Domingo, 30 de mayo de 2010

A iniciativa dos pais e nais dos alumnos das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto, vaise a organizar unha gran comida campestre para poñer punto e final a esta temporada.
A comida será o Sábado 5 de xuño na área recreativa do Borralliño (Soutelo-Salceda). Está aberta a xogadores/as de baloncesto do clube ou escolas deportivas, entrenadores, directivos, pais e nais.

Menú:  Churrasco de porco, chourizos, criollos, pan e café. A bebida e a louza por conta de cada un.
Para anotarse:  Na oficina das E.D.M.de Salceda, situada no pavillón de deportes, ata o Luns 31 maio.
Prezos:  Adultos: 5 €.    Nenos/as: 2 €.    Importante pagar ao anotarse.
Outros:  A comida está prevista para as 14:00 h. Dado que se vai a asar, pedimos a aqueles que poidan votar unha man, o comuniquen á hora de anotarse. Haberá música para que a festa sexa completa, e para os máis atrevidos, partidos.


Publicado por cbcaselas @ 23:41
Viernes, 28 de mayo de 2010

Os pais e nais dos xogadores de categorías base, serán os protagonistas este fin de semana nos partidos que o club organiza para todos aqueles que o desexen.
Será o sábado 29 de maio ás 19:30 horas no Pavillón. Faranse equipos segundo o número de xogadores dispoñibles.
Vístete de corto e.........a xogar!!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 9:17
Martes, 25 de mayo de 2010


O Alevín Mixto "A" do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda perdeu na final de liga perante o María Inmaculada de Vigo nun intenso fin de semana. O enfrontamento comezou co partido de Ida do sábado en Vigo, onde perdemos 50-35 e coa importante lesión da nosa xogadora da selección galega Andrea (rotura de fibras na perna), que xa non poido xogar o partido do domingo -pronta recuperación te desexamos!-
Con menos de 24 horas de descanso, o domingo xogouse a Volta cun excelente ambiente no Pavillón de Salceda, con preto de 150 persoas volcadas coas súas cores. O partido non tivo historia. Os vigueses, con maioría de varóns no seu plantel, ao contrario que o noso, leváronse con xustiza o partido por 13-39. No partido polo 3º e 4º posto, S.José La Guía derrotou en casa na Ida a García Barbón por 38-20 e voltou a vencer a domicilio por 21-30.
Ao remate, no medio de celebracións de ambos, os/as rapaces/as de Salceda agradeceron con aplausos ao impresionante público, que non deixou de animar antes, durante e despois do partido, con cornetas, tambores e cánticos. Estiveron presentes a totalidade da Directiva do C.B.Caselas, o alcalde de Salceda Marcos Besada, o concelleiro Nato e por parte da Delegación Viguesa de Baloncesto Jorge González, que fixo a entrega de trofeos e medallas aos equipos xunto ao alcalde.
Lonxe de virse abaixo pola derrota, a festa continuou nos vestiairos, con ducha para todos, e na Praza do Concello, onde poucos se salvaron da molladura no chafarix. Para rematar, comida dos Alevíns "A" e "B" nunha pizzería de Salceda.
A pesar desta derrota, queda ahí a excelente campaña do Alevín Mixto "A", que rematan a competición 09-10 cun balance de 18 victorias e estas 2 derrotas da final.  Norabaoa!!!!!!!!

Aquí vos quedan as imaxes; neste caso valen máis ca mil palabras.


















Publicado por cbcaselas @ 23:57  | CRONICAS
Como ven sendo habitual dende hai varios anos, a directiva do C.B.Caselas aproveitou o derradeiro partido da temporada dos Senior para realizar o Sorteo de agradecemento aos socios 2010, con diversos regalos como o clásico xamón da Bodeguilla. Os premiados foron os seguintes:

- Nº 500: MªLuz Gómez Leira.  Un xamón (donado por BODEGUILLA Z-9).
- Nº 281: Frutas Salceda.  Un lote de albariño (donado por VAL DO CEA de Arbo).
- Nº 424: Manuel Vaqueiro Méndez.  Un agasallo sorpresa (donado por SANFER EXPERT).

A Directiva quere expresar a satisfacción pola colaboración de todos.

