:? 6? posto final?de 14 equipos (10 victorias / 1 empate / 7 derrotas).
Copa D.V.B:? Eliminados na primeira fase (2 victorias / 1 derrota).
Qued?monos ?s portas de semifinais de liga e copa. O equipo fixo unha temporada boa, con xente implicada,?pero fallou en dous momentos puntuais: na liga, no partido de ida de cuartos de final en Tui, e na copa na primeira xornada en Arcade.
?
INFANTIL FEMININO:
Zonal Divisi?n B:? subcampeonas de liga de 5 equipos (9 victorias / 3 derrotas).
As rapazas de Carlos Kustrin tiveron unha dura pugna co Zeltia Caixanova, que foi o campe?n, ao ga?ar ?s nosas no partido clave. Moita desigualdade de nivel entre os equipos.
?
ALEV?N MIXTO "A":
Zonal Divisi?n ?nica:? subcampe?n de liga de 9 equipos (18 victorias / 2 derrotas).
Magn?fica temporada para o que foi o mellor equipo do clube. O traballo, constancia e compromiso foron as claves para este grupo que subir?n a infantiles. Campeones invictos da liga regular. En semifinais desprend?ronse de S.Jos? La Gu?a. Na gran final a ida e volta, tropezaron con Mar?a Inmaculada, nos dous ?nicos lunares da campa?a.
?
ALEV?N MIXTO "B":
Zonal Divisi?n ?nica:? 6? posto final de 9 equipos (6 victorias / 10 derrotas).
Obxectivo cumplido para este grupo, na s?a maior?a de primeiro ano e coa metade de xogadores que se iniciaban no baloncesto por primeira vez. Foron de menos a m?is, alcanzando un nivel moi aceptable.
?
BENXAM?N MIXTO:
Zonal Grupo A:? 5? posto de 7 equipos (4 victorias / 8 derrotas).
Postos 17? a 24?:? 21? posto final?de 28 equipos (3 victorias / 1 empate / 2 derrotas).
Outro equipo que cumpliu con moitos xogadores que se iniciaban. Os peques de Natalia e Pablo melloraron no d?a a d?a, con moitas victorias?hacia o remate da temporada.

Publicado por cbcaselas @ 12:40
Lunes, 14 de junio de 2010



Outra gran xornada e convivencia e diversi?n para os tres equipos de minib?squet do C.B.Caselas/EDM.Salceda que se desprazaron a Santiago o s?bado 12.
O "D?a do Minib?squet El Correo Gallego" foi o escaparate para preto de 100 equipos chegados de toda Galicia e 1.200 xogadores/as que se reuniron no magn?fico escenario do Multiusos Fontes do Sar, onde xoga o Obradoiro Xacobeo Blu-sens, ata hai uns meses, ?nico equipo galego na Liga ACB.
A expedici?n de Salceda partiu con 40 persoas entre xogadores e entrenadores, acompa?ados por un gran n?mero de familiares.
Os resultados dos partidos foron os seguintes:
Benxam?n Mixto:
NAR?N 42 CASELAS 8
RIBEIRA 18 CASELAS 30
Alev?n Feminino:
BURELA 41 CASELAS 28
P?O XII 31 CASELAS 27
Alev?n Masculino:
CASELAS 22 P?O XII 34
O BARCO 16 CASELAS 33

Agradecer a organizaci?n o enorme esforzo e traballo, as? como a s?a acollida.
Aqu? vos queda unha reportaxe fotogr?fica.


Os benxam?ns antes de xogar un partido.


Na xornada non faltaron os xogos populares. Adri?n contra d?as xogadoras de Burela.


Os benxam?ns perante Nar?n.


Hora de xantar para os alev?ns!!


Blanca lanza un tiro libro no encontro das alev?ns perante as locais de P?o XII.


Manolo d? instrucci?ns aos rapaces do alev?n masculino no partido perante os ourens?ns de O Barco.


Juan e Pablo, que dirixiron as alev?ns en Santiago,?conversan cun grupo de rapazas.



O alev?n Carlos trata de sacar o bal?ns perante a marea de xogadores de O Barco.


Entrenadores e axudantes do C.B.Caselas en Santiago. De ezquerda a dereita: Manolo, Iago, Natalia, Ana, Juan e Pablo.


