Mi?rcoles, 28 de abril de 2010
Última xornada de liga para o SENIOR MASCULINO e o ALEVÍN MIXTO "B".
O ALEVÍN MIXTO "A" ten doble compromiso para rematar a liga regular: xoves e sábado. O equipo xa está clasificado para a "Final a catro" que comeza o 8 e 9 de maio.

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

CASELAS -
PUERTO DE VIGO

Pavillón de Salceda
Sábado 1 / 20:00h

INFANTIL
FEMININO

(Fin de Liga)

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "A" -
S.JOSÉ LA GUÍA
--------------------------
DIVINO SALVADOR "B"-
CASELAS "A"


Pavillón de Salceda
Xoves 29 / 19:00h
------------------------
Colexio Divino Salvador (Coruxo)
Sábado 1 / 12:30h

------
11:15

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS "B" -
DIVINO SALVADOR "A"

SUSPENDIDO

BENXAMÍN
MIXTO

LOS SAUCES -
CASELAS

Colexio Los Sauces (no CUVI)
Sábado 1 / 10:00h
9:00

Publicado por cbcaselas @ 20:55
Lunes, 26 de abril de 2010

O C.B.Caselas/E.D.M.Salceda Alevín Feminino de Carlos Kustrin desbordou as previsións e prantouse por sorpresa en cuartos de final do " V Torneo de Minibasket Caixanova" de Baiona, que reuniu durante o fin de semana aos mellores equipos do noroeste español.
En total participaron 20 equipos femininos -ademáis de 20 masculinos-.
O Caselas tivo que medirse na Fase Deputación nun grupo con equipos do potencial de Maristas Vigo e Arxil Pontevedra, onde só o primeiro accedía a segunda fase. Con Maristas, partido de infarto e victoria do Caselas por 32-31. A continuación a euforia desatouse coa victoria perante Arxil por 31-35. Xa estabamos na seguinte fase!!
Pola tarde comezaba a Fase Xunta de Galicia, e "grupo de medo" para as nosas: Estudiantes Breogán de Lugo e Baloncesto León, e dúas prazas en xogo para os cuartos de final do domingo. Nova alegría ao gañarlle as de Lugo 25-36. Logo perdemos co que sería campión do torneo, o León: 55-36. Previamente León gañoulle a Lugo 41-25, polo que as leonesas e as salcedenses se clasificaban para o domingo.
En Cuartos de Final nos esperaba o Celta de Vigo. Partido reñido e igualado, con 29-26 para as olívicas no inicio do periodo final, pero que no souberon culminar as nosas, moi cansadas despois do excelente rendemento. Ao final perdeuse por 40-31.
Na gran final, o León proclamouse campeón perante as anfitrionas de Baiona: 31-29.

De sobresaínte hai que calificar a actuación das peques do Caselas. Fieles a filosofía do noso clube, souberon estar en cada momento, notable xogo de equipo e entrega de todas, incluído o entrenador. Pode parecer unha pequena desilusión quedarnos "ás portas" dos grandes, pero se miramos o punto de partida, nos daremos conta que lonxe chegamos. GRANDÍSIMAS RAPAZAS!
Capítulo aparte a numerosísima afición de Salceda, que despediu ao equipo como se quedaran campeonas. GRACIAS!
E como non, a organización do Concello e o C.B.Baiona, impecable.




Familiares e afecionados entregados co Caselas.


Salto inicial no Estudiantes Breogán - Caselas.


Carla dirixe o ataque perante as leonesas, campionas do torneo.


Carlos dá explicacións as xogadoras ao remate dun encontro.


Publicado por cbcaselas @ 23:13  | TORNEOS E ACTOS
C.B.CASELAS (79): Pedro (14), Pablo (6), Rubén Alonso (8), Carlos (0), Rubén Rdguez (4). QUINTETO. Javi (23), David (10), Yanko (14), Ricardo (0), Jacobo (0).
Parciais: 16-14 / 17-15 / 8-20 / 11-30.
Incidencias: Pavillón Universitario do CUVI. Pouco público.