Publicado por cbcaselas @ 22:39
Lunes, 24 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (54): Javi (16), Pedro (13), Pablo (6), Rubén Alonso (7), Rubén Rdguez (6). QUINTETO. David (0), Rober (2), Carlos (4) e Jacobo.
Parciais: 11-5 / 11-13 / 16-15 / 16-10.
Incidencias: Regular entrada de público no Pavillón de Salceda no que supuxo o remate da temporada para os dous equipos. O Caselas tivo as baixas por lesión de Juan, Ricardo e Yanko.

O Caselas sacouse a espiña cunha xusta victoria no derbi con Ponteareas, logo de perder xa as dúas veces anteriores na liga. Os dous equipos xa estaban sen opcións de clasificación para semifinais, praza que logrou o Arcade.
Sen desplegar un gran xogo, os homes de Carlos Kustrin fixeron o necesario para acadar curtas ventaxas no electrónico perante un rival veterano e con xogadores moi altos.
O partido non foi moi bó, con erros por ambas partes e marcador moi curto, como se facía presaxiar ao descanso: 22-18.
Na segunda metade os locais xogaron con máis intensidade e cun xogo alegre e ofensivo, que nos levaron a rendas arredor dos 15 puntos, e que deron a tranquilidade á parroquia local.
O C.B.Caselas dá así por rematada a temporada 2009-2010, quedándose ás portas tanto do ascenso na liga como na clasificación na copa, pero cun balance xeral que se pode considerar positivo.
No outro partido da xornada, Arcade venceu na súa casa a Salesianos por 95-61.


Publicado por cbcaselas @ 23:57  | CRONICAS
Mi?rcoles, 19 de mayo de 2010

PATROCINADORES:                             COPATROCINADORES:                  


O baloncesto de Salceda vive un momento importantísimo neste último fin de semana de competición: A FINAL DE LIGA ALEVÍN MIXTO.
Os nosos queridos rapaces e rapazas do C.B.Caselas/EDM.Salceda "A" enfróntanse aos vigueses do María Inmaculada. O partido de Ida en Vigo o sábado, e o de volta o domingo en Salceda.
Facemos un chamamento a toda a afición do pobo para que acuda o domingo ao pavillón as 12 horas. Os vosos ánimos serán necesarios. Tamén pedimos que vos pasedes a voz e que todos estedes enterados.

Os SENIOR xogan a última xornada da Copa DVB. Será o sábado as 20 horas en Salceda cun derbi moi interesante con Ponteareas.
Os BENXAMÍNS reciben a Seis Nadal "B" na Volta polos postos 20-21.

SORTEO DE AGRADECEMENTO AOS SOCIOS
No partido Senior deste sábado teremos o habitual sorteo de regalos entre tódolos socios do C.B.Caselas que teñan pago o carnet de 2010. Os regalos son os seguintes:
- Un xamón (donado por BODEGUILLA Z-9).
- Un lote de albariño (donado por VAL DO CEA de Arbo).
- Un agasallo sorpresa (donado por SANFER EXPERT).

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

CASELAS -
PONTEAREAS

Pavillón de Salceda
Sábado 22 / 20:00h

INFANTIL
FEMININO

(Fin de Liga)

ALEVÍN
MIXTO "A"

Final (Ida):
MARÍA INMACULADA -
CASELAS "A"

Final (Volta):
CASELAS "A" -
MARÍA INMACULADA


Colexio Carmelitas (Vigo)
Sábado 22 / 13:00h


Pavillón de Salceda
Domingo 23 / 12:00h
11:30



ALEVÍN
MIXTO "B"

(Fin de Liga)

BENXAMÍN
MIXTO

CASELAS -
SEIS DO NADAL masc."B"

Pavillón de Salceda
Sábado 22 / 10:00h

Publicado por cbcaselas @ 19:05
Martes, 18 de mayo de 2010
Gañen ou perdan os nosos pequenos do Benxamín Mixto celebraron o Día das Letras Galegas con algo que demostran que lles gusta: o baloncesto. Moitas gañas e ilusión neste grupo que viviron unha nova experiencia no Torneo organizado polo Porriño Baloncesto Base nas Prazas do Concello e do Cristo.
Comezaron os rapaces e rapazas de Natalia con tres derrotas pola mañá. Perante Porriño feminino 36-18, logo Maristas Vigo 56-36, para rematar cun combinado da Liga Escolar de Porriño 46-36.
Xa pola tarde, derbi con Tui e victoria dos nosos 54-51.
Destacar o bó ambiente en xeral e a organización dos nosos veciños de Porriño.