Publicado por cbcaselas @ 23:10  | TORNEOS E ACTOS
Mi?rcoles, 09 de junio de 2010
Tres equipos do clube e escolas viaxarán este sábado 12 de xuño a Santiago de Compostela -Multiusos Fontes do Sar- para participar no "VII DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASQUET EL CORREO GALLEGO".
A expedición partirá en autobús dende o Pavillón de Salceda as 8:00 horas, para voltar sobre as 21:30. Durante o día xogarán partidos con equipos de toda Galicia, e haberá xogos e concursos.
Os equipos, entrenadores e calendario é o seguinte:

ALEVÍN MASCULINO
Manolo e Ana
11:45 pista8  CASELAS - PÍO XII STGO.
17:00 pista6  BARCO - CASELAS
ALEVÍN FEMININO
Pablo e Juan
10:15 pista1  BURELA - CASELAS
15:30 pista3  PÍO XII STGO.- CASELAS
BENXAMÍN MIXTO
Natalia e Iago
13:15 pista2  NARÓN - CASELAS
17:45 pista6  RIBEIRA - CASELAS

Publicado por cbcaselas @ 22:59  | TORNEOS E ACTOS

C.B.Caselas/EDM.Salceda Infantil Feminino, entrenado por Carlos Kustrin, recibiu o sábado 5 de xuño por parte da Delegación Viguesa de Baloncesto a copa que as acredita como subcampionas de liga zonal División B.
O acto se fixo aproveitando a final de Copa DVB da mesma categoría no pavillón de Salceda entre Porriño e Nigrán.
Dende estas liñas felicitar ao equipo, que rematou cun balance de 9 victorias e 3 derrotas en 12 partidos.
Na foto, varias xogadoras co trofeo no xantar celebrado ese mesmo día no Borralliño.


RESULTADOS DOUTROS EQUIPOS
Disputáronse este fin de semana en Salceda dúas finais de Copa DVB, con todos os partidos moi igualados.
En Infantil Feminino, Airexa Nigrán venceu a Canteiras Porriño.
En Cadete Masculino, Maristas Vigo proclamouse campeón, logo de vencer a C.B.Vigo e Canteiras Porriño. Os porriñeses quedaron segundos ao vencer a Vigo.
Por outro lado, a final de Copa DVB Senior Masculino disputarana Arcade e Tui "B".
Os dous equipos veñen de eliminar a C.B.Vigo e S.Jose La Guía respectivamente logo de gañarlle os partidos de ida e volta.


Publicado por cbcaselas @ 22:41  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 08 de junio de 2010
Sí. O C.B.Caselas xa ten Cheerleaders!  As protagonistas déronse a coñecer no partido de pais e nais celebrado no pavillón de Salceda.
Se queren contratalas, fágano con tempo, pois estos días están de xira por Estados Unidos.
Por certo, gracias pola foto que nos envían.



Publicado por cbcaselas @ 23:56
Lunes, 07 de junio de 2010

Cun día expléndido para estar no monte -non moi caluroso- celebrouse o pasado sábado 5 de xuño a II Comida que un grupo de pais e nais organizou con grande éxito para todos os que formamos o baloncesto en Salceda.
No parque recreativo de Borralliño, onde se citaron máis de cen persoas, pasouse un día completo con xogos, diversión e sobre todo bó xantar.
Dende o clube, agradecer aos pais e nais colaboradores o seu traballo e esforzo para que esta festa siga adiante.
















Publicado por cbcaselas @ 23:50  | TORNEOS E ACTOS
Mi?rcoles, 02 de junio de 2010

A Delegación Viguesa de Baloncesto elixiu o noso pobo como sede das finais de Copa D.V.B. en Cadete Masculino e Infantil Feminino.
Estas finais dispútanse este fin de semana do sábado 5 e domingo 6 de xuño no Pavillón Municipal de Salceda co seguinte programa:

FINAL INFANTIL FEMININO:
Sábado 5 / 11:00 horas / CANTEIRAS PORRIÑO "B" - AIREXA NIGRÁN "A"

FINAL CADETE MASCULINO:
Domingo 6 / 11:00 horas / GAÑADOR GRUPO B - FRIMOS VIGO A.M. (1)
Domingo 6 / 11:50 horas / CANTEIRAS PORRIÑO "B" - PERDEDOR (1)
Domingo 6 / 12:40 horas / CANTEIRAS PORRIÑO "B"- GAÑADOR (1)


OUTRAS NOVAS

>> Dende o Clube e as Escolas Deportivas estamos preparando boletín para pais e nais con todo o referente a fin de temporada.
Tamén vai incluído toda a información sobre o "VII Día Autonómico do Minibásquet" no que acudiremos cos equipos Alevín Masculino, Feminino e Benxamín Mixto a Santiago de Compostela o 12 de xuño.

>> Estanse a xogar as semifinais de Copa D.V.B. Senior Masculino, onde o Caselas estivo a piques de clasificarse.
Nos partidos de Ida, Tui "B" venceu a S.José La Guía 79-67, e Arcade a Vigo AM 68-71. Este sábado 5, os partidos de volta que decidirán os dous finalistas.


Publicado por cbcaselas @ 23:25