Yanko inicia el contrataque del CaselasO Caselas xogou en Vigo tal vez o mellor partido da tempada.
Os rapaces de Carlos Kustrin, que perdían ao descanso 33-29, foron remontando de xeito espectacular, cun xogo ordenado, sen fisuras e coa imaxe dun gran equipo. Basta ver os parciais por cuartos: de 14 e 15 puntos no primeiro e segundo cuarto, pasouse a 20 e 30 no terceiro e cuarto.
Outra das claves foi a boa aportación de todos os xogadores, moi entonados e cada vez con máis confianza.
O vindeiro sábado 1 de maio xógase a volta en Salceda. Será o derradeiro partido de liga. En maio arranca a Copa Federación.

CATEGORÍAS BASE

Alevín Mixto "B":  MARÍA INMACULADA 54 CASELAS "B" 29
Benxamín Mixto:  CASELAS 33 LOS SAUCES 26

Publicado por cbcaselas @ 22:12  | CRONICAS
Mi?rcoles, 21 de abril de 2010
C.B.Caselas EDM. Alevín FemininoO C.B.Caselas EDM.Salceda Alevín Feminino participará este fin de semana neste torneo que reune aos mellores equipos de Galicia e parte de España de minibásquet, tanto en masculino coma en feminino.
O torneo consta de 3 fases clasificatorias: FASE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, sábado a mañá, cos mellores equipos da provincia. FASE XUNTA DE GALICIA, sábado pola tarde. FASE FINAL CAIXANOVA, domingo pola mañá.
Ao Caselas tocoulle un dificilísimo Grupo D, tendo como rivais a Maristas Vigo e Arxil Pontevedra. Estarán equipos, entre outros, coma o Seis do Nadal, Celta, Porriño, ademáis de Estudiantes de Madrid, Valladolid, León, Ourense, Oporto, etc, xa na fase Xunta de Galicia.

Plantilla de xogadoras:
Blanca, Iria, Andrea, Alicia, Fabiola, Carla, Mar, Laura, Angela e Noelia.
Entrenador: Carlos Kustrin.
Delegadas: Montse e Chefi.

Fase Deputación de Pontevedra (sábado pola mañá).
O primeiro de cada grupo se clasifica para a Fase Xunta.
GRUPO A: Porriño, Airexa Nigrán, Meco Grove.
GRUPO B: Celta, Marín, Salesianos Vigo.
GRUPO C: Seis do Nadal, Cambados, Valença.
GRUPO D: Arxil Pontevedra, Maristas Vigo, Caselas.
Calendario Grupo D:
Campo 4 / 11:00 h / MARISTAS - CASELAS
Campo 4 / 12:00 h / ARXIL - PERDEDOR DAS 11:00
Campo 4 / 13:00 h / ARXIL - GAÑADOR DAS 11:00

Fase Xunta de Galicia (sábado pola tarde).
Os dous primeiros de cada grupo se clasifican para a Fase Final.
GRUPO E: Ourense, Pío XII, Clasific.Grupo A
GRUPO F: Estudiantes Madrid, Valladolid, Clasific.Grupo B
GRUPO G: Oporto, Baiona, Clasific.Grupo C
GRUPO H: Estudiantes Lugo, León, Clasific.Grupo D
Posible calendario Grupo H:
Campo 4 / 17:00 h / ESTUDIANTES LUGO - LEÓN
Campo 4 / 19:00 h / ESTUDIANTES LUGO - CLASIFIC.GRUPO D
Campo 4 / 21:00 h / LEÓN - CLASIFIC.GRUPO D

Fase Final Caixanova (domingo pola mañá).
9:00 e 10:00 h: CUARTOS DE FINAL
11:00 h: SEMIFINAIS
13:00 h: FINAL

MOITA SORTE ÁS RAPAZAS DE SALCEDA !!!!

