Lunes, 03 de mayo de 2010
C.B.CASELAS (37): Pedro (16), Pablo (0), Rubén Alonso (2), Carlos (2), Rubén Rdguez (2). QUINTETO. Javi (6), David (0), Yanko (9), Rober (0), Ricardo (0).
Parciais: 9-17 / 14-21 / 6-20 / 8-17.
Incidencias: Flouxa entrada de público na tarde noite do sábado no Pavillón de Deportes de Salceda na derradeira xornada de liga.

O que cambian as cousas en sete días! Hai unha semana o Caselas facía, perante este mesmo equipo, un dos mellores partidos da temporada. Hoxe, non saiu absolutamente nada. O Puerto de Vigo soubo xogar como quixo, e cunha gran defensa individual non deixou crear aos nosos, que en ningún momento entraron no partido.
Ao descanso xa non só perigaba a victoria do Caselas (23-38 para os olívicos), se non a renta de 27 puntos a favor da ida. Pero o equipo seguiu caíndo, con moitos nervios, moita precipitación por parte de todos e malísimas porcentaxes de tiro -non entraba nada-.
Esta derrota, aínda que inxustificable, non pode frenar a boa campaña en liñas xerais do Caselas, que cun equipo moi renovado e a presenza de tres juniors no equipo, aspirou sempre a zona alta.
A vindeira semana comeza a Copa DVB. Informaremos de equipo e calendario.

CATEGORÍAS BASE
Alevín Mixto "A": CASELAS "A" 49 S.JOSÉ LA GUÍA 36
DIVINO SALVADOR "B" 18 CASELAS "A" 69
Logo destes dous últimos partidos de liga, o C.B.Caselas/EDM.Salceda "A", entrenado por Carlos Kustrin, clasificado para xogar a "Final a Catro" que comeza o vindeiro fin de semana. Informaremos de equipos e calendario.
Alevín Mixto "B": CASELAS "B" 2 DIVINO SALVADOR "A" 0
O Caselas "B", entrenado por Manolo, remata a liga en 6ª posición de 9 equipos.
Benxamín Mixto: LOS SAUCES 19 CASELAS 30
O Caselas, entrenado por Natalia e Pablo, clasificado para os postos 21º-22º. Informaremos do calendario.

Publicado por cbcaselas @ 23:17  | CRONICAS