Mi?rcoles, 09 de junio de 2010

C.B.Caselas/EDM.Salceda Infantil Feminino, entrenado por Carlos Kustrin, recibiu o sábado 5 de xuño por parte da Delegación Viguesa de Baloncesto a copa que as acredita como subcampionas de liga zonal División B.
O acto se fixo aproveitando a final de Copa DVB da mesma categoría no pavillón de Salceda entre Porriño e Nigrán.
Dende estas liñas felicitar ao equipo, que rematou cun balance de 9 victorias e 3 derrotas en 12 partidos.
Na foto, varias xogadoras co trofeo no xantar celebrado ese mesmo día no Borralliño.


RESULTADOS DOUTROS EQUIPOS
Disputáronse este fin de semana en Salceda dúas finais de Copa DVB, con todos os partidos moi igualados.
En Infantil Feminino, Airexa Nigrán venceu a Canteiras Porriño.
En Cadete Masculino, Maristas Vigo proclamouse campeón, logo de vencer a C.B.Vigo e Canteiras Porriño. Os porriñeses quedaron segundos ao vencer a Vigo.
Por outro lado, a final de Copa DVB Senior Masculino disputarana Arcade e Tui "B".
Os dous equipos veñen de eliminar a C.B.Vigo e S.Jose La Guía respectivamente logo de gañarlle os partidos de ida e volta.


Publicado por cbcaselas @ 22:41  | TORNEOS E ACTOS