Publicado por cbcaselas @ 23:08  | TORNEOS E ACTOS

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

PUERTO DE VIGO -
CASELAS

Pavillón Universitario de Vigo CUVI
Sábado 24 / 16:30h

INFANTIL
FEMININO

(Fin de Liga)

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "A" -
S.JOSÉ LA GUÍA

APRAZADO

ALEVÍN
MIXTO "B"

MARÍA INMACULADA -
CASELAS "B"

Colexio Carmelitas (Vigo)
Sábado 24 / 12:00h
10:45

BENXAMÍN
MIXTO

CASELAS -
LOS SAUCES

Pavillón de Salceda
Sábado 24 / 11:30h

Publicado por cbcaselas @ 22:15
Martes, 20 de abril de 2010
C.B.CASELAS (67): Pedro (19), Pablo (15), Rubén Alonso (5), Carlos (2), Rubén Rdguez (4). QUINTETO. Javi (15), David (2), Yanko (5), Ricardo (0).
Parciais: 12-18 / 10-21 / 11-10 / 26-18.
Incidencias: Bó ambiente no pavillón do Colexio S.José en Vigo, cun público moi ruidoso. Varios afecionados de Salceda na bancada. Na ida victoria do Caselas por 73-65.

Gran primeira metade dos rapaces de Carlos Kustrin, que comandados polo base Pedro, desarbolaron aos locais. O Caselas xogou con criterio, orden e acerto no tiro de dous. O marcador non deixaba dúbida: 12-18 no primeiro cuarto e novo arreón cara o descanso: 22-39.
A segunda parte comezou sen Pedro, que tivo que ausentarse para coller un vó por un compromiso. O partido entrou nunha fase de igualdade, con intercambio de canastas. No derradeiro cuarto La Guía fixo unha forte presión a toda pista con bós resultados, pero os de Salceda, con intelixencia, souberon aguantar para levarse xustamente unha nova victoria.

O PUERTO DE VIGO SERÁ O RIVAL NA LOITA POLA 5ª PRAZA
O Caselas xogará este vindeiro fin de semana en Vigo o partido de ida na loita pola 5ª e 6ª praza final da División B perante o Puerto de Vigo, equipo que se desfixo do Lunic. S.José La Guía e Lunic xogarán pola 7ª e 8ª praza.

CATEGORÍAS BASE
Nova victoria, e xa van 14 seguidas, do Alevín Mixto "A" perante o Miralba por 4-55.
O Benxamín Mixto perdía en Salceda con Tui no partido de volta polos postos 17 a 24 por 28-33 (38-36 na ida). O vindeiro rival será o Colexio Los Sauces.

Publicado por cbcaselas @ 23:14  | CRONICAS
Mi?rcoles, 14 de abril de 2010

PATROCINADORES:??????????????????? ???????? COPATROCINADORES:??????????? ???? ?


?CATEGOR?A

PARTIDO

LUGAR
D?A / HORA

HORA
DE SA?DA

SENIOR
MASCULINO

S.JOS? DE LA GU?A -
CASELAS

Colexio S.J.La Gu?a (Vigo)
Domingo 18?/ 19:00h

INFANTIL
FEMININO

(Fin de Liga)

ALEV?N
MIXTO "A"

COLEXIO MIRALBA -
CASELAS "A"

Colexio Miralba (Vigo)
Domingo 18?/ 12:00h
10:45

ALEV?N
MIXTO "B"

(Descanso)

BENXAM?N
MIXTO

CASELAS -
TUI

Pavill?n de Salceda
S?bado?17 / 11:30h

Publicado por cbcaselas @ 22:01
Martes, 13 de abril de 2010

C.B.CASELAS/E.D.M.SALCEDA Infantil Feminino, entrenado por Carlos Kustrin, proclamouse este domingo 11 de abril en Salceda, subcampión de Liga Zonal División B, logo de vencer na derradeira xornada ao terceiro clasificado, o Embrujo Céltico Caixanova por un claro 61-31. As nosas xogadoras saíron decididas e no primeiro periodo xa gañaban 19-7. A segunda metade, con case todo resolto, foi máis igualada.
O Caselas remata con 9 victorias e 3 derrotas.