Publicado por cbcaselas @ 22:27  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 17 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (83): Pedro (29), David (21), Rubén Alonso (8), Carlos (0), Ricardo (2). QUINTETO. Javi (18), Rober (0), Rubén Rdguez (5), Jacobo Curto.
Parciais: 19-24 / 26-15 / 15-25 / 19-19.
Incidencias: Pavillón do Colexio Salesianos, en Vigo. Pouco público. Foron baixas Yanko, Pablo e Juan Fontán.

Partido de carácter ofensivo, con dous equipos lanzados ao ataque e que nos brindaron un xogo vistoso e entretido.
O dominio foi alterno, con curtas diferenzas para os dous conxuntos, que miraban de reollo ao marcador non deixando distanciarse a ninguén.
O Caselas moi entonado no tiro, especialmente dende o 6,25, con 9 triplas (4 de David), e tres xogadores levando o peso anotador: Javi, Pedro e David, ben axudados polos demáis -moitos minutos para os menos habituais-.
Salesianos mostrouse coma un equipo xoven, correoso e loitador, que nos deu moitos problemas.
Nos minutos finais, os de Carlos Kustrin souberon administrar ben a renda de 6 puntos que tiñan para levarse a victoria. e manter así unha mínima opción de clasificarse para as semifinais de Copa.

Publicado por cbcaselas @ 14:24  | CRONICAS
Mi?rcoles, 12 de mayo de 2010

BIGOTIÑOSTan só un partido nesta ponte das "Letras Galegas". Será para o Senior Masculino, que xoga a segunda xornada de Copa DVB na cancha viguesa de Salesianos.
SALESIANOS VIGO - C.B.CASELAS:  Sábado 15 / 20:00h / Colexio Salesianos.

"III TORNEO BENXAMÍN BASKET NA RÚA DE PORRIÑO"
Por outro lado, os Benxamíns foron invitados polo Porriño ao "III Torneo Basket na Rúa" o luns 17. Xogarase nas prazas do Concello e do Cristo. A hora de saída de Salceda será ás 9:15, para rematar sobre as 18:15 coa cerimonia de clausura.
Participan 12 equipos repartidos en 4 grupos. O Caselas xogará no Grupo A xunto co Porriño Feminino e o Maristas Vigo.
O calendario é o seguinte:
PORRIÑO FEM. - CASELAS: 10:00h / cancha 1.
CASELAS - MARISTAS VIGO: 11:00h / cancha 1.
Segundo quede clasificado o equipo, xogará polos postos 1º-4º, 5º-8º ou 9º-12º. Os horarios destes partidos serán dende as 13:00 horas, con parada para xantar as 14:00, e dende as 16:00 horas, con finalización ás 18:00.
 


Publicado por cbcaselas @ 19:57

Vos remitimos textualmente nota enviada polos nosos amigos do Porriño Baloncesto Base sobre o Clinic que van a facer o Día das Letras Galegas aproveitando a presenza nesa vila do equipo da Universidade de Wheaton, da NCAA en Estados Unidos.


>>>  El próximo lunes 17 de Mayo “Día das Letras Galegas”, nuestro club, Porriño Baloncesto Base en colaboración con el Concello do Porriño organizará el II Clínic PBB, que contará como conferenciante con Mike Schauer, entrenador del equipo masculino de la Universidad de Wheaton College (NCAA, Div III), que visitará O Porriño durante el 17 y 18 de mayo.

El Clínic (conferencia técnica) será una actividad gratuíta y abierta a todos los entrenadores interesados en asistir.

El comienzo de la charla está previsto para las 19:00 celebrándose en el Pabellón Municipal de O Porriño, se ruega a los asistentes acudan al menos con media hora de antelación con el fin de distribuir la documentación y acomodarlos en los asientos.

La temática elegida para la conferencia técnica será la Defensa Presionante Hombre a Hombre de Wheaton College. La estructura de la charla consistirá en una explicación teórico- práctica sobre la cancha, donde a través de una decena de ejercicios ejecutados por los jugadores, el entrenador Mike Schauer, ayudándose de un traductor, explicará la construcción de esta defensa.

