Martes, 20 de abril de 2010
C.B.CASELAS (67): Pedro (19), Pablo (15), Rubén Alonso (5), Carlos (2), Rubén Rdguez (4). QUINTETO. Javi (15), David (2), Yanko (5), Ricardo (0).
Parciais: 12-18 / 10-21 / 11-10 / 26-18.
Incidencias: Bó ambiente no pavillón do Colexio S.José en Vigo, cun público moi ruidoso. Varios afecionados de Salceda na bancada. Na ida victoria do Caselas por 73-65.

Gran primeira metade dos rapaces de Carlos Kustrin, que comandados polo base Pedro, desarbolaron aos locais. O Caselas xogou con criterio, orden e acerto no tiro de dous. O marcador non deixaba dúbida: 12-18 no primeiro cuarto e novo arreón cara o descanso: 22-39.
A segunda parte comezou sen Pedro, que tivo que ausentarse para coller un vó por un compromiso. O partido entrou nunha fase de igualdade, con intercambio de canastas. No derradeiro cuarto La Guía fixo unha forte presión a toda pista con bós resultados, pero os de Salceda, con intelixencia, souberon aguantar para levarse xustamente unha nova victoria.

O PUERTO DE VIGO SERÁ O RIVAL NA LOITA POLA 5ª PRAZA
O Caselas xogará este vindeiro fin de semana en Vigo o partido de ida na loita pola 5ª e 6ª praza final da División B perante o Puerto de Vigo, equipo que se desfixo do Lunic. S.José La Guía e Lunic xogarán pola 7ª e 8ª praza.

CATEGORÍAS BASE
Nova victoria, e xa van 14 seguidas, do Alevín Mixto "A" perante o Miralba por 4-55.
O Benxamín Mixto perdía en Salceda con Tui no partido de volta polos postos 17 a 24 por 28-33 (38-36 na ida). O vindeiro rival será o Colexio Los Sauces.

Publicado por cbcaselas @ 23:14  | CRONICAS