A clasificación final queda así:
1º Zeltia Caixanova
2º C.B.Caselas EDM.
3º Embrujo Céltico Caixanova
4º Colexio Mariano
5º Angel de la Guarda Nigrán

NORABOA AS XOGADORAS E ENTRENADOR!!

CATEGORÍAS BASE

No resto de equipos, nova victoria do Alevín Mixto "A", que venceu ao C.Andersen por 58-23.
O Alevín Mixto "B" caeu perante o 2ºclasificado García Barbón por 4-48. O Benxamín Mixto, no miniderbi con Tui, perdeu no partido de ida por 38-36 cunha canasta sobre a bocina dos tudenses. O vindeiro fin de semana xogarase a volta en Salceda.

PÓSTER DO ALEVÍN MIXTO "A" NO ATLÁNTICO DIARIO

O xornal Atlántico Diario publicou onte Luns 12 de abril un póster a toda cor do equipo Alevín Mixto "A" do C.B.Caselas EDM. Aparece en tamaño xigante a doble páxina nas follas centrais.

Publicado por cbcaselas @ 22:00
C.B.CASELAS (73): Pedro (15), Pablo (9), Rubén Alonso (6), Carlos (4), Rubén Rdguez (8). QUINTETO. Javi (22), David (9), Jacobo (0).
Parciais: 14-18 / 12-19 / 20-12 / 27-16.
Incidencias: O pouco público no Pavillón de Deportes de Salceda, animou sen parar ao Caselas, especialmente na segunda metade. O partido coincidiu no medio dun Barcelona-Madrid de baloncesto e logo de fútbol. Os de Salceda tiveron as baixas de Yanko, Juan, Rober e Ricardo.

Gran victoria dun Caselas que, con importantes baixas, foi de menos a máis ao longo do encontro, acandando a máxima renta de 8 puntos ao final.
A primeira metade foi mala, con pouco acerto no tiro e poucas ideas, cunha desventaxa de 26-37 ao descanso.
Na segunda metade os nosos estiveron sensacionais -elocuente parcial de 47-28-. Os salcedenses cun gran traballo de tódolos xogadores, creeron na remontada e lograron empatar o partido no derradeiro cuarto, con acerto no tiro (5 triplas en 20 minutos) e boa defensa.
O partido entrou nunha fase dura, con moito contacto por ambas partes e moitísimas faltas, que remataron con cinco eliminados: dous do Caselas e tres de La Guía. Así aos dous minutos do último cuarto xa tiñamos bandeira ao noso favor, e os vigueses pouco despois. Nese intercambio de tiros libres, con Javi e Pedro moi acertados, saímos gañando. 
Nos segundos finais, con 70-65 no marcador, o canteirán Pablo Cabaleiro puxo o broche cunha tripla dende 12 metros que levantou á grada.
O vindeiro fin de semana xogaremos en La Guía o partido de volta. De pasar, xogaremos os postos 5º e 6º co gañador de Puerto de Vigo-Lunic (94-48 na ida para o Puerto, que deixa practicamente resolta a eliminatoria). Os perdedores loitarán polos postos 7º e 8º.

Publicado por cbcaselas @ 19:29  | CRONICAS
Mi?rcoles, 07 de abril de 2010
Continúa a competición logo da Semana Santa con catro partidos no Pavillón de Salceda.
O Infantil Feminino xógase o subcampionato de liga en División B na última xornada perante un equipo do Celta, o Embrujo Céltico.

