Lunes, 10 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (61): Javi (7), Pedro (16), Pablo (0), Rubén Alonso (0), Carlos (12). QUINTETO. David (9), Yanko (17), Rober (0), Ricardo (0), Rubén Rdguez (0).
Parciais: 19-14 / 17-6 / 20-21 / 8-20.
Incidencias: Pavillón Municipal de Soutomaior. Pouco público. No Caselas non xogaron os canteiráns Juan, que continúa lesionado, e Jacobo, por motivos persoais.

Lavado de cara do Caselas, que xogou un gran partido perante un dos "gallitos" da División A Senior e campión de liga na temporada pasada, con homes veteranos e con moita experiencia no baloncesto provincial.
O Arcade sempre estivo por diante no electrónico con vantaxes que se acercaron aos 20 puntos. Pero os salcedenses, lonxe de virse abaixo tras un mal segundo cuarto (17-6 para Arcade) que colocaba un 36-20 ao descanso, crecéronse na segunda metade, levando o ritmo do encontro. O equipo apretou en defensa e mostrouse como unha grande piña, cun xogo conxuntado e recortando cada vez máis as diferenzas ata o marcador final.
No outro encontro do Grupo A, Salesianos Vigo perdeu en casa con Ponteareas por 58-88.

PATROCINADORES:                             COPATROCINADORES:                  

Publicado por cbcaselas @ 23:49  | CRONICAS