Martes, 25 de mayo de 2010


O Alevín Mixto "A" do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda perdeu na final de liga perante o María Inmaculada de Vigo nun intenso fin de semana. O enfrontamento comezou co partido de Ida do sábado en Vigo, onde perdemos 50-35 e coa importante lesión da nosa xogadora da selección galega Andrea (rotura de fibras na perna), que xa non poido xogar o partido do domingo -pronta recuperación te desexamos!-
Con menos de 24 horas de descanso, o domingo xogouse a Volta cun excelente ambiente no Pavillón de Salceda, con preto de 150 persoas volcadas coas súas cores. O partido non tivo historia. Os vigueses, con maioría de varóns no seu plantel, ao contrario que o noso, leváronse con xustiza o partido por 13-39. No partido polo 3º e 4º posto, S.José La Guía derrotou en casa na Ida a García Barbón por 38-20 e voltou a vencer a domicilio por 21-30.
Ao remate, no medio de celebracións de ambos, os/as rapaces/as de Salceda agradeceron con aplausos ao impresionante público, que non deixou de animar antes, durante e despois do partido, con cornetas, tambores e cánticos. Estiveron presentes a totalidade da Directiva do C.B.Caselas, o alcalde de Salceda Marcos Besada, o concelleiro Nato e por parte da Delegación Viguesa de Baloncesto Jorge González, que fixo a entrega de trofeos e medallas aos equipos xunto ao alcalde.
Lonxe de virse abaixo pola derrota, a festa continuou nos vestiairos, con ducha para todos, e na Praza do Concello, onde poucos se salvaron da molladura no chafarix. Para rematar, comida dos Alevíns "A" e "B" nunha pizzería de Salceda.
A pesar desta derrota, queda ahí a excelente campaña do Alevín Mixto "A", que rematan a competición 09-10 cun balance de 18 victorias e estas 2 derrotas da final.  Norabaoa!!!!!!!!

Aquí vos quedan as imaxes; neste caso valen máis ca mil palabras.


















Publicado por cbcaselas @ 23:57  | CRONICAS