Posteriormente, sobre las 20:30, los asistentes a la conferencia podrán presenciar un entrenamiento del equipo de baloncesto de Wheaton College.


Publicado por cbcaselas @ 18:46
Lunes, 10 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (61): Javi (7), Pedro (16), Pablo (0), Rubén Alonso (0), Carlos (12). QUINTETO. David (9), Yanko (17), Rober (0), Ricardo (0), Rubén Rdguez (0).
Parciais: 19-14 / 17-6 / 20-21 / 8-20.
Incidencias: Pavillón Municipal de Soutomaior. Pouco público. No Caselas non xogaron os canteiráns Juan, que continúa lesionado, e Jacobo, por motivos persoais.

Lavado de cara do Caselas, que xogou un gran partido perante un dos "gallitos" da División A Senior e campión de liga na temporada pasada, con homes veteranos e con moita experiencia no baloncesto provincial.
O Arcade sempre estivo por diante no electrónico con vantaxes que se acercaron aos 20 puntos. Pero os salcedenses, lonxe de virse abaixo tras un mal segundo cuarto (17-6 para Arcade) que colocaba un 36-20 ao descanso, crecéronse na segunda metade, levando o ritmo do encontro. O equipo apretou en defensa e mostrouse como unha grande piña, cun xogo conxuntado e recortando cada vez máis as diferenzas ata o marcador final.
No outro encontro do Grupo A, Salesianos Vigo perdeu en casa con Ponteareas por 58-88.

PATROCINADORES:                             COPATROCINADORES:                  

Publicado por cbcaselas @ 23:49  | CRONICAS
Domingo, 09 de mayo de 2010

O C.B.Caselas/EDM.Salceda "A" clasificouse para a final da liga logo de eliminar nun fin de semana intenso ao San José de La Guía. Os de Salceda venceron na Ida xogada o sábado en Vigo por 37-47, e remataron hoxe domingo en Salceda cunha nova victoria por 42-40. Os dous partidos foron vistosos, emocionantes e igualados, co Caselas case sempre levando o mando no marcador. As dúas afecións crearon un extraordinario ambiente despedindo aos equipos cunha gran ovación.
O outro finalista saldrá do partido entre os vigueses do García Barbón e o María Inmaculada. A final, dentro de 15 días a doble partido.

Partido de Ida: S.JOSÉ LA GUÍA 37 CASELAS "A" 47
C.B.Caselas EDM "A" (47):
Blanca (8), Andrea (11), Mar (0), Jose (0), Noelia (6), Angela (0), Carlos (8), Fabiola (3), Iria (5), Laura (3), Carla (2), Alicia (1).
Parciais: 2-9 / 4-9 / 8-7 / 5-4 / 7-7 / 11-11.

Partido de Volta: CASELAS "A" 42 S.JOSÉ LA GUÍA 40
C.B.Caselas EDM "A"(42):
Blanca (2), Andrea (17), Mar (2), Jose (6), Noelia (6), Angela (0), Carlos (3), Fabiola (2), Iria (4), Laura (0), Carla (0), Alicia (0).
Parciais: 10-4 / 8-4 / 6-12 / 2-8 / 9-6 / 7-6.

BENXAMÍN MIXTO
No partido de Ida na loita polos postos 21º-22º, os peques de Natalia e Pablo venceron en Coia ao Seis do Nadal masc."B" por 21-27.


Publicado por cbcaselas @ 18:42  | CRONICAS
Mi?rcoles, 05 de mayo de 2010

O Alevín Mixto "A" comeza as semifinais polo título de liga. Todos co equipo!!!
O Senior Masculino comeza a Copa DVB.

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

ARCADE -
CASELAS

Pavillón de Soutomaior
Sábado 8 / 16:15h

INFANTIL
FEMININO

Fin de Liga

ALEVÍN
MIXTO "A"

Ida: S.JOSÉ LA GUÍA -
CASELAS "A"
-------------------------
Volta: CASELAS "A" -
S.JOSÉ LA GUÍA

Colexio S.J.La Guía (Vigo)
Sábado 8 / 18:00h
------------------------------
Pavillón de Salceda
Domingo 9 / 10:00h
16:45

-----------

ALEVÍN
MIXTO "B"

