Lunes, 26 de abril de 2010

O C.B.Caselas/E.D.M.Salceda Alevín Feminino de Carlos Kustrin desbordou as previsións e prantouse por sorpresa en cuartos de final do " V Torneo de Minibasket Caixanova" de Baiona, que reuniu durante o fin de semana aos mellores equipos do noroeste español.
En total participaron 20 equipos femininos -ademáis de 20 masculinos-.
O Caselas tivo que medirse na Fase Deputación nun grupo con equipos do potencial de Maristas Vigo e Arxil Pontevedra, onde só o primeiro accedía a segunda fase. Con Maristas, partido de infarto e victoria do Caselas por 32-31. A continuación a euforia desatouse coa victoria perante Arxil por 31-35. Xa estabamos na seguinte fase!!
Pola tarde comezaba a Fase Xunta de Galicia, e "grupo de medo" para as nosas: Estudiantes Breogán de Lugo e Baloncesto León, e dúas prazas en xogo para os cuartos de final do domingo. Nova alegría ao gañarlle as de Lugo 25-36. Logo perdemos co que sería campión do torneo, o León: 55-36. Previamente León gañoulle a Lugo 41-25, polo que as leonesas e as salcedenses se clasificaban para o domingo.
En Cuartos de Final nos esperaba o Celta de Vigo. Partido reñido e igualado, con 29-26 para as olívicas no inicio do periodo final, pero que no souberon culminar as nosas, moi cansadas despois do excelente rendemento. Ao final perdeuse por 40-31.
Na gran final, o León proclamouse campeón perante as anfitrionas de Baiona: 31-29.

De sobresaínte hai que calificar a actuación das peques do Caselas. Fieles a filosofía do noso clube, souberon estar en cada momento, notable xogo de equipo e entrega de todas, incluído o entrenador. Pode parecer unha pequena desilusión quedarnos "ás portas" dos grandes, pero se miramos o punto de partida, nos daremos conta que lonxe chegamos. GRANDÍSIMAS RAPAZAS!
Capítulo aparte a numerosísima afición de Salceda, que despediu ao equipo como se quedaran campeonas. GRACIAS!
E como non, a organización do Concello e o C.B.Baiona, impecable.




Familiares e afecionados entregados co Caselas.


Salto inicial no Estudiantes Breogán - Caselas.


Carla dirixe o ataque perante as leonesas, campionas do torneo.


Carlos dá explicacións as xogadoras ao remate dun encontro.


Publicado por cbcaselas @ 23:13  | TORNEOS E ACTOS