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

CASELAS -
S.JOSÉ DE LA GUÍA

Pavillón de Salceda
Sábado 10 / 20:00h

INFANTIL
FEMININO

CASELAS -
EMBRUJO CÉLTICO

Pavillón de Salceda
Domingo 11 / 10:30h

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "A" -
COLEXIO ANDERSEN

Pavillón de Salceda
Domingo 11 / 12:00h

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS "B" -
GARCÍA BARBÓN

Pavillón de Salceda
Sábado 10 / 18:15h

BENXAMÍN
MIXTO

TUI -
CASELAS

Pavillón de Tui (vello)
Sábado 10 / 10:00h
9:00

Publicado por cbcaselas @ 22:04
Martes, 06 de abril de 2010

SENIOR MASCULINO (Postos 5º a 8º -semifinais-)

10-11 abril: IDA:
CASELAS - S.JOSÉ LA GUÍA
PUERTO DE VIGO - LUNIC

17-18 abril: VOLTA:
S.JOSÉ LA GUÍA - CASELAS
LUNIC - PUERTO DE VIGO

Os gañadores xogarán polos postos 5º-6º. Os perdedores polo 7º-8º.

BENXAMÍN MIXTO (Postos 17º a 24º -cuartos de final-)

10-11 abril: IDA:
TUI - CASELAS

17-18 abril: VOLTA:
CASELAS - TUI


Publicado por cbcaselas @ 21:14
Domingo, 04 de abril de 2010
Preto de 30 rapaces/as repartidos en tres equipos de minibásquet do C.B.Caselas EDM participaron nunha nova edición do torneo Vilagarcía Basket Cup Base, que se organiza paralelo ao Torneo Sub-20.
A xornada foi inolvidable e chea de boas experiencias para os nosos pequenos (xogos, talleres, autógrafos e sobre todo BALONCESTO), que estiveron acompañados por un numerosísimo público de Salceda.
A nivel deportivo, os tres equipos remataron invictos, con 8 victorias e un empate nun total de 9 partidos. Enfróntaronse a equipos como o Celta de Vigo, BBC Vilagarcía, Meco de O Grove e Cluny e La Salle de Santiago.
A última hora da tarde tivemos a ocasión de presenciar dous dos mellores partidos de canteira que se poden ver en Europa. No primeiro, o Joventut de Badalona perdeu perante Zalgiris Kaunas por 46-69. Logo, o que sería campión do torneo, o FMP Zelecnic, derrotou nun excelente partido resolto na prórroga ao Estudiantes de Madrid por 81-86.
Felicitar a organización do torneo, que en tres días logrou reunir -e o máis importante, saber organizar- a preto de 2.000 xogadores entre todas as categorías. Noraboa!


Os Benxamíns de Natalia e Pablo celebran a súa primeira victoria perante La Salle.

O Alevín Mixto "A" de Carlos e Juan perante o BBC Vilagarcía masculino.

Roi, Pablo e Adrián queimando enerxías... por que aínda lle quedaban?

O Alevín Mixto "A" celebra unha nova victoria.

Os máis pequenos "asaltaron" aos maiores. O alevín do Caselas Miguel -boli en man- cun xogador do Budivelnik de Ucrania.

Os entrenadores Manolo e Iago dan instruccións aos xogadores do Alevín Mixto "B" no partido perante BBC Vilagarcía.

Chicui, a mascota do Unicaja Málaga, pasou un bó rato coa afeción de Salceda.

Agora Marta a caza do autógrafo dun xogador lituano.

Os rapaces e público de Salceda tivemos a ocasión de presenciar un excelente Zelecnic-Estudiantes, resolto na prórroga. Un xogador serbio machaca o aro.

Ilusión, felicidade, unión, compañeirismo, diversión,.....BALONCESTO!

Publicado por cbcaselas @ 12:12  | TORNEOS E ACTOS