Fin de Liga

BENXAMÍN
MIXTO

SEIS DO NADAL masc."B" -
CASELAS

Colexio Eijo Garay (Coia)
Sábado 8 / 10:00h
9:00

Publicado por cbcaselas @ 21:27
Martes, 04 de mayo de 2010

- Estos calendarios estar?n colgados na secci?n da web "COMPETICI?N" -

SENIOR MASCULINO: COPA DVB (Delegaci?n Viguesa Baloncesto)


Un total de 14 equipos de Divisi?n A e B participan na Copa DVB, repartidos en 4 grupos: A, B, C, D.
O primeiro clasificado de cada grupo, accede as semifinais.
O Caselas correspondeulle o Grupo A: C.B.Caselas, C.B.Arcade, Central El?ctrica Sestelo Ponteareas, Salesianos Vigo.

Xornada 1 / 09-05-10:
SALESIANOS - PONTEAREAS
ARCADE - CASELAS
Xornada 2 / 16-05-10:
SALESIANOS - CASELAS
PONTEAREAS - ARCADE
Xornada 3 / 23-05-10:
ARCADE - SALESIANOS
CASELAS - PONTEAREAS

ALEV?N MIXTO: SEMIFINAIS POLO T?TULO

Partidos de Ida / 08-05-10:
4?-1?: S.JOSE DE LA GU?A - CASELAS "A"
3?-2?: MAR?A INMACULADA - GARC?A BARB?N
Partidos de Volta /09-05-10:
1?-4?: CASELAS "A" - S.JOSE DE LA GU?A
2?-3?: GARC?A BARB?N - MAR?A INMACULADA

3? E 4? POSTOS E FINAL:
Partidos de Ida: 22-05-10
Partidos de Volta: 23-05-10

BENXAM?N MIXTO: POSTOS 21?-22?)

Partido de Ida / 08-05-10:
CAIXANOVA SEIS NADAL MASC."B" - CASELAS
Partido de Volta / 22-05-10:
CASELAS - CAIXANOVA SEIS NADAL MASC."B"


Publicado por cbcaselas @ 22:52
Lunes, 03 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (37): Pedro (16), Pablo (0), Rubén Alonso (2), Carlos (2), Rubén Rdguez (2). QUINTETO. Javi (6), David (0), Yanko (9), Rober (0), Ricardo (0).
Parciais: 9-17 / 14-21 / 6-20 / 8-17.
Incidencias: Flouxa entrada de público na tarde noite do sábado no Pavillón de Deportes de Salceda na derradeira xornada de liga.

O que cambian as cousas en sete días! Hai unha semana o Caselas facía, perante este mesmo equipo, un dos mellores partidos da temporada. Hoxe, non saiu absolutamente nada. O Puerto de Vigo soubo xogar como quixo, e cunha gran defensa individual non deixou crear aos nosos, que en ningún momento entraron no partido.
Ao descanso xa non só perigaba a victoria do Caselas (23-38 para os olívicos), se non a renta de 27 puntos a favor da ida. Pero o equipo seguiu caíndo, con moitos nervios, moita precipitación por parte de todos e malísimas porcentaxes de tiro -non entraba nada-.
Esta derrota, aínda que inxustificable, non pode frenar a boa campaña en liñas xerais do Caselas, que cun equipo moi renovado e a presenza de tres juniors no equipo, aspirou sempre a zona alta.
A vindeira semana comeza a Copa DVB. Informaremos de equipo e calendario.

CATEGORÍAS BASE
Alevín Mixto "A": CASELAS "A" 49 S.JOSÉ LA GUÍA 36
DIVINO SALVADOR "B" 18 CASELAS "A" 69
Logo destes dous últimos partidos de liga, o C.B.Caselas/EDM.Salceda "A", entrenado por Carlos Kustrin, clasificado para xogar a "Final a Catro" que comeza o vindeiro fin de semana. Informaremos de equipos e calendario.
Alevín Mixto "B": CASELAS "B" 2 DIVINO SALVADOR "A" 0
O Caselas "B", entrenado por Manolo, remata a liga en 6ª posición de 9 equipos.
Benxamín Mixto: LOS SAUCES 19 CASELAS 30
O Caselas, entrenado por Natalia e Pablo, clasificado para os postos 21º-22º. Informaremos do calendario.

Publicado por cbcaselas @ 23:17  | CRONICAS