Mi?rcoles, 02 de junio de 2010

A Delegación Viguesa de Baloncesto elixiu o noso pobo como sede das finais de Copa D.V.B. en Cadete Masculino e Infantil Feminino.
Estas finais dispútanse este fin de semana do sábado 5 e domingo 6 de xuño no Pavillón Municipal de Salceda co seguinte programa:

FINAL INFANTIL FEMININO:
Sábado 5 / 11:00 horas / CANTEIRAS PORRIÑO "B" - AIREXA NIGRÁN "A"

FINAL CADETE MASCULINO:
Domingo 6 / 11:00 horas / GAÑADOR GRUPO B - FRIMOS VIGO A.M. (1)
Domingo 6 / 11:50 horas / CANTEIRAS PORRIÑO "B" - PERDEDOR (1)
Domingo 6 / 12:40 horas / CANTEIRAS PORRIÑO "B"- GAÑADOR (1)


OUTRAS NOVAS

>> Dende o Clube e as Escolas Deportivas estamos preparando boletín para pais e nais con todo o referente a fin de temporada.
Tamén vai incluído toda a información sobre o "VII Día Autonómico do Minibásquet" no que acudiremos cos equipos Alevín Masculino, Feminino e Benxamín Mixto a Santiago de Compostela o 12 de xuño.

>> Estanse a xogar as semifinais de Copa D.V.B. Senior Masculino, onde o Caselas estivo a piques de clasificarse.
Nos partidos de Ida, Tui "B" venceu a S.José La Guía 79-67, e Arcade a Vigo AM 68-71. Este sábado 5, os partidos de volta que decidirán os dous finalistas.


Publicado por cbcaselas @ 23:25