Martes, 18 de mayo de 2010
Gañen ou perdan os nosos pequenos do Benxamín Mixto celebraron o Día das Letras Galegas con algo que demostran que lles gusta: o baloncesto. Moitas gañas e ilusión neste grupo que viviron unha nova experiencia no Torneo organizado polo Porriño Baloncesto Base nas Prazas do Concello e do Cristo.
Comezaron os rapaces e rapazas de Natalia con tres derrotas pola mañá. Perante Porriño feminino 36-18, logo Maristas Vigo 56-36, para rematar cun combinado da Liga Escolar de Porriño 46-36.
Xa pola tarde, derbi con Tui e victoria dos nosos 54-51.
Destacar o bó ambiente en xeral e a organización dos nosos veciños de Porriño.
Publicado por cbcaselas @ 22:27  | TORNEOS E ACTOS