Lunes, 24 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (54): Javi (16), Pedro (13), Pablo (6), Rubén Alonso (7), Rubén Rdguez (6). QUINTETO. David (0), Rober (2), Carlos (4) e Jacobo.
Parciais: 11-5 / 11-13 / 16-15 / 16-10.
Incidencias: Regular entrada de público no Pavillón de Salceda no que supuxo o remate da temporada para os dous equipos. O Caselas tivo as baixas por lesión de Juan, Ricardo e Yanko.

O Caselas sacouse a espiña cunha xusta victoria no derbi con Ponteareas, logo de perder xa as dúas veces anteriores na liga. Os dous equipos xa estaban sen opcións de clasificación para semifinais, praza que logrou o Arcade.
Sen desplegar un gran xogo, os homes de Carlos Kustrin fixeron o necesario para acadar curtas ventaxas no electrónico perante un rival veterano e con xogadores moi altos.
O partido non foi moi bó, con erros por ambas partes e marcador moi curto, como se facía presaxiar ao descanso: 22-18.
Na segunda metade os locais xogaron con máis intensidade e cun xogo alegre e ofensivo, que nos levaron a rendas arredor dos 15 puntos, e que deron a tranquilidade á parroquia local.
O C.B.Caselas dá así por rematada a temporada 2009-2010, quedándose ás portas tanto do ascenso na liga como na clasificación na copa, pero cun balance xeral que se pode considerar positivo.
No outro partido da xornada, Arcade venceu na súa casa a Salesianos por 95-61.


Publicado por cbcaselas @ 23:57  | CRONICAS