Domingo, 09 de mayo de 2010

O C.B.Caselas/EDM.Salceda "A" clasificouse para a final da liga logo de eliminar nun fin de semana intenso ao San José de La Guía. Os de Salceda venceron na Ida xogada o sábado en Vigo por 37-47, e remataron hoxe domingo en Salceda cunha nova victoria por 42-40. Os dous partidos foron vistosos, emocionantes e igualados, co Caselas case sempre levando o mando no marcador. As dúas afecións crearon un extraordinario ambiente despedindo aos equipos cunha gran ovación.
O outro finalista saldrá do partido entre os vigueses do García Barbón e o María Inmaculada. A final, dentro de 15 días a doble partido.

Partido de Ida: S.JOSÉ LA GUÍA 37 CASELAS "A" 47
C.B.Caselas EDM "A" (47):
Blanca (8), Andrea (11), Mar (0), Jose (0), Noelia (6), Angela (0), Carlos (8), Fabiola (3), Iria (5), Laura (3), Carla (2), Alicia (1).
Parciais: 2-9 / 4-9 / 8-7 / 5-4 / 7-7 / 11-11.

Partido de Volta: CASELAS "A" 42 S.JOSÉ LA GUÍA 40
C.B.Caselas EDM "A"(42):
Blanca (2), Andrea (17), Mar (2), Jose (6), Noelia (6), Angela (0), Carlos (3), Fabiola (2), Iria (4), Laura (0), Carla (0), Alicia (0).
Parciais: 10-4 / 8-4 / 6-12 / 2-8 / 9-6 / 7-6.

BENXAMÍN MIXTO
No partido de Ida na loita polos postos 21º-22º, os peques de Natalia e Pablo venceron en Coia ao Seis do Nadal masc."B" por 21-27.


Publicado por cbcaselas @ 18:42  | CRONICAS