Lunes, 17 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (83): Pedro (29), David (21), Rubén Alonso (8), Carlos (0), Ricardo (2). QUINTETO. Javi (18), Rober (0), Rubén Rdguez (5), Jacobo Curto.
Parciais: 19-24 / 26-15 / 15-25 / 19-19.
Incidencias: Pavillón do Colexio Salesianos, en Vigo. Pouco público. Foron baixas Yanko, Pablo e Juan Fontán.

Partido de carácter ofensivo, con dous equipos lanzados ao ataque e que nos brindaron un xogo vistoso e entretido.
O dominio foi alterno, con curtas diferenzas para os dous conxuntos, que miraban de reollo ao marcador non deixando distanciarse a ninguén.
O Caselas moi entonado no tiro, especialmente dende o 6,25, con 9 triplas (4 de David), e tres xogadores levando o peso anotador: Javi, Pedro e David, ben axudados polos demáis -moitos minutos para os menos habituais-.
Salesianos mostrouse coma un equipo xoven, correoso e loitador, que nos deu moitos problemas.
Nos minutos finais, os de Carlos Kustrin souberon administrar ben a renda de 6 puntos que tiñan para levarse a victoria. e manter así unha mínima opción de clasificarse para as semifinais de Copa.
Publicado por cbcaselas @ 14:24  | CRONICAS