Mi?rcoles, 19 de mayo de 2010

PATROCINADORES:                             COPATROCINADORES:                  


O baloncesto de Salceda vive un momento importantísimo neste último fin de semana de competición: A FINAL DE LIGA ALEVÍN MIXTO.
Os nosos queridos rapaces e rapazas do C.B.Caselas/EDM.Salceda "A" enfróntanse aos vigueses do María Inmaculada. O partido de Ida en Vigo o sábado, e o de volta o domingo en Salceda.
Facemos un chamamento a toda a afición do pobo para que acuda o domingo ao pavillón as 12 horas. Os vosos ánimos serán necesarios. Tamén pedimos que vos pasedes a voz e que todos estedes enterados.

Os SENIOR xogan a última xornada da Copa DVB. Será o sábado as 20 horas en Salceda cun derbi moi interesante con Ponteareas.
Os BENXAMÍNS reciben a Seis Nadal "B" na Volta polos postos 20-21.

SORTEO DE AGRADECEMENTO AOS SOCIOS
No partido Senior deste sábado teremos o habitual sorteo de regalos entre tódolos socios do C.B.Caselas que teñan pago o carnet de 2010. Os regalos son os seguintes:
- Un xamón (donado por BODEGUILLA Z-9).
- Un lote de albariño (donado por VAL DO CEA de Arbo).
- Un agasallo sorpresa (donado por SANFER EXPERT).

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

CASELAS -
PONTEAREAS

Pavillón de Salceda
Sábado 22 / 20:00h

INFANTIL
FEMININO

(Fin de Liga)

ALEVÍN
MIXTO "A"

Final (Ida):
MARÍA INMACULADA -
CASELAS "A"

Final (Volta):
CASELAS "A" -
MARÍA INMACULADA


Colexio Carmelitas (Vigo)
Sábado 22 / 13:00h


Pavillón de Salceda
Domingo 23 / 12:00h
11:30



ALEVÍN
MIXTO "B"

(Fin de Liga)

BENXAMÍN
MIXTO

CASELAS -
SEIS DO NADAL masc."B"

Pavillón de Salceda
Sábado 22 / 10:00h

Publicado por cbcaselas @ 19:05